Calímaco (poeta)

Calímaco (Καλλίμαχος), nado en 310 a.C. e finado en 240 a.C., foi un poeta e erudito, nado en Cirene, descendente dunha familia nobre.

Calímaco
Nacementoc. 320 a. C., século III a. C.xuliano, c. 310 a. C. e c. 305 a. C.
Lugar de nacementoCirene
Falecementoc. 243 a. C., anos 240 a. C.xuliano, c. 240 a. C. e 240 a. C.
Lugar de falecementoAlexandría
Ocupaciónpoeta, bibliotecario, epigrammatist, mitógrafo, elegist e escritor
Na rede
Galiciana: 26682 Musicbrainz: 51d26e58-b4ba-4d84-a800-6ea0fdde88d4 Discogs: 4407124 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Abriu unha escola nos suburbios de Alexandría, e algúns dos máis distinguidos gramáticos e poetas foron os seus alumnos, destacándose Apolonio de Rodas[1].

Recibiu de Tolomeo II o encargo de ordenar a biblioteca de Alexandría, cargo que exerceu ata a súa morte. Aínda que nunca o nomearon bibliotecario xefe, foi responsable da produción do catálogo de todos os volumes que figuran na Biblioteca, sendo de tal envergadura a súa tarefa que é considerado o pai dos bibliotecarios (ou polo menos dos catalogadores). A clasificación e ordenación dos autores foi de gran valor para os posteriores estudos bibliográficos e literarios realizados sobre o período clásico.

Obra Editar

Da súa obra poética conserváronse algúns fragmentos, seis himnos e 63 epigramas, así como un breve poema épico, Hecale, co que se reafirmou na súa particular concepción da epopea, sobre a cal polemizou con Apolonio de Rodas, discípulo seu.

A súa obra máis coñecida é o poema A cabeleira de Berenice, que chegou a nós, con todo, non na súa versión orixinal, senón a través dunha imitación de Catulo[2].

Calímaco tiña unha especial visión da literatura, o que o sitúa dentro do helenismo como un dos seus máximos expoñentes. Apreciaba a Homero e chegou a consideralo como inimitable; con todo rexeitaba a épica e outros xéneros herdados nos que se intentase por extenso e coa linguaxe pretensiosa da alta poesía desenvolver un argumento unitario e orgánico. A escola de Calímaco era antiaristotélica ao rexeitar a unidade, a perfección e a extensión defendidas por Aristóteles.

Notas Editar

  1. Biografías y Vidas. "Calímaco". Consultado o 7 de agosto de 2014. 
  2. Biografías y vidas. "Calímaco". Consultado o 7 de agosto de 2014. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar