Hipocrene
Hipocrene («a fonte do cabalo») é unha fonte de auga que nacía na aba do monte Helicón, en Beocia (Grecia). Na mitoloxía grega este manancial estaba consagrado ás Musas. Segundo nos conta o mito grego, cando as Piérides se enfrontaron coas Musas nun concurso de canto ao pé do monte Helicón, este estaba tan compracido pola beleza das voces que empezou a crecer de maneira desmesurada ameazando con chegar ao ceo. Ao ver o perigo, Poseidón mandou ao cabalo alado Pegaso que fose e golpease á montaña cun dos seus cascos para ordenarlle que volvese ao seu tamaño normal, ao que a montaña obedeceu docilmente, pero no lugar onde Pegaso a golpeara brotou a fonte de Hipocrene.
Con todo, algúns autores non identificaban a Pegaso co cabalo que fixo brotar a fonte Hipocrene, senón que a atribúen a un cabalo que vivía no Helicón e do que non mencionan o seu nome.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Eratóstenes: Catasterismos (Καταστερισμοί).
- 18: Cabalo (Ἵππος; Equus) ou Pegaso: o cabalo que fixo brotar a fonte Hipocrene, Pegaso (do que tamén se di que fixo brotar a fonte), ou a egua Hipe, na que fora transformada Ocírroe.
- Texto latino en Google Books; facsímile electrónico.
- Texto grego en Internet Arquive; facsímile electrónico.
- Texto latino en Google Books; facsímile electrónico.
- 18: Cabalo (Ἵππος; Equus) ou Pegaso: o cabalo que fixo brotar a fonte Hipocrene, Pegaso (do que tamén se di que fixo brotar a fonte), ou a egua Hipe, na que fora transformada Ocírroe.
- Hixino: Astronomía poética (Astronomica).
- 18: Cabalo.
- Texto inglés no sitio Theoi; trad. de 1960 de Mary Grant.
- 18: Cabalo.
- Calímaco: Himno V (Ao Baño de Palas).
- Texto italiano.
- Texto bilingüe grego-español Arquivado 07/08/2020, en Wayback Machine. en PDF; páx. 47 da reprodución electrónica.
- Texto grego no Proxecto Perseus; ed. de 1897 de Ulrich von Wilamowitz-Moellendorff. Empregando o rótulo activo "loade", que se acha na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto.
- Texto grego no Proxecto Perseus; ed. de 1921 de A.W. Mair.
- Texto bilingüe grego-español Arquivado 07/08/2020, en Wayback Machine. en PDF; páx. 47 da reprodución electrónica.
- Texto italiano.