Lagarto arnal
O lagarto arnal,[2][3][4] ou lagarto ferreño,[4] Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon.[5]
Lagarto arnal Timon lepidus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Timon lepidus macho En Dobres, La Vega de Liébana, Cantabria
| |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Timon lepidus
| |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
T. l. ibericus López-Seoane, 1884 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
Lacerta lepida Daudin, 1802 |
É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola. A coloración de fondo no dorso adoita ser verde, pero ás veces pode ser gris o apardazada, especialmente na cabeza e na cola, e presenta dúas bandas de pintas ( ocelos) azuis interconectadas.
Durante décadas, e até hai pouco foi considerado como pertencente ao xénero Lacerta, sendo denominado daquela Lacerta lepida.
Taxonomía
editarDescrición
editarEtimoloxías
editarSinónimos
editarSubespecies
editarVariacións taxonómicas
editarCaracterísticas
editarO lagarto arnal é un dos principais membros da familia Lacertidae, e o lacértido máis grande de Europa. O adulto mide de 30 a 60 cm de longo contando o rabo e pode alcanzar ata 90 cm (cabeza e corpo de 24 cm como media), cun peso máximo de máis de 0,5 kg (de 130 a 350 g xeralmente[6]).[7] Os neonatos miden de 4 a 5 cm de longo, excluído o rabo.
É un lagarto robusto. O macho ten a cabeza larga, meirande que a das femias, con placas cefálicas grosas e duras, con patas grosas e fortes, e uñas longas e curvadas. A cor dorsal é xeralmente verde, pero ás veces pode ser gris ou marrón, especialmente na cabeza e o rabo. A isto superponse un punteado negro. A parte inferior é de cor amarelada ou verdosa. O macho é máis brillante que a femia e ten manchas azuis nos seus flancos. Os individuos novos son de cor verde, gris ou marrón, con partes amareladas ou brancas con manchas por todas partes.
Hábitat e distribución
editarHábitat
editarDistribución
editarBioloxía
editarO lagarto arnal é unha especie característica do suroeste de Europa, asociada aos ecosistemas mediterráneos. Encontrámolo distribuído na Península Ibérica, sur de Francia, noroeste de Italia e noroeste de África. Na Península só está ausente na parte máis ao norte de Galicia e algunha comarca fría do interor (pero si aparece no resto de Galicia, incluídas as illas atlánticas), na vertente norte da Cornixa Cantábrica, País Vasco e norte de Navarra. Dentro do hábitat mediterráneo parece non depender demasiado dos factores climáticos e pódese encontrar en condicións moi diferentes, pero non se atopou en zonas por debaixo dos 6 °C de temperatura media anual.
É unha especie ubicua, que ocupa toda clase de biótopos, agás aqueles completamente humanizados; encóntrase en terreos con toda clase de cultivos e bosques mediterráneos e de montaña. En xeral, o lagarto arnal é unha especie que prefire áreas con cobertura vexetal non moi elevada, posto que así ten espazos abertos onde poder tomar o sol e refuxios para poderse agochar. En Galicia atopámolo en moi diversos hábitats: claros en bosques, cultivos, dunas, serras, cantís costeiros, pero sempre prefire zonas abrigadas e cálidas. En Galicia está activo de marzo a outubro e despois en inverno agóchase entre pedras ou en galerías ou furas.[8]
Os machos adultos son agresivos e territoriais e o seu período de celo comeza en abril. Os machos loitan ferozmente entre eles e trábanse coas súas fortes mandíbulas. Aparéase coa femia agarrándoa mordéndoa nas costas entre abril e xuño. A femia deposita de 6 a 22 ovos (moi variable) baixo pedras ou en galerías, que tardan en eclosionar de 66 a 88 días (a 25-30 °C) e eclosionan en setembro ou outubro.[9]
En Galicia, aliméntase de coleópteros, himenópteros e outros insectos e caracois, e esporadicamente lagartas ou mesmo ratos, e consome tamén froitos (amoras, uvas etc.). Os seus depredadores son cobras e aves. Nalgunhas partes de España, como Estremadura, cómese, pero nunca en Galicia.[10]
Distribución
editarÉ orixinario de Europa suroccidental. Encóntrase en toda a Península Ibérica (España e Portugal), e distribúese irregularmente no sur de Francia e no extremo noroeste de Italia. Está dividido en subespecies, que teñen a seguinte distribución:
- Timon lepidus ibericus - noroeste da Península Ibérica (España e Portugal). É a subespecie que se atopa na parte occidental de Galicia e en parte da provincia de Ourense.[11]
- Timon lepidus lepidus - por toda a Península Ibérica. En Galicia aparece en zonas do interior de Lugo e Ourense.[11]
- Timon lepidus nevadensis - sueste de España. Non se atopa en Galicia.
- Timon lepidus oteroorum - en Galicia na illa de Sálvora.[11]
Ameazas
editarEstado de conservación
editarGastronomía
editarO lagarto arnal (ocelado, en castelán) formou parte da cociña tradicional de Estremadura.[12] Nesta rexión, o lagarto preparábase normalmente en guisado, elaborado fritindo toros do lagarto en aceite de oliva, que despois eran guisadas a lume lento.[13][14][15]
Notas
editar- ↑ Juan M. Pleguezuelos, Paulo Sá-Sousa, Valentín Pérez-Mellado, Rafael Márquez, Marc Cheylan, Claudia Corti, Íñigo Martínez-Solano (2009): Timon lepidus na Lista vermella de especies emeazadas da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 23 de novembro de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagarto.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
- ↑ 4,0 4,1 Vocabulario forestal, páx. 124, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
- ↑ Timon en The Reptile Database. Consultada o 23 de novembro de 2019.
- ↑ Silvio, Bruno (1986). Giunti Martello, ed. Guida a Tartarughe e Sauri d'Italia (en italiano). Florence. p. 256.
- ↑ http://www.biotropics.com/englisch/html/timon_lepidus.html Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 290.
- ↑ Galán Regalado & Fernández Arias 1993, pp. 290-291.
- ↑ Galán Regalado & Fernández Arias 1993, pp. 292-293.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 289.
- ↑ Gastronomía extremeña Arquivado 19-02-2015 en Wayback Machine..
- ↑ Díaz, Lorenzo (2001): Los Sabores Perdidos. Madrid: Editorial EDAF. ISBN 978-84-4141-023-7. ("Gastronomia extremeña", p. 178).
- ↑ Gastronomía tradicional extremeña Arquivado 04 de marzo de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Aparicio Moreno, Mª Luz e Infante Sánchez, Ana Isabel: "Los hábitos culinarios en el pasado extremeño" Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. Deputación de Cáceres.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lagarto arnal |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lagarto arnal |
Bibliografía
editar- Asensi Cabirta, Moisés (2006): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9652-629-1.
- Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6, pp. 288-294.
- Mateo Miras, José Antonio (1988): Estudio sistemático y zoogeográfico de los lagastos ocelados. Lacerta lepida Daudin, 1802 y Lacerta pater (Latste, 1880) (Sauia, Lacertidae). Tese de doutoramento. Universidad de Sevilla. ISBN 978-84-6935-912-9.