Portal das Palabras
O Portal das Palabras é un espazo en Internet creado en 2013 pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié para difundir o léxico e a lexicografía do galego.[1][2]
Desde o seu nacemento pode accederse desde el ao Dicionario da Real Academia Galega e mantén as seccións Palabra do día, Mira que din, Setestrelo, Palabras asinadas e Pregúntalle á Academia. Ó longo dos anos foi incorporando xogos, novas, ligazóns e descargas. En 2016 incorporou a sección Allos con bugallos.[3]
Tamén promoveu dende o 2014 a elección da Palabra do Ano, cunha votación popular[4].
O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega é o responsábel dos seus contidos.[5]
Notas
editar- ↑ "Nace O Portal das Palabras para difundir el léxico del gallego en la red". El Progreso. Consultado o 12 de xuño de 2018.
- ↑ "La RAG y la Fundación Barrié crean el 'Portal das palabras' para acercar el léxico gallego a la sociedad". Europapress. 13 de xuño de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2018.
- ↑ "A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentan as novidades do Portal das Palabras". Fundación Barrié. 16 de xuño de 2016. Consultado o 12 de xuño de 2018.
- ↑ "Palabra do Ano 2022". Palabra do Ano 2022 | Portal das Palabras. Consultado o 2023-03-19.
- ↑ "A casa 2.0 das palabras". Praza Pública. 13 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2018.