Johannes Kepler
Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica.
Johannes Kepler | |
---|---|
![]() Un retrato de Johannes Kepler (1610) feito por un artista descoñecido. | |
Datos persoais | |
Nome completo | Johannes Kepler |
Nacemento | 27 de decembro de 1571 |
Lugar | Weil der Stadt,![]() |
Falecemento | 15 de novembro de 1630 (58 anos) |
Lugar | Regensburg, Electorado de Baviera,![]() |
Soterrado | Ratisbona |
Residencia | Württemberg; Estiria; Bohemia; Alta Austria |
Nacionalidade | Alemán |
Cónxuxe | Barbara Müller |
Relixión | Luterano |
Actividade | |
Campo | Astronomía, Astroloxía, Matemáticas e Filosofía natural |
Alma máter | Universidade de Tübingen Universidade de Linz |
Director de tese | Michael Maestlin |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Leis de Kepler Conxectura de Kepler |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
É coñecido, fundamentalmente, polo descubrimento das leis sobre o movemento dos planetas que plasmou nas súas obras Astronomía Nova e Harmonices Mundi. Foi axudante do tamén astrónomo Tycho Brahe e matemático da corte do emperador Rodolfo II. Tamén proporcionou unha das bases para a teoría da gravitación universal elaborada por Isaac Newton.
Durante a súa carreira, Kepler foi profesor de matemáticas nunha escola seminarista en Graz, Austria, como asistente do astrónomo Tycho Brahe, matemático da corte do emperador Rudolf II, profesor de matemáticas en Linz (Austria), e un asesor do xeneral Albrecht von Wallenstein. Tamén realizou un traballo fundamental no campo da óptica, campo no que destacou por inventar unha versión mellorada do telescopio refractor, o telescopio de Kepler, e axudou a lexitimar os descubrimentos telescópicos do seu contemporáneo Galileo Galilei.
TraxectoriaEditar
Kepler nunha familia de relixión protestante luterana, instalada na cidade imperial libre de Weil der Stadt, que hoxe en día forma parte da rexión metropolitana de Stuttgart, no estado alemán de Baden-Württemberg, a 30 quilómetros ao oeste do centro de Stuttgart. O seu avó, Sebald Kepler, fora alcalde desta cidade, pero na época que naceu Johannes, a fortuna da familia Kepler atopábase en decadencia. O seu pai, Heinrich Kepler, gañábase a vida de xeito precaria como mercenario no exército do duque de Wurtemberg e raramente frecuentaba o domicilio familiar, el abandonou a familia cando Johannes tiña cinco anos. Crese que morreu loitando na guerra dos oitenta anos, nos Países Baixos. A súa nai, Katharina Guldenmann, era filla dun posadeiro, era curandeira e herborista e máis tarde acabou sendo xulgada por bruxería. Nado prematuramente aos sete meses de embarazo, Johannes afirmou que fora un neno débil e enfermizo. Kepler foi un neno brillante e como detalle das súas capacidades intelectuais, parece que impresionaba os viaxeiros que a miúdo pasaban polo hotel do seu avó, mostrando unhas facultades matemáticas excepcionais.[1]
Á idade de tres anos contraeu a varíola, o que entre outras secuelas afectaría á súa vista para sempre. Kepler tivo dous irmáns e unha irmá, Heinrich, Christopher e Margarette. De 1574 a 1576 viviu con Heinrich, que era epiléptico, na casa dos seus avós ante a ausencia de seus pais.
Trala volta de seus pais trasladouse a Leonberg, onde ingresa na escola latina en 1577, a súa familia fomentou dende pequeno o seu interese pola astronomía, con cinco anos abservou o cometa de 1577 comentando que súa nai o levou a un sitio elevado para velo, seu pai mostroulle con nove anos a eclipse de lúa do 31 de xaneiro de 1580.
Seu pai partiu de novo para a guerra en 1589, desaparecendo para sempre.
Kepler rematou o seu primeiro período de estudos, de tres anos, en 1583 con algo de atraso a causa do seu traballo coma xornaleiro agrícola. En 1584 entrou no Seminario protestante de Adelberg e dous anos máis tarde no Seminario Superior de Maulbronn. Alí obtivo o seu diploma de fin de estudos e matriculouse en 1589 na universidade de Tubinga.
Comezou estudando ética, dialéctica, retórica, grego, hebreo, astronomía e física e máis tarde teoloxía e ciencias humanas. Continou os estudos despois de obter a mestría en 1591, o seu profesor de matemáticas, Michael Maestlin, ensinoulle o sistema heliocéntrico de Copérnico.
Mentres proxectaba facerse ministro luterano na escola protestante de Graz quedou vacante unha praza de profesor de matemáticas, polo que abandonou os estudos de teoloxía para tomar o posto, e deixou Tubinga en 1594.
Kepler estivo casado dúas veces, casou a primeira vez, de conveniencia, o 27 de abril de 1597 con Barbara Müller. No ano 1600 foi obrigado a avandonar Austria, cando o arquiduque Fernando promulgou un edicto contra os protestantes. En outubro dese mesmo ano trasladouse a Praga invitado por Tycho Brahe, que lera algúns traballos de Kepler. Brahe faleceu ao ano seguinte e Kepler substituíuno coma matemático imperial de Rodolfo II e traballou frecuentemente coma conselleiro astrolóxico.
Obra científicaEditar
Levou a cabo a revolución heliocéntrica no Renacemento, a través da formulación das chamadas tres leis fundamentais da mecánica celeste, as Leis de Kepler. Dedicouse tamén ao estudo da óptica.
Na defensa da astroloxía, publicou Tercius interveniens, onde critica aqueles que atacan a astroloxía polo seu nesgo supersticioso e non a distinguen da astroloxía como cosmoloxía. É importante notar, como di Kenneth Negus, que Kepler defendía a astroloxía como cosmogonía, como explicación do modo como se procesan as relacións entre astros e acontecementos terreos, dentro do ámbito da actuación divina. É clara a súa crítica tanto aos cépticos canto aos supersticiosos.
ObrasEditar
- 1596: Mysterium cosmographicum (O misterio cósmico).
- 1601: De Fundamentis Astrologiae Certioribus.
- 1604: Astronomiae Pars Optica (A parte óptica da astronomía).
- 1604: De Stella nova in pede Serpentarii.
- 1609: Astronomia nova (Nova astronomía).
- 1611: Dioptrice.
- 1618-1621: Epitome astronomiae Copernicanae.
- 1619: Harmonices Mundi (A harmonía dos mundos).
- 1627: Tabulae Rudolphinae.
- 1634: O soño (Somnium seu Astronomia Lunari).[2]
RecoñecementosEditar
- Na súa honra nomeouse o asteroide 1134, o asteroide Kepler. Tamén hai un cráter chamado Kepler na Lúa[3][4] e outro en Marte e a Kepler Dorsum, unha dorsal de Phobos, satélite de Marte.
- A supernova SN 1604 tamén foi denominada Supernova de Kepler ou Estrela de Kepler, xa que permaneceu visíbel durante un ano despois da súa explosión en 1604 e Kepler realizou a descrición máis precisa.
- A NASA puxolle o seu nome ao telescopio espacial Kepler, que tiña a misión durante catro anos de detectar exoplanetas telúricos e outros corpos pequenos que orbitan preto da nosa galaxia. Foi lanzado o 7 de marzo de 2009.
- Paul Hindemith creou unha ópera baseada na vida de Kepler: Die Harmonie der Welt. Philip Glass compuxo outra ópera sobre a súa figura: Kepler.
- O vehículo de transferencia europeo ATV-002 Johannes Kepler foi nomeado na súa honra e lanzado o 16 de febreiro de 2011.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ Caspar, Kepler, p. 29–36; Connor, Kepler's Witch, p. 23–46.
- ↑ Traducida ao galego por Alfonso Blanco Quintela e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2014.
- ↑ International Astronomical Union. "«Kepler»". Gazeteer of Planetary Nomenclature (en inglés). Consultado o 30 de decembro do 2015.
- ↑ Laura Crespí. Universitat Pompeu Fabra, ed. "Johannes Kepler" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro do 2015.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Johannes Kepler |