Ophiuchus
Ophiuchus, en galego Ofiúco,[1] ou Serpentario[2] é unha das 88 constelacións modernas, e xa era unha das 48 listadas por Tolomeo. Pode verse en ambos hemisferios entre os meses de abril a outubro por ficar sobre o ecuador celeste. Ophiuchus tamén era chamada antigamente Serpentarius (/ˌsɚpənˈtɛəriəs/), nomes respectivamente en grego e en latín que significan o mesmo, o portador da serpe.
Ophiuchus | |
---|---|
Nome latino | Ophiuchus |
Abreviatura | Oph |
Xenitivo | Ophiuchi |
Simboloxía | O portador da serpe |
Ascensión recta | 17 h |
Declinación | 0° |
Área | 948 graos cadrados
Rango 11 |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
5 |
Estrela máis brillante | α Oph (Ras Alhague)
(magnitude ap. 2,1) |
Choiva de meteoros |
|
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +80° e −80°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo | |
Ó norte de Ofiúco atópase Hércules, o suroeste Saxitario e ó sueste Escorpio (Scorpius); ó leste atópase a Cabeza da Serpe (Serpens Caput) e Libra, mentres co oeste quedan Aguia (Aquila), Escudo de Sobieski (Scutum) e a Cola da Serpe (Serpens Cauda). A constelación queda flanqueada pola Cabeza e a Cola da Serpe, que pode ser considerada coma unha única constelación: Serpe (Serpens), que a atravesa. O conxunto resultante é un home rodeado por unha serpe.
Estrelas principais
editar- α Ophiuchi (Ras Alhague ou Rasalhague), a máis brillante da constelación con magnitude 2,09 e de cor branca; situada preto de Ras Algethi (α Herculis) ó norte da constelación.
- β Ophiuchi (Cebalrai), de magnitude 2,77 e cor alaranxada, situada tamén ó norte da constelación.
- δ Ophiuchi (Yed Prior), de magnitude 2,73 e cor vermella, situada ó sur da constelación e preto da cabeza da serpe.
- ε Ophiuchi (Yed Posterior), moi preto de Yed Prior e de magnitude 3,23, unha estrela xigante de cor amarela.
- ζ Ophiuchi, a terceira máis brillante da constelación (magnitude 2,54), estrela do raro tipo espectral O (azul escuro).
- η Ophiuchi (Sabik), a segunda máis brillante con magnitude 2,43, estrela binaria branca da secuencia principal.
- λ Ophiuchi (Marfik), estrela tripla situada no cóbado de Ofiúco.
- X Ophiuchi, sistema binario composto por unha variable Mira e unha xigante laranxa separadas uns 0,5 segundos de arco.
- RS Ophiuchi, nova recorrente formada por unha xigante vermella e unha anana branca. O seu brillo incrementase a intervalos irregulares varios centos de veces nuns poucos días. Pensase que está apunto de converterse nunha supernova tipo-1a.[3]
- 70 Ophiuchi e 36 Ophiuchi, sistemas estelares próximos á Terra, o primeiro a 16,6 anos luz e o segundo a 19,5 anos luz.
- Estrela de Barnard, a segunda estrela máis próxima ó sistema solar a 5,96 anos luz, unha anana vermella de brillo feble non visible a simple vista.
- Gliese 628 (Wolf 1061), anana vermella a 13,81 anos luz.
- Gliese 673, anana laranxa a 25,2 anos luz.
Obxectos notables do espazo profundo
editar- SN 1604 (Supernova de Kepler), supernova que tivo lugar no ano 1604.
- Os cúmulos globulares M10 e M12 ó norte, ambos de cor amarela polas estrelas xigantes vermellas e alaranxadas.
- Os cúmulos globulares M9 e M107, este último preto do plano galáctico a unha distancia duns 20 000 anos luz; ambos ó sur da constelación.
- NGC 6240, galaxia luminosa no infravermello, remanente da fusión de dúas galaxias menores.
- NGC 6369, nebulosa planetaria coñecida tamén coma Nebulosa do Pequeno Espírito ou da Pequena Pantasma.
- Nebulosa M2-9 (tamén coñecida como Nebulosa dos Chorros Xemelgos e Nebulosa As de Bolboreta), unha nebulosa planetaria bipolar que no seu centro posúe unha estrela binaria.
- Tamén cita-lo cúmulo aberto IC 4665, o cúmulo NGC 6633, e os cúmulos globulares M14, M19, M62.
No 2005, astrónomos que usaban datos do Telescopio Green Bank descubriron unha superburbulla tan longa que se estende máis ala plano da galaxia .[4] É chamada a Superburbulla de Ophiuchus.
En abril do 2007, os astrónomos anunciaron que o satélite de fabricación sueco Odin fixera a súa primeira detección de nubes de oxixeno molecular no espazo, seguindo unha pescuda na constelación de Ophiuchus.[5]
En aproximadamente 40 000 anos a Voyager 1 probablemente pasara a uns 1,6 anos luz da estrelas AC+79 3888, a cal está situada en Ophiuchus.[6]
Historia
editarEsta constelación, coñecida dende antigüidade, é unha das 48 constelacións descritas por Tolomeo. Era coñecida tamén coma Serpentarius, a forma latina do seu nome.
O evento máis importante ocorrido na historia de Ophiuchus é a Supernova do 1604, a cal foi obsevada por primeira vez o 9 de outubro de 1604, preto de θ Ophiuchi. Johannes Kepler viuna e estudouna de forma intensiva dende o 16 de outubro, de tal xeito que esta supernova pasou a ser chamada a Supernova de Kepler. Publicou ós seus descubrimentos nun libro titulado De stella nova in pede Serpentarii (A nova estrela no pé de Ophiuchus). Galileo usou a súa breve aparición para rebater o dogma de Aristóteles de que o firmamento era inmutable.
Ocorreu só 32 ano despois doutra supernova ocorrida en in Cassiopeia que fora observada por Tycho Brahe; a última supernova ocorrida con anterioridade fora no 1054 (ver Nebulosa do Cangrexo), e despois de Kepler non houbo máis novas visibles a simple vista até o ano 1987 (ver Supernova 1987a.)
Unha estrela, e un dos seus planetas, en galego
editarDesde o 17 de decembro de 2019, unha estrela anana amarela desta constelación, de magnitude relativa 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros, semellante ao noso Sol e situada a 240 anos luz, até o de agora coñecida como HD 149143, leva o nome de Rosalíadecastro, e un planeta asociado a ela, o HD 149143 b, descuberto en 2005, pasa a denominarse Riosar.
Estes nomes foron os claros vencedores da votación en Internet para elixir o nome dunha estrela e un su planeta, dentro do proxecto internacional impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU) como parte das actividades de celebración do seu centenario. Baixo o nome de NameExoWorlds asignouse a cada país, máis de 110 en total, un sistema formado por unha estrela e un planeta que a orbita para que se lle deran nomes mediante a participación cidadá. No caso de España votouse entre unha ducia de propostas; a proposta galega, impulsada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, co apoio da Fundación Rosalía de Castro e a e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, gañou cun total de 34 179 votos, o 39 % do total.[7][8][9]
Mitoloxía
editarNa mitoloxía grega Ofiúco correspóndese con Asclepio, fillo do deus Apolo e a humana Corónide. Este desenvolveu tal habilidade na medicina, que se dicía que era capaz incluso de resucitar ós mortos. Moi ofendido por isto, Hades pidiulle Zeus que o matase por viola-la orde natural das cousas, Zeus accedeu á petición. Non obstante, coma homenaxe á súa valía, decidiu situalo no ceo rodeado pola serpe, símbolo da vida renovada.
Notas
editar- ↑ Ofiúco no Portal das Palabras. Consultado o 18 de decembro de 2019.
- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
- ↑ Star 'soon to become supernova'. BBC News, 23 de xullo de 2006
- ↑ PhysOrg.com, ed. (13 de xaneiro de 2006). "Huge 'Superbubble' of Gas Blowing Out of Milky Way". Consultado o 4 de xullo de 2008.
- ↑ Molecular Oxygen Detected For The First Time In The Interstellar Medium
- ↑ Voyager - Mission - Interstellar Mission
- ↑ R. Romar (17 de decembro de 2019). "La estrella Rosalía de Castro ya brilla en el cielo". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de decembro de 2019.
- ↑ Marcos Pérez Pena (17 de decembro de 2019): Rosalía xa é unha estrela (e o río Sar un exoplaneta) en praza.gal. Consultado o 18 de decembro de 2019.
- ↑ Fundación Rosalía de Castro (17 de decembro de 2019): Unha estrela en Ofiúco chamada Rosalía de Castro. Consultado o 18 de decembro de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ophiuchus |
Ligazóns externas
editar- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Ophiuchus (en inglés)
- Star Tales – Ophiuchus (en inglés)
Nomes Obsoletos de Constelacións |
Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias |