Vulpecula
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Raposo (homónimos).
Vulpecula ou Raposa,[1] é unha constelación do norte situada no medio do Triángulo de Verán, ó norte de Sagitta e Delphinus. Non contén ningunha estrela brillante.
Vulpecula | |
---|---|
Nome latino | Vulpecula |
Abreviatura | Vul |
Xenitivo | Vulpeculae |
Simboloxía | A Raposa |
Ascensión recta | 20 h |
Declinación | 25° |
Área | 268 graos cadrados
Rango 55º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Vul (Anser)
(magnitude ap. 4.44) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −55°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de setembro | |
Estrelas principais
editar- α Vulpeculae (Lucida Anseris ou Anser), de magnitude visual 4,4, unha xigante vermella a 297 anos luz da Terra. A estrela é en realidade unha binaria óptica (cunha separación de 413.7") que pode ser vista usando uns simples binoculares. A estrela tamén é coñecida co nome de Anser, en referencia ó ganso que a raposa apreixa nas súas queixadas.
- 13 Vulpeculae, terceira estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,58; é unha estrela dobre onde a súa compoñente principal é unha xigante branco-azulada.
- 15 Vulpeculae (NT Vulpeculae), variable do tipo Alfa2 Canum Venaticorum, estrela de cor branca.
- 23 Vulpeculae, a segunda estrela en brillo da constelación con magnitude 4,5, é unha xigante laranxa.
- T Vulpeculae, variable cefeida cun brillo que oscila entre magnitude 5,41 e 6,09 nun período de 4,4355 días.
- HD 189733b, unha estrela amarelo-laranxa da secuencia principal cun planeta xigante gaseoso moi próximo á estrela, actualmente está sendo estudado polo Telescopio Espacial Spitzer. No 12 de xullo do 2007 o Financial Times (de Londres) informou sobre trazas de vapor de auga na atmosfera deste planeta. As temperatura da atmosfera de HD 189733b estarían por riba dos 1.000 °C, moi alta para ter unhas mínimas condicións de habitabilidade, este descubrimento abre as portas para atopar indicios de auga noutros planetas máis semellantes á Terra.
- HD 188015, unha estrela subxigante amarela a 172 anos luz, cun planeta na chamada zona habitable.
- PY Vulpeculae, anana branca pulsante, unha das máis brillantes deste grupo.
- PSR B1919+21, o primeiro pulsar descuberto no ano 1967 por Antony Hewish e Jocelyn Bell en Cambridge. Cando estaban buscando por sinais de radio escintileantes de quásars, eles atoparon un sinal moi regular que consistía en pulsos de radiación dun intervalo de pouco segundos . Unha orixe terrestre foi desestimada por que o tempo que tomaba o obxecto en reaparecer era un día sideral e non un día solar. Esta anomalía foi finalmente identificada coma o sinal dunha rápida rotación dunha estrela de neutróns.o pulso chega cun intervalo de 1,3373 s, demasiado regular para ser asociado con calquera outro obxecto.
Obxectos Notables do espazo profundo
editar- Nebulosa planetaria M27 ou Nebulosa Dumbbell, de magnitude 7,4, foi a primeira nebulosa planetaria descuberta, descuberta polo astrónomo francés Charles Messier no 1764. Pódese ver bastante ben cuns bos binoculares, aparece coma un disco globular duns 6 minutos de arco de diámetro aproximadamente. Cun telescopio revela unha forma en dobre lobo, semellante a un reloxo de area.
- Asterismo Collinder 399 ou Cúmulo de Brocchi, é un cúmulo aberto, coñecido tamén pola 'Percha' debido á súa forma cando se observa cun telescopio de pouco aumento.
- NGC 7052, galaxia elíptica.
Historia
editarEsta constelación, feita por Johannes Hevelius no 1690, no se atopa relacionada a ningunha lenda interesante nin a referencia mitolóxica algunha. Inicialmente chamóuselle Vulpecula Cum Anser, a Raposa có Ganso, pero actualmente é coñecida simplemente coma Vulpecula (a Raposa).
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vulpecula |
Ligazóns externas
editar- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Vulpecula (en inglés)
- Vulpecula page at SEDS (Students for the Exploration and Development of Space) (en inglés)
- M-27 page at SEDS (en inglés)
- Star Tales - Vulpecula (en inglés)