Aguia[1] ou Aquila é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo, mencionada tamén por Eudoxo de Cnidos (século IV adC) e Arato (século III adC), e actualmente unha das 88 constelacións recoñecidas pola UAI. Tolomeo catalogou dezanove estrelas conxuntamente nesta constelación e na constelación de Antínoo, esta última xurdida durante o reinado de Hadriano (117 - 138). Ocupaba a parte sur da constelación actual de Aquila ata principios do século XIX cando foi descartada.

Aquila
Aquila
Nome latino Aguila
Abreviatura Aql
Xenitivo Aquilae
Simboloxía A Aguia
Ascensión recta 20 h
Declinación +5°
Área 652 graos cadrados

Rango 22°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante Altair (α Aql)

(magnitude ap. 0,77)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +85° e −75°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de agosto

Nesta constelación apareceron varias novas importantes. Unha delas, no ano 389, alcanzou o brillo de Venus, e máis recentemente Nova Aquilae 1918, superou en brillo a Altair (α Aquilae).

Estrelas principais editar

Obxectos notables do espazo profundo editar

Mitoloxía editar

 
As constelacións de Aquila e Antinoo.

Na mitoloxía grega a constelación representaba a aguia, único animal que é capaz de voar de cara ós raios do sol. Foi enviada por Zeus a que levara o mozo e fermoso Ganímedes ó Monte Olimpo para servir de copeiro dos deuses. Segundo outras versións, foi o mesmo Zeus o que se transformou en aguia.

No hinduísmo, a constelación de Aquila identificase coa deidade, metade aguia e metade humana, de Garuda.

Notas editar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar