Dorado
Dorado ou Peixe Dourado[1] é unha constelación austral, creada por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e listada por primeira vez na Uranometria de Johann Bayer de 1603; coñecida tamén como Xiphias ou Peixe Espada, recibe o seu nome en realidade do mahi-mahi, Coryphaena hippurus, un peixe comestible orixinario de América e que recibe o nome castelán de delfín dorado. Nela é visible meirande parte da Gran Nube de Magallanes.
Dorado | |
---|---|
Nome latino | Dorado |
Abreviatura | Dor |
Xenitivo | Doradus |
Simboloxía | O mahi mahi ou dourado |
Ascensión recta | 8 h |
Declinación | -70° |
Área | 141 graos cadrados
Rango 72º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Dor
(magnitude ap. 3.27) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +20° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de febreiro | |
{{{notas}}} |
Estrelas principais
editar- α Doradus, a estrela máis luminosa da constelación de magnitude aparente 3,30. É unha estrela branca de tipo espectral A0 e variable do tipo Alfa2 Canum Venaticorum.
- β Doradus, variable cefeida cun brillo que oscila entre magnitude 3,46 e 4,08. A variación é apreciable a simple vista.
- γ Doradus, estrela branco-amarela que dá nome a un tipo de estrelas variables, as variables Gamma Doradus.
- δ Doradus, estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,35.
- ζ Doradus, anana amarela algo máis luminosa có Sol situada a 38 anos luz.
- R Doradus, estrela variable e unha das estrelas coñecidas de maior tamaño.
- S Doradus, estrela hiperxigante na Gran Nube de Magallanes. Prototipo das variables luminosas azuis, é unha das estrelas máis luminosas que se coñecen.
- AB Doradus, sistema estelar triplo a 49 anos luz da Terra.
- HD 30177, anana amarela cun planeta extrasolar.
- HE 0437-5439, estrela fuxitiva que se afasta de nós a 723 km/s.
- WOH G64, superxigante vermella na veciña galaxia da Gran Nube de Magallanes.
- LH 54-425, estrela binaria formada por dúas grandes estrelas azuis moi próximas.
- Melnick 42, estrela masiva na Gran Nube de Magallanes.
Obxectos notables do espazo profundo
editarAdemais de ser visible nesta constelación a meirande parte da Gran Nube de Magallanes, pódense observa-los seguintes obxectos:
- NGC 1566, galaxia espiral vista de fronte.
- NGC 1672, tamén é unha galaxia espiral, do tipo Seyfert.
- NGC 1818, un cúmulo globular moi novo que forma parte da Gran Nube de Magallanes.
- NGC 1850, cúmulo aberto atípico.
- Cúmulos abertos NGC 1901, NGC 1910 e NGC 1978.
- NGC 2070, 30 Doradus ou Nebulosa da Tarántula, de magnitude 8, unha rexión H II extremadamente luminosa na Gran Nube de Magallanes.
- NGC 2080, rexión de formación estelar tamén na Gran Nube de Magallanes.
- NGC 1748, outra rexión de formación estelar na veciña galaxia.
- NGC 2032 ou Nebulosa Gaivota, complexo de nebulosas que conten catro obxectos NGC diferentes: NGC 2029, NGC 2032, NGC 2035 e NGC 2040, sendo NGC 2035 o máis brillante.
- N44C, nebulosa de emisión cunha estrela principal que é excepcionalmente quente, cunha temperatura de 75.000 K.
- DEM L 106, nebulosa de reflexión tamén na Gran Nube de Magallanes.
Notas
editar- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dorado |
Ligazóns externas
editar- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Dorado (en inglés)
- Peoria Astronomical Society - Dorado (en inglés)
- Star Tales – Dorado (en inglés)
Nomes Obsoletos de Constelacións |
Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias |