O catasterismo é a transformación mitolóxica dun personaxe nunha estrela ou nunha constelación na mitoloxía grega. A configuración das constelacións como figuras, tal e coma aínda hoxe se designan, viría desta mitoloxía, así coma a do zodíaco.

Catasterismo recolle o maduro e definitivo desenvolvemento dun longo proceso: a asimilación por parte dos Helenos do zodíaco mesopotámico, transmitido a través dos Persas e traducido e harmonizado cós termos coñecidos da mitoloxía Grega. O esforzo fundamental nesta tradución foi a aplicación da nomenclatura dos mitos gregos para designa-los nomes de estrelas individuais, asterismos coma o das Pléiades e Hyades, e tamén as constelacións. Na Grecia Clásica, as "estrelas divinas" e os deuses que as rexían eran entidades separadas, coma Platón; pero na cultura Helenística, a asociación foise convertendo en inseparable identificación, así pois Apollo, non foi por máis tempo o rexente do Sol, se non Helios (Seznec 1981, pp 37–40).

Etimoloxía Editar

A palabra é un cultismo tomado do grego καταστερισμοί katasterismoi, o seu significado é colocado entre as estrelas. O termo procede do título dun libro de Eratóstenes de Cirene, matemático grego residente en Alexandría, no que describía algunhas destas transformacións.

 
A constelación da cabeleira de Berenice co seu trazado

O propio Eratóstenes tería creado o catasterismo de Berenice, muller de Everξetes (terceiro Tolomeo), quen era a súa raíña, convertendo a súa cabeleira en toda unha constelación.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Alberto Porlan. El ocaso del imperio egipcio en Muy Interesante nº309, febreiro de 2007. (en castelán)
  • Seznec, Jean. 1981 The Survival of the Pagan Gods. (Princeton, NJ: Princeton University Press) (en inglés)
  • Condos, Theony. 1997. Star Myths of the Greeks and Romans: A Sourcebook (Grand Rapids, Michigan: Phanes Press, 1997) ISBN 1-890482-92-7 (hb); ISBN 1-890482-93-5 (pb). A translation of the Catasterismi and De Astronomía attributed to Hyginus. The only available English translation, critically reviewed by Roger Ceragioli in Journal for the History of Astronomy, 30.1 (1999) pp 313–315; by John McMahon in Archaeoastronomy: The Journal of Astronomy in Culture, XVI (2001) pp 98–99 [1] and by John T. Ramsey, as "Bryn Mawr Classical Review 98.6.28" [2]. (en inglés)

Ligazóns externas Editar