Monte Helicón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Helicón (grego Ἡλικών, Helikồn, latín Helicon, literalmente «o (monte) tortuoso», de ἥλιξ, hélix «espiral, zigzag») é unha montaña da rexión de Tespias, en Beocia (Grecia). Ten unha altura de 1748 metros. Está próximo ao monte Parnaso, entre o lago Copais e o golfo de Corinto. Na mitoloxía grega o Helicón está consagrado a Apolo e as Musas (as Helicónides) o mesmo que a fonte Hipocrene situada nel. O pico máis alto da serra é o actual Paleovuni (1524 metros).
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Livadia Municipality, Grecia (en) | |||
| ||||
Cordilleira | Montes Pindo (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 1.748 m | |||
Mitoloxía
editarA parte oriental estaba especialmente consagrada ás musas, e incluía a cova sacra das Musas (con numerosas estatuas que foron trasladadas por Constantino o Grande a Constantinopla, onde foron destruídas polo lume en 404), a fonte de Aganipe, que inspiraba aos que bebían dela, e a fonte de Hipocrene (probabelmente a actual Makarioitissa); as dúas fontes formaban os regatos Olmeios e Permesos, cuxa unión formaba o Haliarto, que desaguaba no lago Copais.
Facíanse uns xogos dedicados ás Musas (os Museia) na zona da cova, que hoxe leva o nome de San Nicolao, por un convento e unha igrexa construídos ao pé do propio monte Marandali, un dos principais. Estableceuse unha escola de poetas gregos fixada en Ascra (actual Pyrguáki), ao pé da montaña, que foi a residencia do máis famoso poeta da escola, Hesíodo.
Unha parte da serra, tamén dedicada ás Musas, levaba o nome de Monte Leibethrion (latín Leibethrium), e correspondería, probabelmente, ao actual Zagara ou a Granitza (este último é máis probábel que fose Lafistion, latín Laphystium), onde tamén había algunhas estatuas das musas e ninfas, as fontes de Leibethrias e Petra e unha cova dedicada ás ninfas leibetrianas.