Lacerta (xénero)

xénero de réptiles

Lacerta
Lagartos e lagartas

Rango fósil: MiocenoActualidade
(15 a 0 millóns de anos)

Un lagarto das silvas no monte Pindo.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Xénero: Lacerta
Linnaeus, 1758
Especie tipo
Lacerta agilis
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto

Lacerta é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos e familia dos lacértidos, da que é o seu tipo.

Na actualidade o xénero comprende nove especies de lacértidos de tamaño mediano ou pequeno coñecidos vulgarmente en galego como lagartos[1] e lagartas.[2]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[3]

Etimoloxía

editar

Linneo tomou o nome científico Lacerta, do latín clásico lacerta, -ae, "lagarto".[4]

Variacións taxonómicas

editar

Lacerta foi un xénero moi diverso que contiña unhas 40 especies, ata que foi dividido en 2007 en nove xéneros por Arnold, Arribas e Carranza.[5]

Rexistro fósil

editar

Os primeiros membros coñecidos que poderían ser Lacerta son fósiles de principios do Mioceno, que son indistinguibles anatomicamente dos modernos lagartos verdes como Lacerta viridis.[6]

Especies

editar

Moitas especies que formaron parte deste xénero foron situadadas en varios xéneros por Arnold, Arribas e Carranza en 2007.[5][7]

 
Lacerta agilis é a especie tipo do xénero.

En Galicia

editar

En Galicia vive unha especie clasificada actualmente no xénero Lacerta:[8]

Algunhas especies que antes estaban incluídas en Lacerta

editar

Salientaremos as seguintes da fauna ibérica:[Cómpre referencia]

Iberolacerta aranica, Iberolacerta aurelioi, Iberolacerta bonnali, Iberolacerta horvathi, Iberolacerta monticola, Podarcis muralis, Timon lepidus, Zootoca vivipara.

  1. lagarto, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. lagarta, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. Linnaeus, C. 1758, p. 200.
  4. Lacerta no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
  5. 5,0 5,1 Arnold, E. Nicholas; Óscar Arribas & Salvdor Carranza (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera" Arquivado 23 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Zootaxa, 1430: 1-86. Auckland, New Zealand: Magnolia Press. ISBN 978-1-86977-097-6 (En papel), ISBN 978-1-86977-098-3 (Edición online).
  6. Čerňanský A. 2010. "Earliest world record of green lizards (Lacertilia, Lacertidae) from the Lower Miocene of Central Europe". Biologia 65 (4): 737-741. doi 10.2478/s11756-010-0066-y
  7. Lacerta. En The Reptile Database.
  8. Asensi Cabirta, Moisés (2006): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9652-629-1, pp. 110-111.
  9. lagarto das silvas no Dicionario da RAG.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • Lacerta na ADW. (Incúle moitas especies que hoxe están clasificadas fóra do xénero).
  • Lacerta na EOL. (Incúle só as especies que hoxe están clasificadas no xénero).
  • Lacerta Linnaeus, 1758 no ITIS. (Inclúe só tres especies: Lacerta bilineata Daudin, 1802, Lacerta valentini Boettger, 1892 e Lacerta vivipara Jacquin, 1787, as dúas últimas non incluídas hoxe no xénero).