Piscis Austrinus
Piscis Austrinus ou Peixe Austral[1] foi unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo, e tamén é unha das 88 constelacións modernas. A súa única estrela brillante é Fomalhaut.
Piscis austrinus | |
---|---|
Nome latino | Piscis austrinus |
Abreviatura | PsA |
Xenitivo | Piscis Austrini |
Simboloxía | O Peixe do Sur |
Ascensión recta | 22 h |
Declinación | −30° |
Área | 245 graos cadrados
Rango 60º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | Fomalhaut (α Piscis Austrini)
(magnitude ap. 1,16) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +55° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de outubro | |
Mitoloxía
editarCréese que orixinalmente, Piscis Austrinus foi a única constelación con forma de peixe, Pisces foi considerada con forma de peixe con posterioridade.
Estrelas
editar- Estrelas con nome propio:
- (24/α PsA) 1,17 Fomalhaut [Formalhaut] ou (Os) Piscis Meridiana [Os Piscis Meridionalis] ou Os Piscis Notii ou Difda al Auwel – ten un disco circumestelar. Fomalhaut representa a boca do peixe. É ben coñecida coma estrela binaria cunha compañeira anana branca.
- Beta PsA é a outra estrela da constelación con nome propio, chamada na China Tien Kang (corda divina ou celestial). Tamén é unha binaria, aínda que ás súas dúas compoñentes teñen unha relación máis "equitativa".
- Estrelas con designación de Bayer:
- Estrellas con designación de Flamsteed:
- Outras notables estrelas:
- Lacaille 9352 7,34 – estrela próxima cun movemento propio grande.
- TW PsA 6,48 – estrela resplandecente próxima.
- HD 216770 8,10 – ten un planeta.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piscis Austrinus |
Ligazóns externas
editar- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Piscis Austrinus (en inglés)
- Star Tales – Piscis Austrinus (en inglés)
- Piscis AustrinusArquivado 01 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)