Cronoloxía (do grego antigo χρόνος chrónos, 'tempo', 'época determinada', 'período', e -λογία -logía —de λόγος lógos, 'palabra', 'expresión', 'estudo'—) é a actividade cuxa finalidade é determinar a orde temporal dos acontecementos históricos; forma parte, por tanto, da disciplina da historia.

Non hai suceso na historia que non xurda doutros que o precederan e que non chegue a ser a orixe doutros máis ou menos importantes.

Todas as grandes civilizacións adoptaron diversos métodos de cronoloxía, utilizando o curso dos corpos celestes, para medir o tempo. O maior ou menor acerto desta operación dependeu do maior ou menor adianto do pobo respectivo nos coñecementos astronómicos. Tamén influíu no cómputo dos días, meses e anos, a relixión, os historiadores e até os hábitos políticos e civís dos pobos. Non é, por tanto, de estrañar que resultaran métodos moi diferentes.

O concepto cronoloxía tamén se utiliza noutras áreas do coñecemento para relatar feitos.

Véxase tamén

editar