Lacerta bilineata

Lacerta bilineata é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos e familia dos lacértidos.

Lacerta bilineata
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Xénero: Lacerta
Especie: L. bilineata
Nome binomial
Lacerta bilineata
Daudin, 1802
Área de distribución de Lacerta bilineata
Área de distribución de Lacerta bilineata

Área de distribución de Lacerta bilineata
Distribución de Lacerta bilineata (en verde) e Lacerta viridis (en azul). En amarelo, zona de hibridación.
Distribución de Lacerta bilineata (en verde)
e Lacerta viridis (en azul).
En amarelo, zona de hibridación.

Distribución de Lacerta bilineata (en verde)
e Lacerta viridis (en azul).
En amarelo, zona de hibridación.
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxese o texto

É un lagarto de gran tamaño,[2] que vive en gran parte da Europa occidental, incluídos algúns puntos de Asturias case nos límites de Galicia.

Cómpre non confundila con Lacerta viridis, moi semellante, e que incluso até hai moi pouco tempo era considerada como unha das súas subespecies, Lacerta viridis bilineata, pero que vive máis ao leste de Europa (ver mapa de distribución das dúas especies na ficha lateral).

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1802 polo zoólogo francés François Marie Daudin, na súa obra Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Reptiles; ouvrage faisant suit à l'Histoire naturelle générale et particulière, composée par Leclerc de Buffon; et rédigee par C.S. Sonnini, membre de plusieurs sociétés savantes. Volume 4. París: F. Dufart. (Texto completo).

Etimoloxías

editar

Para a do xénero, ver Lacerta.

O epíteto específico, bilineata, Daudin tomouno do adxectivo do latín científico bilineatus, -a, -um, formado a partir do prefixo bi-, "de dous", "de dúas", e o nome do latín clásico linea, -ae, "liña". Literalmente "a que ten dúas liñas", en referencia é dúas liñas pálidas presentes nos flancos dos individuos xuvenís.

Sinónimos

editar

A especie coñeceuse tamén, entre outros, polos sinónimos:[3]

  • Lacertus viridis Garsault, 1764
  • Lacerta viridis fejervaryi Vasvary, 1926
  • Lacerta viridis bilineata Engelmann et al., 1993
  • Lacerta bilineata fejervaryi — SAGONAS et al. 2014
  • Lacerta bilineata italica (Taxonomía do NCBI, 2016)
  • Lacerta bilineata chloronota Böhme et al., 2007

Subespecies

editar

Na actualidade recoñécense as seguintes subespecies:[4]

  • Lacerta bilineata bilineata Daudin, 1802
  • Lacerta bilineata chloronota Rafinesque-Schmaltz, 1810
  • Lacerta bilineata chlorosecunda Taddei, 1950
  • Lacerta bilineata fejervaryi Vasvary, 1926
  • Lacerta bilineata indet Elbing, 2001

As subespecies bilineata, chloronota e fejervaryi foron descritas orixinalmente como tales para Lacerta viridis por Engelmann (1986).[5][6] A validez do estado das subespecies de Lacerta bilineata chlorosecunda e L. b. fejervaryi é cuestionada por algúns autores.[3]

Nome vulgar en galego

editar

Segundo o Vocabulario forestal, editado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, é lagarto verde,[7] termo que resulta algo confuso xa que hai dúas especies de lagartos verdes (ademais do arnal, que tamén é verde), Lacerta bilineata e Lacerta viridis, polo que noutros idiomas si os distinguen: Western green lizard, en inglés; lagarto verde occidental, en castelán.[7]

Controversia taxonómica

editar

Aínda hai unha discusión en curso sobre se Lacerta viridis e Lacerta bilineata son especies separadas. Os datos apoian debilmente a súa separación en dúas especies, pero cómpre facer máis investigacións. Os expertos da UICN seguen a tendencia recente de considerar a Lacerta viridis e L. bilineata como especies separadas, pero isto só está debilmente respaldado por datos xenéticos.[8][9][10] A taxonomía actualmente aceptada do "complexo Lacerta viridis-bilineata" require máis investigacións.[11]

O grupo "lagartos verdes", ou "complexo Lacerta viridis-L. bilineata"

editar

Amann et al . (2001) identificaron unha zona de hibridación de Lacerta viridis e L. bilineata no NE de Italia e na parte adxacente de Eslovenia,[8] na que se podía detectar un fluxo xénico restrinxido e asimétrico, principalmente de leste a oeste.[12]

Este tipo de zona híbrida de species in statu nascendi permanecerá restrinxido espacialmente, pero pode ser estábel durante moito tempo, se se estabiliza mediante invasión e evasión, hibridación e selección equivalentes.[13]

Os híbridos mostran unha fertilidade reducida (Rikena 2002).[14] Sería un caso de depresión de consanguinidade.

Características

editar
 
Macho de Lacerta bilineata.
 
Lacerta bilineata rexenerando o rabo do que anteriormente se desprendera (autotomía).

Lacerta bilineata alcanza unha lonxitude media (sen contar a cola) duns 13 cm, e unha lonxitude máxima de até 40 cm, incluíndo a cola. A cola pode acadar unha lonxitude dupla que a da cabeza e o tronco. A cabeza dos machos é máis grande cá das femias e, a miúdo, presenta unha garganta azul. A súa masa corporal media é duns 35 g. A súa coloración é dun verde brillante. Os xuvenís son de cor case marrón, co ventre amarelado e con de dúas a catro liñas lonxitudinais pálidas ao longo dos flancos. Os subadultos tamén teñen estas liñas, xunto con varias pequenas manchas maróns nas costas.[15]

Hábitat e distribución

editar

Hábitat

editar

Encóntrase en áreas cubertas de herba con árbores e arbustos dispersos e en zonas húmidas con vexetación, en matogueiras e bosques (caducifolios e mixtos). Tamén se pode encontrar nos bordos dos bosques, e nas cercas e sebes de terras cultivadas de xeito tradicional (incluídos os viñedos). Está presente desde o nivel do mar até altitudes de 2 160 m.[1]

Distribución

editar

A especie distribúese polo suroeste e o sur de Suíza, a maior parte de Francia (excepto partes do nordeste), Mónaco, a maior parte de Italia, o oeste de Eslovenia (onde coincide, e se hibrida con Lacerta viridis, o oeste de Croacia, o sur de Austria, Andorra e o norte de España (Asturias, Cantabria, País Vasco, o Sistema Ibérico e os Pireneos). Hai, ademais unhas poboacións, illadas do resto da súa área de dispersión, no suroeste de Alemaña. Tamén está presente nas illas de Elba, Sicilia e Jersey (nas illas do Canal, Reino Unido), e está introdíndose en Guernsey.[1]

Introduciuse en Kansas, nos Estados Unidos.[1][16]

Bioloxía

editar

Lacerta bilineata é un animal territorial. Aliméntase de artrópodos, principalmente de insectos grandes. Chega á madurez sexual aos dous anos, cado miden uns 8 cm (excluíndo a cola). Os machos loitan entre eles, especialmente no período de apareamento, sendo moi agresivos cos seus rivais. O ritual de apareamento é moi preciso, e empeza cunha trabada na base da cola da femia. As femias poñen de 6 a 25 ovos nun lugar húmido e quente, como poden ser troncos podres. A duranción media da súa vida é duns 15 anos.[15]

Ameazas

editar

Este lagarto está localmente amenazado pola perda de hábitat debido á extendión dos cultivos intensivos, o exceso de gando, a queima de matogueiras e arboredos, e pola contaminación por pesticidas. A conversión, nalgúns lugares, dos cultivos agrícolas tradicionais (por exemplo, os viñedos) a métodos intensivos, é unha ameaza para as súas poboacións.[1]

Estado de conservación

editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), cualfica o status da especie como LC (pouco preocupante), debido á súa ampla distribución, a que presumibelmente a súa poboacióbn é grande, e porque é pouco probábel que diminúa o suficientemente rápido como para a súa inclusión nunha categoría ameazada.[1]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Valentín Pérez-Mellado, Marc Cheylan, Philippe Geniez, Hans Konrad Nettmann, Benedikt Schmidt, Richard Podloucky, Roberto Sindaco & Antonio Romano (2009): Lacerta bilineata na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 21 de novembro de 2019.
  2. lagarto, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Lacerta bilineata DAUDIN, 1802 en The Reptile Database.
  4. Western Green Lizard Lacerta bilineata Daudin 1802 na EOL.
  5. Engelmann, Wolf E. (1986): Lurche und Kriechtiere. Beobachten und bestimmen. Stuttgart / München: Deutscher Taschenbuch Verlag, dtv. ISBN 978-3-4230-3263-6.
  6. Sindaco, R. & Jeremčenko, V. K. (2008): The Reptiles of the Western Palearctic. Volume 1. Latina, Provincia de Latina, Italia: Edizioni Belvedere. ISBN 978-88-8950-414-7.
  7. 7,0 7,1 Vocabulario forestal, Servizo de Normalización Lingüística da USC.
  8. 8,0 8,1 Amann, Toni; Rykena, Silke; Joger, Ulrich; Nettmann, Hans Konrad; Veith, Michael. "Zur artlichen Trennung von Lacerta bilineata Daudin, 1802 und L. viridis (Laurenti, 1768)". Salamandra 33 (4) (en alemán). pp. 255–268. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 23 de abril de 2020. 
  9. Mayer, W. & Beyerlein, P. (2002): "Genetische Differenzierung des Lacerta viridis/bilineata Komplexes und von Lacerta trilineata in Griechenland: mitochondriale DNA-Sequenzen. Mertensiella 13: 52-59.
  10. Arnold, Arribas & Carranza 2007.
  11. Crochet, P.-A. & Dubois, A. (2004): "Recent changes in the taxonomy of European amphibians and reptiles". En: Gasc, J. P., et al., eds. Atlas of the amphibians and reptiles in Europe (second edition). Paris: Societas Europaea Herpetologica, Muséum National d'Histoire Naturelle & Service du Patrimoine Naturel. ISBN 2-8565-3574-7, pp. 495–516.
  12. Joger, U., Amann, T. & Veith, M. (2001): "Phylogeographie und genetische Differenzierung im Lacerta viridis/bilineata Komplex. Pp. 60-68. En: Elbing, K. & Nettmann, H. K. (Eds.): Beiträge zur Naturgeschichte und zum Schutz der Smaragdeidechsen (Lacerta s. str.). Deutsche Gesellschaft für Herpetologie und Terrarienkunde, Rheinbach.
  13. Christian Habel & Thorsten Assmann, eds. (2019): Relict Species: Phylogeography and Conservation Biology. Berlin / Heidelberg: Sprigr-Verlag. ISBN 98-3-5409-2150-2.
  14. Rikena, S. (2002): "Experimental hybridization in Green Lizards (Lacerta s.str.), a tool to study species boundaries". Mertensiella, 13: 78-88.
  15. 15,0 15,1 Reptiles & Amphibiens de France Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
  16. Gubanyi, 2000: "A breeding colony of western Green Lacertas (Lacerta bilineata) confirmed in southwestern Topeka (Kansas)", Transactions of the Kansas Academy of Science 103 (3/4): 191-192.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bogaerts, S. (2000): "Beobachtungen einer Paarung zwischen zwei Weibchen von Lacerta bilineata DAUDIN, 1802". Die Eidechse 11 (2): 63-64.
  • Böhme, Manja U.; Uwe Fritz, Tatiana Kotenko, Georg Džukić, Katarina Ljubisavljević, Nikolay Tzankov & Thomas U. Berendonk (2007): "Phylogeography and cryptic variation within the Lacerta viridis complex (Lacertidae, Reptilia)". Zoologica Scripta 36 (2): 119–131 (Texto completo).
  • Bruner, Emiliano; David Costantini, Alberto Fanfani & Giacomo Dell’Omo (2005): "Morphological variation and sexual dimorphism of the cephalic scales in Lacerta bilineata. Acta Zoologica 86: 245-254 (Texto completo).
  • Dieckmann, M. (2001): "Vermehrung von Lacerta bilineata bilineata im Freilandterrarium". Die Eidechse 12 (3): 80-83.
  • Lantermann, W. & Lantermann, Y. (2007): "Westliche Smaragdeidechsen (Lacerta bilineata) an der Atlantikküste in der Bretagne". Reptilia (Münster) 12 (2): 40-42.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar