Proxecto Perseus
Perseus Project é un proxecto de biblioteca dixital da Universidade Tufts que reúne unha colección dixital de fontes das Humanidades, presentada polo Departamento de Clásicas. O editor principal do proxecto desde a súa fundación é Gregory Crane, catedrático de devandita universidade.
O proxecto naceu en 1987 coa intención de reunir e ofrecer materiais para o estudo da Antiga Grecia. Publicáronse dous CD-ROM e o denominado Perseus Project Library está dispoñible en Internet desde 1995. O proxecto superou o obxectivo para o que foi creado. As coleccións actuais abarcan os clásicos de Grecia e Roma, o Renacemento inglés, os documentos de Edwin Bolles e a historia da Universidade Tufts, ademais de ferramentas auxiliares como dicionarios e enciclopedias.
O Perseus Project é partidario do código aberto e publica os textos que están en dominio público en formato XML dispoñíbel para a súa descarga.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Thomas R. Martin (1996): Ancient Greece from Prehistoric to Hellenistic Times (A Antiga Grecia desde os tempos prehistóricos ata o período helenístico), Yale University Press (Publicacións da Universidade Yale), ISBN 0-300-06956-1. Acompaña ás fontes en liña do Proxecto Perseus. Texto inglés en Google Books; ed. del 2000.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- The Perseus Project
- Chicago mirror site
- Lisa M. Cerrato y Robert F. Chavez: Perseus Classics Collection: An Overview (A colección clásica de Perseus: panorama). Texto inglés no sitio do proxecto.