Abrir o menú principal
Sonda Voyager 1.

A sonda espacial Voyager 1 foi lanzada ao espazo o 5 de setembro de 1977 pola NASA. A súa misión era estudar o Sistema Solar e o espazo interestelar. Actualmente atópase nos límites do Sistema Solar e aínda segue recibindo e emitindo datos. Trátase do obxecto inventado polo ser humano que se atopa máis lonxe do planeta Terra.

Índice

TraxectoriaEditar

 
Traxectoria inicial da sonda Voyager 1

Chegou a Xúpiter no ano 1979 sufrindo unha aceleración debido ao seu campo gravitacional. No ano 1980 pasou por Saturno e o seu satélite Titán impulsándose ata os confíns do Sistema Solar. No ano 1990 tomou unha fotografía do planeta Terra a unha distancia de 6.000 millóns de km na que se albisca o noso planeta como un punto ao que se lle chamou Punto azul pálido (pale blue dot).

No ano 2011 atopábase a 17.400 millóns de km de distancia do planeta Terra e en 2013 tornouse no primeiro aparello humano en deixar o Sistema Solar.[1]

Fonte de alimentaciónEditar

Ten como fonte de enerxía a electricidade producida por un xerador radioactivo de plutonio-238. Está previsto o esgotamento da fonte de alimentación no ano 2025.

Disco de OuroEditar

Leva a bordo un disco de ouro deseñado polo profesor Carl Sagan no que están gravadas mensaxes que poderán ser lidas e interpretadas por unha posible civilización extraterrestre.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, ed. (13 de setembro de 2013). "A sonda Voyager 1 abandona o sistema solar". 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar