Lacerta
Para información sobre o xénero de lagartos véxase: Lacerta (xénero) e Lacerta (homónimos).
Lacerta ou Lagarto,[1] é unha das 88 constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional. Está situada a uns 20 graos ó leste de Deneb (α Cygni). O corpo do lagarto vai en dirección norte-sur. Foi recollida no atlas de Johannes Hevelius no 1690.
Lacerta | |
---|---|
Nome latino | Lagarto |
Abreviatura | Lac |
Xenitivo | Lacertae |
Simboloxía | O Lagarto |
Ascensión recta | 22.5 h |
Declinación | 45° |
Área | 201 graos cadrados
Rango 68º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Lacertae
(magnitude ap. 3.8) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −35°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de outubro | |
Estrelas principais
editar- α Lacertae, a estrela máis brillante de magnitude +3,8 e cor branca, a 102 anos luz de distancia.
- β Lacertae, na punta de arriba do lagarto, só a cuarta estrela máis brillante, de magnitude 4,4 e cor amarela-laranxa.
- 1 Lacertae, no extremo inferior da figura, a segunda estrela máis brillante con magnitude 4,1.
- 10 Lacertae, de magnitude 4,88, estrela azul 26.800 veces máis luminosa co Sol que se atopa a uns 1000 anos luz.
- AR Lacertae, é cunha magnitude 6.09, unha das variables RS Canum Venaticorum máis brillantes.
- DD Lacertae (12 Lacertae), estrela variable Beta Cephei de magnitude 5,25.
- EV Lacertae, anana vermella estrela fulgurante a 16,5 anos luz do sistema solar.
- ADS 16402, estrela binaria, cunha compoñente secundaria que ten un planeta extrasolar (HAT-P-1b).
- Roe 47, unha estrela múltiple que consiste en cinco compoñentes (magnitudes 5.8, 9.8, 10.1, 9.4, 9.8).
Obxectos Notables do espazo profundo
editar- Galaxia BL Lacertae, de magnitude 13, prototipo do tipo de galaxias (obxectos BL Lac) que emiten gran cantidade de enerxía.
- Cúmulo aberto NGC 7209, de magnitude 6,7 a 2900 anos luz de nós, ten uns 300 millóns de anos de idade.
- Cúmulo aberto NGC 7243, cunha extensión de 20 arcmin e magnitude 6,4 que se atopa a 2900 anos luz.
- NGC 7265, galaxia elíptica de magnitude 12,2 situada 2º ó sueste de 1 Lacertae; é a máis brillante dun triplete de galaxias.
Historia
editarAntes de que Johannes Hevelius adoptara o nome de Lacerta, outros nomes foron propostos para nomear a esta parte do firmamento. Entre eles Sceptrum et Manus Iustitiae (O Cetro e a man da Xustiza) e Frederici Honores, en alusión a Frederico o Grande de Prusia. Sendo coma é unha constelación moderna, non ten mitoloxía asociada.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lacerta |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Lacerta (en inglés)
- Star Tales – Lacerta (en inglés)
- Weasner's Mighty ETX Site, GO TO LACERTA (guía das constelacións para astrónomos afeccionados) (en inglés)