Ganímedes (mitoloxía)
Ganímedes identifícase na mitoloxía grega como un fermoso príncipe troiano (o máis fermoso dos mortais), descendente de Dárdano.

MitoloxíaEditar
Sendo aínda novo, case adolescente, Ganímedes atopábase coidando os rabaños de ovellas do pai Tros nas montañas próximas a Troia [1], e aconteceu que Zeus namorouse del. Converténdose en aguia, baixou voando do monte Olimpo e raptouno; outras fontes afirman que Zeus ordenou á súa aguia que o fixese. Xa no Olimpo Ganímedes foi nomeado copeiro dos deuses e era quen servía a ambrosía na copa do deus. Como pago polos seus servizos, Ganímedes foi feito inmortal e ascendido os ceos na forma da constelación de Acuario.
Para compensar a Tros, Zeus regaloulle os dous cabalos mais veloces do mundo, que podían correr pola auga, ou ben unha cepa de ouro que fixera Hefesto.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ganímedes |
BibliografíaEditar
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.