Pegasus ou Pegaso[1] é unha constelación do norte, que recibe o seu nome do pegaso mitolóxico. Popularmente coñecida por Cabalo[2] É unha das 88 constelacións modernas e unha das 48 inicialmente descritas por Tolomeo.

Pegasus
Pegasus
Nome latino Pegaso
Abreviatura Peg
Xenitivo Pegasi
Simboloxía O Cabalo Alado / Pegasus
Ascensión recta 23 h
Declinación 15°
Área 1121 graos cadrados

Rango 7º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante ε Peg (Enif)

(magnitude ap. 2.39)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −65°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de outubro

Estrelas Principais

editar
Estrelas con nome propio:
  • (54/α Peg) 2.49 Markab [Marchab] ou Menkib al Faras [Matn al Faras]
  • δ Peg: movido a Andrómeda como α And
  • (8/ε Peg) 2.38 Enif [Enf, Enir, Al Anf] oo Fom [Fum al Faras] ou Os Pegasi
  • (42/ζ Peg) 3.41 Homam [Homan, Humam, Al Hammam]
  • (48/μ Peg) 3.51 Sadalbari [Sad al Bari] ou Sad al Nazi
Estrelas con designación de Bayer:
24/ι Peg 3.77; 10/κ Peg 4.14; 47/λ Peg 3.97; 22/ν Peg 4.86; 46/ξ Peg 4.20; 43/ο Peg 4.80; 29/π Peg 4.28; 27/π1 Peg 5.58; 50/ρ Peg 4.91; 49/σ Peg 5.16; 68/υ Peg 4.42; 89/χ Peg 4.79; 81/φ Peg 5.06; 84/ψ Peg 4.63
Estrelas con designación de Flamsteed:
1 Peg 4.08; 2 Peg 4.52; 3 Peg 6.19; 4 Peg 5.66; 5 Peg 5.46; 7 Peg 5.30; 9 Peg 4.34; 11 Peg 5.63; 12 Peg 5.29; 13 Peg 5.34; 14 Peg 5.07; 15 Peg 5.52; 16 Peg 5.09; 17 Peg 5.54; 18 Peg 6.00; 19 Peg 5.65; 20 Peg 5.61; 21 Peg 5.83; 23 Peg 5.69; 25 Peg 5.79; 28 Peg 6.45; 30 Peg 5.37; 31 Peg 4.82; 32 Peg 4.78; 33 Peg 6.20; 34 Peg 5.76; 35 Peg 4.78; 36 Peg 5.60; 37 Peg 5.51; 38 Peg 5.64; 39 Peg 6.43; 40 Peg 5.84; 41 Peg 6.33; 45 Peg 6.27; 51 Peg 5.45 – tiene un planeta; 52 Peg 5.76; 55 Peg 4.54; 56 Peg 4.76; 57 Peg 5.05; 58 Peg 5.39; 59 Peg 5.15; 60 Peg 6.19; 61 Peg 6.51; 63 Peg 5.58; 64 Peg 5.35; 65 Peg 6.28; 66 Peg 5.09; 67 Peg 5.56; 69 Peg 5.99; 70 Peg 4.54; 71 Peg 5.33; 72 Peg 4.97; 73 Peg 5.63; 74 Peg 6.26; 75 Peg 5.49; 76 Peg 6.30; 77 Peg 5.09; 78 Peg 4.93; 79 Peg 5.95; 80 Peg 5.77; 82 Peg 5.30; 85 Peg 5.80; 86 Peg 5.55; 87 Peg 5.57|
Outras estrelas notables:

Obxectos Notables do espazo profundo

editar

Historia e mitoloxía

editar

Pegaso ten unha aparencia de formar un cabalo pacendo, cunha grande área cadrada coma corpo. Na antigüidade existían distintas versións sobre quen era o cabalo. Coma un cabalo alado, Pegaso figura na mitoloxía grega, pero coma a figura que forma a constelación non ten ás, Eratóstenes consideraba esta identificación como pouco crible.

Outra posibilidade que se propoñía era o cabalo que fixo brotar coas patas a fonte Hipocrene (que algúns autores atribuían ó propio Pegaso pero outros atribuíanllo a un cabalo distinto).

Outra versión defendía que non se trataba dun cabalo, se non dunha egua na que foi catasterizada Hipe, filla de Quirón, tras ser seducida por Eolo. Artemisa metamorfoseouna en egua para que non fora recoñecida polo seu pai, e púxoa entre as constelacións.

A estrela Delta Pegasi (nomeada "Sirrah" no mapa), unha das catro estrelas no cadrado de Pegasus, é hoxe en día considerada parte de Andrómeda, (α Andromedae) e usualmente chamada "Alpheratz." Movendo a estrela, o cadrado convertese nun triángulo pegado ó corpo, deste xeito forma unha á.

Visualización

editar
 
Diagrama do xeito alternativo de conecta-las estrelas da constelación Pegasus. Pegasus é amosado coma un cabalo alado.

A estrelas máis brillantes de Pegaso son α Peg e β Peg, que xunto con γ Peg (terceira en magnitude) forman a á triangular do cabalo.

O corpo do cabalo consiste nun cuadrilátero formado polas estrelas α Peg, λ Peg, ι Peg e ξ Peg.

As patas dianteiras do cabalo alado teñen dúas estrelas de cuarta magnitude que non teñen designación de Bayer pero que teñen números Flamsteed: 1 Pegasi e 9 Pegasi.

As estrelas ε Peg e θ Peg pertencen ás patas traseiras con ε Peg de terceira magnitude. ρ Peg e σ Peg pertencen á cola, pero ambas son opacas.

η Peg e π Peg forman a cabeza: π é o fociño, η é de magnitude tres. μ Peg é o comezo do pescozo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  2. "Dicionario de Dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega". Consultado o 24-7-2017.