Scorpius

Scorpius ou Escorpión[1] (símbolo Scorpio.svg, Unicode ♏), é unha das 88 constelacións. Antigamente esta constelación representábase unida á que hoxe en día se coñece coma Libra (que non existía, crese que foron os romanos os que a inseriron antes que ningunha outra civilización). As estrelas que hoxe en día se coñecen coma alfa e beta Librae representaban as pinzas sur e norte do escorpión, o que lles deu o seu nome actual:

Scorpius
Scorpius
Nome latino Scorpius
Abreviatura Sco
Xenitivo Scorpii
Simboloxía O Escorpión
Ascensión recta 17 h
Declinación −40°
Área 497 graos cadrados

Rango 33ª

Número de estrelas

(magnitude < 3)

15
Estrela máis brillante Antares (α Sco)

(magnitude ap. 0.96)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +40° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo

Representado deste xeito, o escorpión colgaba apracible e equilibradamente sobre a eclíptica.

Estrelas principaisEditar

 
Representación medieval de Scorpius
  • α Sco, coñecida coma Antares. Tratase dunha superxigante vermella de magnitude 0,96 e de clase M1 Iab, cun raio que é de 624 millóns de kms, uns 700 raios solares. Esta estrela debe o seu nome a cor vermella que na antigüidade foi asociada mitoloxicamente con Marte (Ares), críase, pola súa semellanza con este, que ambos eran rivais, polo que se lle deu o nome de O rival de Ares: Anti-Ares ou Antares.
  • β Sco, coñecida coma Acrab, en realidade é un sistema quíntuplo de estrelas.
  • δ Sco, coñecida coma Dschubba, despois de longo tempo estable en magnitude 2.3, a estrela inflamouse en xullo do 2000 ata unha magnitude de 1.9 en cuestión de poucas semanas. Dende entón tornouse coma estrela variable flutuando entre magnitudes 2,0 e 1,6.[2] Isto significa que a día de hoxe é a segunda estrela máis brillante de constelación.
  • ε Sco, chamada tamén Wei, de magnitude 2.29, dista 65 anos luz da Terra, Wei é unha estrela xigante laranxa de tipo espectral K1 III cunha luminosidade (incluída a radiación emitida no infravermello) 72 veces maior ca do Sol. Cun raio entre 13 e 15 veces maior co raio solar.
  • ζ1 Scorpii (ζ1 Sco / HD 152236 / HR 6262) de magnitude aparente 4,77 e tipo espectral B1Iape. Atopase separada 7 minutos de arco de ζ2 Scorpii, coa que non está fisicamente relacionada.
  • θ Sco, coñecida coma Sargas, xigante luminosa branco-amarela de tipo espectral F1 II, cunha magnitude aparente é 1.86, atopase a 270 anos luz da Terra.
  • λ Sco, chamada tamén coma Shaula, estrela múltiple con tres compoñentes visibles: Lambda Scorpii A, de magnitude aparente 1.62, Lambda Scorpii B a unha distancia de 42 segundos de arco, e Lambda Scorpii C, a unha distancia de 95 segundos de arco de A. Descoñecese se as compoñentes B e C están fisicamente asociadas a A. Lamba Scorpii A é, a súa vez, un sistema estelar triplo.
  • κ Sco, coñecida coma Girtab, estrela xigante de tipo espectral B1.5 III e con magnitude aparente 2,39. Situada a uns 460 anos luz da Terra.
  • ξ Sco, coñecida coma Grafías. De magnitude visual 4.32, está a 92.5 anos luz.
  • ν Sco, coñecida coma Jabbah. De magnitude visual 6.50, está a uns 437 anos luz.
  • σ Sco, coñecida coma Al Niyat, de magnitude aparente 2,90, esta estrela forma un sistema estelar cuádruplo.
  • τ Scorpii,de magnitude aparente 2,82.
  • υ Sco, coñecida coma Lesath, é de magnitude visual 2,64 e dista a uns 519 anos luz.
  • 18 Scorpii, estrela cunhas características semellantes ó Sol, é unha estrela anana amarela. Está situada no extremo norte da mesma, preto do límite con Ophiuchus, ó noroeste da estrela Zeta Ophiuchi. Ten magnitude aparente 5,50 e atopase a 45,7 anos luz da Terra.
  • Gliese 682, anana vermella situada a pouco máis de 1º da brillante estrela Sargas (θ Scorpii). De magnitude aparente 10.96, non é visible a simple vista. Atopase a 16,34 anos luz de distancia do Sistema Solar, sendo a estrela máis próxima da constelación do Escorpión.

A estrela nun tempo designada coma γ Sco (que está dentro das fronteiras de Libra) é hoxe en día coñecida coma σ Lib. Hai que ter en conta que en tempos da Grecia clásica, a constelación de Libra estaba totalmente dentro de Scorpius (de feito Libra viña sendo o par de pinzas de Scorpius).

λ Sco e υ Sco, as dúas estrelas ó final da cola do escorpión que aparecen moi pechadas entre si, son chamadas moitas veces Ollos de Gato.

Obxectos notables do espazo profundoEditar

Entre os obxectos do 'espazo profundo' que conten Scorpius destacan os cúmulos globulares M4 e M80: só o primeiro deles é visible con prismáticos. Fotograficamente pode observarse unha complexa rede de 'nubes estelares' ó redor de Antares que se estende ata ρ Ophiuchi.

MitoloxíaEditar

 
Constelación de Scorpio.

A orixe da constelación atopase na lenda de Orión. Segundo unha das versións, Orión o cazador sacouse os ollos nun arrebato de celos, e mentres vagaba cego polo mundo pisou un escorpión que lle trabou co seu aguillón, provocándolle a morte. Os deuses elevaron a Orión e ó escorpión ós ceos colocándoos en extremos opostos da bóveda celeste, de xeito que cando Escorpio sae polo horizonte, Orión ocultase fuxindo do animal que lle causara a morte.

Unha versión máis ampla suxire que Orion tentou violar a Artemis (a Lua), posto que esta atopábase cazando no medio do bosque cando foi vista polo xigante Orion e Artemis no seu afán de defenderse reclamou a axuda dun escorpión, este picou ó xigante mortalmente e liberouna, razón pola cal Artemis, a deusa, colocouno no firmamento.

NotasEditar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  2. "Delta Scorpii Still Showing Off". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2007. Consultado o 16 de agosto de 2008. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar