Abrir o menú principal

Cassiopeia ou Casiopea[1] é unha constelación do norte, que ten coma característica inconfundible a súa forma de M ou W. Ó ser tan doado o recoñecela é moi usada para busca-lo norte cando a Osa Maior non é visible.

Cassiopeia
Cassiopeia
Nome latino Casiopea
Abreviatura Cas
Xenitivo Cassiopeiae
Simboloxía A Raíña
Ascensión recta 1 h
Declinación +60°
Área 598 graos cadrados

Rango 25º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante α Cas (Schedar)

(magnitude ap. 2.23)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −20°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro

Estrelas principaisEditar

Obxectos notables do espazo profundoEditar

 
A constelación de Cassiopeia

MitoloxíaEditar

Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. A raíña Casiopea facía fachenda da beleza da súa filla e comparábaa coas Nereidas, fillas do deus do mar Nereo. Estas, indignadas por tal atrevemento, pedíronlle a Poseidón vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) ás costas do país causando grandes males.

Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consulta o oráculo de Amón, quen aconsellou sacrificar a Andrómeda colocándoa atada a unha rocha nun acantilado para que fora vítima do monstro.

Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á vítima e no acto namorouse dela. Propúxolle ó rei liberala, a cambio de que lle concedese a súa man; Perseo mata o monstro e posteriormente casa con Andrómeda.

NotasEditar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Vésase taménEditar