Alpha Scorpii (α Scorpii / α Sco), máis coñecida coma Antares é a estrela máis brillante da constelación de Escorpión.

Antares é unha estrela xigante de clase M, cun diámetro de aproximadamente 6.24 × 108 km, situada a 520 anos luz da Terra e cunha magnitude aparente de 0,96 ten unha compañeira (Antares B) a unha distancia de 2.7″, aínda que é difícil de ver.

O seu nome deriva do grego ανταρης (rival de Ares (Marte) ou Anti-Marte, posiblemente pola semellanza de cor con Marte. A súa cor vermella fixo da estrela obxecto de interese para moitas sociedades, moitos dos templos do Antigo Exipto están orientados de tal xeito que a luz de Antares xogaba o seu papel durante a celebración das cerimonias. Antares era unha das catro estrelas reais dos persas arredor do 3.000 a.C..