Cronoloxía de Dragon Ball

Esta páxina contén a cronoloxía de Dragon Ball, os casos detallados pola Toei Animation no 7º daizenshuu, a cronoloxía oficial de Akira Toriyama da Shonen Jump e do libro Dragon Ball GT Perfect File 1. Mentres que se dan algúns acontecementos e personaxes non canónicos ó manga (Garlick Jr., Cooler, Paikuhan, Dragon Ball GT etc.), outros, coma o resto de personaxes de películas e a súa historia, saltáronse. Descoñécese a partir de que evento importante no seu mundo se numeran os anos.

Antes de Dragon Ball editar

Hai aproximadamente 100 millóns de anos editar

Tense a primeira noticia da existencia do planeta de Kaiō[1] que posteriormente sería destruído por Célula.

Hai aproximadamente 75 millóns de anos editar

Rō Kaiō Shin, o Kaiōshin de hai 15 xeracións, é encerrado na espada Z[1].

Hai aproximadamente 5 millóns de anos editar

O mago Bibidi crea o Máxico Boo. Tras isto, o diabólico ser aniquila centos de planetas nos anos seguintes. Ademais elimina dous dos 5 Kaiōshin. Ademais absorbe o Kaiō Shin do sur e o Dai Kaiō Shin, o que fai que mude a súa aparencia e obteña un chisco de bondade. Por isto, o incontrolado Bū é encerrado nunha esfera por Bibidi e agochada na Terra. O derradeiro Kaiōshin, o Kaiō Shin do leste, elimina Bibidi polo que a esfera é esquecida[1].

Hai aproximadamente 10000 anos editar

Annin comeza o seu labor protexendo o Hakkero (八卦炉, Os oito fogos incandescentes) en Gokyōsan (五行山, Os cinco picos) —a montaña que se acha no límite entre Este Mundo e o Outro Mundo—, separando os dous mundos[1].

Ano -4237 editar

Os devanceiros de Garlick Jr. diríxense á Terra, pois o planeta endiañado, Makyō (魔凶), aproxímase na súa órbita de 5000 anos ó punto máis preto ó mundo dos humanos[1].

Ano -739 editar

A princesa serpe, Jadōshin (蛇道神), constrúe o seu palacio no camiño da serpe que conduce ó planeta de Kaiō[1].

Ano -251 editar

Hildegan nace pola enerxía dos magos malignos no planeta Konats. Tapion e Minosha encerran a metade superior e a inferior do monstro nos seus corpos respectivamente coas frautas máxicas. Tapion e Minosha son encerrados en caixas de música e enviados a lados totalmente opostos do universo.

Ano -238 aproximadamente editar

Comeza a aparecer unha lenda que fala sobre a futura aparición do Súper Saiyan[1][2].

Ano cero editar

Iníciase o calendario oficial de Dragon Ball que non ten equivalencia co noso calendario.

Ano 250 editar

A sona de Uranai Baba comeza a medrar grazas ós seus poderes[3].

  • Ano 261

Enma Daiō (xuíz dos mortos) diríxese ó planeta de Kaiō polo camiño da serpe para adestrar con el. Durante esta viaxe, a princesa serpe invítao ó seu palacio, e namórase de Enma. Asemade, acontecen as mudanzas climáticas no planeta Namek. O fillo de Katattsu foxe nunha nave cara á Terra[3].

  • Ano 430

Nace o Mestre Mutenroi ou xenio da tartaruga (Kamesennin), un dos futuros mestres de Son Goku[3].

  • Ano 431

O fillo de Katattsu convértese en discípulo do deus actual da Terra[3].

  • Ano 448

Mutaito comeza a adestrar o Mestre Mutenroi cando fai os 18 anos. El namórase de Fan-Fan[3].

  • Ano 459

Nace Tou Pai Pai, o irmán de Mestre Corvo[3].

  • Ano 461

Os devanceiros de Garlick volven ataca-la Terra e son detidos polo antigo deus. O fillo de Katattsu convértese no novo Deus da Terra despois de se dividir en dous. Deste xeito nace Kamisama (a parte boa) e Piccoro Daimaō (a parte má). Após unha tempada de terror e destrución, Mutaito consegue encerrar Piccoro coa técnica Mafuba aínda que morre acto seguido por utilizala[3].

  • Ano 474

Dabla visita por primeira vez a Terra para comprobar se hai perigo coa esfera que encerra o Boo[3].

  • Ano 550 APROXIMADAMENTE

Os Saiyans descobren unha nave espacial que caeu no seu territorio e que procedía do Planeta Plant[2][3].

  • Ano 553

O Mestre Mutenroi comeza a coleccionar revistas eróticas[3].

  • Ano 650 APROXIMADAMENTE

O Mestre Mutenroi atopa a Bóla do Dragón de 3 estrelas no fondo do mar[3].

  • Ano 650 - 7 DE MAIO

Celébrase o primeiro Torneo das Artes Marciais (Tenkaichi Budōkai)[3].

  • Ano 658

Nace Son Gohanda que máis tarde sería o avó adoptivo de Son Goku[3].

  • Ano 662

Kamisama relata a Señor Popo o que lembra da súa infancia[3].

  • Ano 698

Nace o Xefe Coello (Toninjinka)[3].

  • Ano 715

Nace o gran Rei Pilaf[3].

  • Ano 720 – 730 APROXIMADAMENTE

Os Saiyans únense cos guerreiros do planeta Plant e rebélanse contra a raza dos Tsufurs, coexistente coa súa e nomean ó planeta: Vexeta, nome do seu rei. Durante este período de conflitos, os Saiyans convertidos en Ōzaru, aniquilan por completo tódolos Tsufurs (ou case todos) xa que o científico Tsufur coñecido como Raichi morre loitando aparentemente pero consegue escapar igual có Dr. Myu. Finaliza a alianza co planeta Plant e os Saiyans inician a reconstrución da civilización e do planeta. Descobren a tecnoloxía Tsufur coa cal poderán viaxar a outros planetas e utilizar artefactos coma o Scouter, que pode medila forza de combate dos inimigos[2][3].

  • Ano 722

Nace o futuro membro da Red Ribbon, o xeneral Blue[3].

  • Ano 730

Tou Pai Pai convértese en asasino profesional[3].

  • Ano 731 APROXIMADAMENTE

O pobo Saiyan únese co tirano Freezer que lles fornece naves espaciais de longo percorrido sen ningún límite de movementos, e comezan a conquista de planetas que logo venderán a Freezer. O Rei Vexeta (o pai de Vexeta) accede ó trono.[2][3]

  • Ano 732

Nacemento do príncipe Vexeta[2][4].

  • Ano 733

Nacen Bulma, Yamcha, Lunch e Ten Shin Han[4].

  • Ano 733 - 8 DE MAIO

É elixido o rei da Terra[4].

  • Ano 735 APROXIMADAMENTE

Freezer comeza a teme-lo poder dos Saiyans e aumenta a súa desconfianza cara a eles. Ademais a lenda do Súper Saiyan fai que sinta temor cara a esta raza. Asemade, no planeta Vexeta algúns Saiyans comezan a sospeitar do seu «socio» Freezer[2][4].

  • Ano 736

Nacemento de Krilín[4].

  • Ano 737

Nacemento de Kakarotto (Son Goku). Os Saiyans invaden os planetas Karnage e Milt. O Rei Vexeta enfróntase a Freezer pero é derrotado e morre. Son Goku parte do planeta Vexeta camiño da Terra, para conquistala. O seu pai, Barduck, é asasinado por Freezer, que tamén destrúe o planeta Vexeta e os seus habitantes[2][4]. Por outro lado nace Chichi, filla de Gyūmaō, e a súa nai morre.

  • Ano 737 - ENTRE XUÑO E AGOSTO

O vello Son Gohanda atopa Kakarotto, adóptao e decídelle chamar Son Goku[4].

  • Ano 738

Son Goku leva unha pancada na cabeza e esquece a misión pola cal fora enviado á Terra polos Saiyans: a aniquilación da Raza Humana e o control do planeta Terra para a súa posterior venda[4].

  • Ano 739

Gyūmaō e a súa pequena filla Chichi saen de picnic e durante a súa ausencia, no seu castelo no monte Ryōkei (涼景山) cae un espírito de lume e a montaña álzase en chamas. Dende aquela será coñecido coma o monte Tixola (Monte Frypan)[4].

  • Ano 740

Nacemento de Oolong. Krilín entra a estudar artes marciais no templo Ōrin (多林)[4]. Un organismo parasito con habilidades de control mental e coa memoria racial dos Tsufurs almacenada nel, chega ó planeta M-2. O Dr. Myu atopa o parasito e é asumido por el. El usa o coñecemento da tecnoloxía avanzada adquirido das memorias Tsufur para comeza-los proxectos para se apoderar do mundo[2].

  • Ano 743

Nace Puar.

  • Ano 747

Son Goku olla para a lúa chea e convértese nun gorila xigantesco debido ó efecto Ōzaru da súa raza e mata inconscientemente o seu avó adoptivo. Yamcha e Puar coñécense[4].

  • Ano 748

Morre o Fénix do Mestre Mutenroi por culpa dunha indixestión. Máis tarde, mentres apaña cogomelos atopa unha tartaruga bebé que se achaba perdida e que será a súa compañeira (Umigame)[4].

  • Ano 749 - OS PRIMEIROS 10 DÍAS DE ABRIL

Bulma comeza as aulas no colexio da Capital do Leste[5].

  • NALGÚN INTRE DO Ano 749

Bulma deixa de asistir á aula, xa que atopa no soto da súa casa a Bóla do Dragón de 2 estrelas[5].

  • Ano 749 - 22 DE AGOSTO

Bulma atopa nun val nunha cova do norte a Bóla do Dragón de 5 estrelas[5].

Dragon Ball editar

  • Ano 749 - 1 DE SETEMBRO

Son Goku e Bulma coñécense. Bulma atopa a Bóla do Dragón de 4 estrelas e esclarécelle a Son Goku que a bóla non é o seu avó.

  • Ano 749 - 2 DE SETEMBRO

Á mañá, Son Goku e Bulma coñecen o Mestre Mutenroi e este dálles a Bóla do Dragón de 3 estrelas.

  • Ano 749 - 5 DE SETEMBRO

Son Goku descobre o engano de Oolong e recibe a Bóla do Dragón de 6 estrelas da avoa Paozu.

  • Ano 749 - 6 DE SETEMBRO

Son Goku e Yamcha coñécense.

  • Ano 749 - 9 DE SETEMBRO

Son Goku e Yamcha enfróntanse. O Mestre Mutenroi apaga o incendio do Monte Tixola (Flipan) coa súa Onda Vital (KameHameHa), aínda que destrúe a montaña e o castelo. Bulma recibe a Bóla do Dragón de 7 estrelas de Gyūmaō. Son Goku derrota a banda de terroristas de Toninjinka. Toninjinka e os seus esbirros son enviados á lúa. Pilaf róuballes as 6 bólas acadadas e encérraos no seu castelo. Xúntaas coa súa e o dragón Shenron é convocado. Son Goku olla a lúa chea e convértese en Ōzaru polo que dan escapado do castelo. Oolong pídelle ó dragón unhas bragas acabando cos plans de Pilaf de ser amo do mundo.

  • Ano 749 - 10 DE SETEMBRO

Son Goku e Krilín póñense ás ordes do Mestre Mutenroi despois de dar atopado a Lunch. Despois, Mutenroi move a súa casa a outra illa máis grande e Son Goku e Krilín prepáranse para un duro adestramento co mestre das artes marciais.

  • Ano 749 - 11 DE SETEMBRO

O Mestre Mutenroi, Krilín e Lunch sofren unha indixestión.

  • Ano 749 - 14 DE SETEMBRO

Son Goku e Krilín érguense ás 4:30 da mañá ansiosos de comeza-lo adestramento e despois de 8 horas xa saben o que é un adestramento.

  • Ano 749 - 2 DE OUTUBRO

Yamcha e Puar comezan a estudar no instituto da cidade do oeste.

  • Ano 750 - 6 DE ABRIL

Son Goku e Krilín realizan o seu adestramento cunha cuncha de tartaruga que pesa 40 quilos para aumenta-los resultados.

  • Ano 750 - 18 DE ABRIL

A Red Ribbon, co Coronel Silver comeza a procura das Bólas do Dragón.

  • Ano 750 - 6 DE MAIO

Son Goku e compaña saen da casa do Mestre Mutenroi (Kame House) camiño do Gran Torneo das Artes Marciais para participar na 21º edición.

  • Ano 750 - 7 DE MAIO

Comeza o 21avo Torneo das Artes Marciais. Son Goku e Yackie Chun (Mestre Mutenroi disfrazado) quedan finalistas, e nunha gran loita Son Goku convértese en Ōzaru pero Yackie Chun lanza unha Onda Vital á lúa e destrúea. Toninjinka e os seus esbirros morren no acto. Yackie Chun acábase proclamando vencedor do torneo e Son Goku queda finalista. Este último, Pilaf e a Red Ribbon dispútanse a Bóla do Dragón de 6 estrelas. A Red Ribbon é quen consegue a bóla na base de Pilaf no deserto. Tamén conseguen a Bóla do Dragón de 5 estrelas. Son Goku e Chichi encóntranse de novo na aldea de Gyūmaō.

  • Ano 750 - 8 DE MAIO

Son Goku derrota os ocupantes da Torre de Control (Muscle Tower) preto dunha aldea do norte e coñece o androide N.º 8.

  • Ano 750 - 9 DE MAIO, 11:02 da mañá

Son Goku pide o radar das Bólas do Dragón a Bulma. O xeneral Blue é lanzado fóra da Vila do Pingüín por Arale. O xeneral Blue é asasinado por Tou Pai Pai, coa lingua nunha demostración do seu poder, que derrota Son Goku e asasina o indio Bora. Son Goku decide subir á Torre Karin.

  • Ano 750 - 10 DE MAIO

As vacacións de verán comezan para o instituto de ensinanza secundaria da Vila do Pingüín. Son Goku alcanza o cumio da Torre Karín e coñece o mestre Karin (un gato) e comeza o seu adestramento, que consiste en collerlle a Auga Sagrada.

  • Ano 750 - 12 DE MAIO

Despois de tres días, Son Goku dá atrapado Karin, e sorpréndese ó saber que só era auga da billa. Pero Son Goku tornouse moito máis poderoso, polo que derrota Tou Pai Pai e acaba coa Red Ribbon. Despois, viaxa ó palacio de Baba a avedoira para que adiviñe onde se atopa a bóla que lle falta. Para isto ten que derrotar os mercenarios da bruxa onde se atopa co seu avó, o falecido Son Gohanda. A bóla tena Pilaf polo que recupéraa axiña e o Dragón Shenron é invocado e Bora é revivido.

  • Ano 750 - XULLO

A estación chuviosa comeza na aldea de Nam.

  • ENTRE O Ano 750 E O 753

Son Goku comeza o seu adestramento no que debe percorrer o mundo enteiro. Na vila de Chao loita contra Kinkaku e Ginkaku. Son Goku coñece Chintaiken e loita contra Tenron na competición de Gozen-Jiai. Son Goku entra no Mundo dos Demos e loita contra o señor dese mundo, Shura. Son Goku salva o xabarín voador e coñece Ten Shin Han por primeira vez.

  • Ano 753 - 5 DE MAIO

Son Goku coñece Konkichi. Son Goku nada á illa Papaya onde ocorrerá o 22avo Torneo das Artes Marciais.

  • Ano 753 - 7 DE MAIO

Comeza o 22avo Torneo das Artes Marciais. Ten Shin Han, que serve as forzas do mal aínda que as abandonará, acaba campión e Son Goku é finalista. Krilin é asasinado e constátase o retorno de Piccoro Daimaō liberado por Pilaf.

  • Ano 753 - 8 DE MAIO

Son Goku é derrotado por Piccoro que rexuvenece grazas ás Bólas Máxicas. Piccoro mata a Shenron, derrota o Rei da Terra, Kokuoh, e toma o control do seu castelo.

  • Ano 753 - 9 DE MAIO

Son Goku sobe á Torre Karin e despois de sacar do interior o seu poder derrota a Piccoro. Nace Piccoro Junior (Piccoro). Son Goku sobe ó palacio de Deus e recibe o seu adestramento durante 3 anos con Señor Popo e Kamisama.

  • Ano 756 - 7 DE MAIO

Comeza o 23avo Torneo das Artes Marciais. Un Son Goku de 18 anos contrae matrimonio con Chichi. Son Goku é campión do torneo por primeira vez e Piccoro é finalista. Os plans para a voda entre Son Goku e Chichi comezan, pero un lume misterioso entra en erupción e atrapa Gyūmaō dentro do seu castelo co vestido de voda de Chichi. Son Goku e Chichi deben buscar o abano máxico (Basho Sen) para apagar as chamas máxicas.

  • Ano 756 - 8 DE MAIO

Son Goku usa o abano máxico sobre as chamas pero non dá resultado. Decátanse de que as chamas proveñen dun escape do Forno dos oito fogos incandescentes do outro lado do mundo. Son Goku e Chichi viaxan ó monte Gokyosan onde se encontran de novo co avó morto, Son Gohanda. Son Goku tapa o burato que hai no fondo do forno e as chamas cesan apagando así o lume arredor do castelo de Gyūmaō no monte Tixola (Flipan). Son Goku e Chichi casan.

  • Ano 757 - MAIO

Son Gohanda e Dende nacen.

  • Ano 759 - 760

Son Goku é entrevistado polo semanario Shonen Jump, onde aparecerían publicadas as súas páxinas no Xapón.

  • Ano 761

Garlic Jr., o fillo de Garlic, reúne as Bólas do Dragón e pide a inmortalidade. El abre un portal na Zona Morta, e é atrapado dentro por Son Gohanda, despois de loitar contra Son Goku e Piccoro.

  • Ano 760-770

O Dr. Myu atopa o extraterrestre Rild e tórnao nunha máquina mutante. Rild usa os seus grandes poderes para completar a conquista do planeta M2. Os Mutantes Máquina comezan a apañar a enerxía que será chuchada por Bebé.

Dragon Ball Z editar

  • Ano 761 - 12 DE OUTUBRO

Raditz chega á Terra para recuperar o seu irmán. Piccoro mata Raditz e Son Goku que se sacrificou. Descóbrese o potencial de Son Gohanda. Vexeta e Nappa paran nun planeta chamado Arlia. Despois de achar o planeta nunhas condicións non axeitadas para a venda, destrúen o planeta. Logo, entran nun estado de animación suspendida, mentres se dirixen na súa viaxe cara á Terra. Son Gohanda comeza a realiza-lo adestramento con Piccoro e terá un período de varios meses de supervivencia. Son Gohanda baixa a unhas ruínas antigas e atopa un robot. Despois dun corremento de terra, o robot é destruído e Son Gohanda faise máis maduro. Yamcha traballa coma como xogador profesional de béisbol. Son Gohanda faise o enfermo e tenta escapar da súa área de adestramento e volver para a casa. Despois de coñecer Pigero e outros orfos cuxos pais morreron nun tsunami, recupera o seu valor e volta ó seu adestramento.

  • Ano 762 - MARZO

Krilín, Yamcha, Ten Shin Han, Chaoz e Yajirobe comezan o seu adestramento ás ordes de Deus.

  • Ano 762 - 29 DE ABRIL

Son Goku alcanza o final do camiño da serpe onde atopa o planeta de Kaiō. Son Goku comeza a adestrar ás ordes de Kaiō.

  • Ano 762 - 9 DE MAIO

Son Goku atrapa o mono Bubbles. O seu seguinte adestramento é bourarlle a un grilo, Gregory, cun martelo incribelmente pesado.

  • Ano 762 - 23 DE MAIO

Son Goku bóuralle a Gregory na cabeza co martelo.

  • Ano 762 - MAIO

Krilin, Ten Shin Han, Chaoz e Yamcha fan un percorrido espiritual ó vello planeta Vexeta. Son todos matados doadamente por dous saiyans febles. Cando volven ós seus corpos, todos deciden continuar a adestrar duramente.

  • Ano 762 - 2 DE NOVEMBRO

Son Goku finaliza o seu adestramento onda Kaiō do norte e é revivido.

  • Ano 762 - 3 DE NOVEMBRO

Vexeta e Nappa chegan á Terra. Piccoro, Son Gohanda, Ten Shin Han, Krilín, Chaoz e Yamcha van loitar cos saiyans. Ten Shin Han, Chaoz e Yamcha morren. Nappa é derrotado por Son Goku e eliminado por Vexeta. Son Goku, Krilín, Son Gohanda e Yajirobe derrotan Vexeta. Un microscópico robot espía do aspecto dun insecto é despregado polo Doutor Guero para recoller células de tódolos presentes para a posterior construción do bioandroide Célula.

  • Ano 762 - 4 DE NOVEMBRO

Son Goku, Son Gohanda e Krilín son hospitalizados e comezan a súa recuperación na cidade do Oeste.

  • Ano 762 - 7 DE NOVEMBRO

Son Gohanda e Krilín son dados de alta.

  • Ano 762 - 9 DE NOVEMBRO

A nave de Kamisama é descuberta en Yunzabito.

  • Ano 762 - 14 DE NOVEMBRO

O traballo de tradución do idioma Namek concluíu. Bulma, Krilín e Son Gohanda parten cara ó planeta Namek.

  • Ano 762 - 21 DE NOVEMBRO

Vexeta diríxese á estación espacial do planeta Freezer Nº 79 gravemente ferido.

  • Ano 762 - 13 DE DECEMBRO

As feridas de Vexeta son curadas. Inmediatamente parte cara a Namek.

  • Ano 762 - 18 DE DECEMBRO

Bulma e compaña, Vexeta e Kiwi chegan a Namek. Son Goku parte para aló. Dende guía Krilín á casa do Patriarca (Saichōrō), que lle saca o seu potencial oculto. Piccoro, Chaoz, Ten Shin Han e Yamcha comezan a adestrar con Kaiō. A nave de Son Goku é atrapada pola gravidade do planeta Alpha H Zeta podendo escapar tras lanzar unha Onda Vital.

  • Ano 762 - 19 DE DECEMBRO

Zarbon derrota a Vexeta e leva o seu corpo ferido á nave de Freezer para curalo.

  • Ano 762 - 20 DE DECEMBRO

Vexeta loita con Zarbon por segunda vez e desta volta o príncipe dos Saiyans acaba finalmente gañando e matándoo. Por ordes de Freezer as Forzas Especiais de Xinew deixan a súa misión no planeta Yardrat para se dirixir a Namek. Krilin leva Son Gohanda a se topar co Patriarca.

  • Ano 762 - 23 DE DECEMBRO

Finaliza o adestramento de Son Goku no interior da nave.

  • Ano 762 - 24 DE DECEMBRO

Son Goku aterra en Namek. As Forzas Especiais de Xinew son aniquiladas. Piccoro volta á vida. Morre Vexeta. Krilín é asasinado por Freezer. Os namekianos superviventes son transportados á Terra. Son Goku convértese nun Súper Saiyan e acaba con Freezer. O planeta Namek estoupa e Son Goku escapa nunha nave dirección a Yardrat.

  • Ano 763 - 3 DE MAIO

Krilín e Yamcha resucitan coas Bólas do Dragón de Namek.

  • Ano 763 - 10 DE SETEMBRO

Reviven Ten Shin Han e Chaoz. Os Namekianos superviventes na Terra van vivir para o novo Namek.

  • Ano 763 - OUTUBRO

O planeta endiañado que cada 5 mil anos se achega á Terra da forzas a Garlick Jr, liberándose da Zona Morta, e tenta asalta-lo Templo de Deus. Pero Son Gohanda derrótao e atrápao outra vez na Zona Morta, desta volta para sempre xa que se destruíu o planeta endiañado.

  • Ano 763 - ANTES DE FINALIZAR O ANO

A máquina do tempo na que viaxa Célula chega á nosa corrente temporal (dende a 3ª liña). A custosa reconstrución do malferido Freezer conclúe.

  • Ano 764 - AGOSTO

Toranks do futuro chega dende a 2ª liña temporal e derrota Freezer e o seu pai o Rei Cold. Son Goku retorna á Terra e Toranks dálle a menciña para o corazón e volta á súa liña temporal.

  • Ano 764 - FINAIS DE ANO

Vexeta comeza o adestramento para alcanza-lo nivel de Súper Saiyan. Neste período comeza a se gañar o cariño de Bulma. Son Goku e Piccoro ingresan nunha autoescola para conseguilo permiso de conducir un Aircar. Cooler chega á Terra e é derrotado polo Súper Saiyan Son Goku.

  • Ano 764-767

Cooler contraataca e invade novo Namek só para ser destruído por Son Goku e Vexeta.

  • Ano 766

Nace o primeiro fillo de Bulma e Vexeta: Toranks.

  • Ano 767 - 7 DE MAIO

Celébrase o 24avo Torneo das Artes Marciais. Señor Satán proclámase vencedor após derrotar a Spopobich. Unha moza chamada Videl, filla de Mr. Satán gaña o torneo Júnior.

  • Ano 767 - 12 DE MAIO

Aparecen os Androides C-19 e C-20 (Doutor Guero). Son Goku cae enfermo. Vexeta derrota o androide C-19 presentándose coma un novo Súper Saiyan. Volta Toranks do futuro e aparecen os androides C-16, C-17 e C-18 que matan o Doutor Guero. Toranks e Krilín destrúen o laboratorio do Dr. Guero. Descóbrese a máquina do tempo de Célula.

  • Ano 767 - 13 DE MAIO

Aparece Célula. Piccoro e Kamisama fusiónanse.

  • Ano 767 - 15 DE MAIO

Son Goku recupérase da súa enfermidade coa menciña do futuro. Vexeta e Toranks entran na Sala do Espírito e do Tempo.

  • Ano 767 - 16 DE MAIO

Célula absorbe C-17 e da un novo paso cara á perfección. Vexeta derrota Célula pero deixa que absorba á pobre C-18. Célula alcanza a perfección absoluta e derrota a Vexeta. Son Goku e Son Gohanda entran na Sala do Espírito e do Tempo.

  • Ano 767 - 17 DE MAIO

O Bioandroide Célula xa perfecto anuncia un Torneo de Artes Marciais, os Xogos de Célula, para todo o mundo. Son Goku e Son Gohanda saen da Sala do Espírito e do Tempo. Piccolo entra na sala.

  • Ano 767 - 18 DE MAIO

Piccoro sae da Sala do Espírito e do Tempo. É a quenda de Vexeta para entrar de novo. Son Gohanda entra na vila de Lime e sálvaos das malvadas intencións de Barbon.

  • Ano 767 - 19 DE MAIO

Son Goku e a súa familia pasan un día no High King facendo un picnic. Contra o serán o exército do rei é destruído por Célula. Dende convértese no novo Deus da Terra. Despois de Vexeta, Toranks é o seguinte en entrar na Sala do Espírito e do Tempo.

  • Ano 767 - 20 DE MAIO

Toranks sae da Sala do Espirito e do Tempo.

  • Ano 767 - 26 DE MAIO

Ó mediodía dáse o inicio do Torneo de Artes Marciais. Son Gohanda alcanza o nivel 2 de Súper Saiyan. Son Goku teletransporta Célula ó planeta de Kaiō que é destruído xunto con Son Goku, Gregory, Bubbles e Kaiō que morren no estoupido. Por mor disto, Bojack escapa do seu encerro. Célula auto rexenérase e volta á Terra matando Toranks. Son Gohanda destrúe a Célula.

  • Ano 767 - 27 DE MAIO

Toranks é resucitado. Celébrase o funeral de Son Goku e o Toranks do futuro volta á súa liña temporal.

  • Ano 767 - XUÑO

No Outro Mundo, Son Goku chega ó novo planeta de Kaiō (o do Gran Kaiō), onde participará no primeiro Torneo de Artes Marciais para os mortos do Outro Mundo, en «honor» á morte Kaiō. Son Goku e Paikuhan disputan a final vencendo o primeiro deles aínda que sendo descualificados os dous no último momento. O Toranks do noso tempo comeza a camiñar. É difundido un documental na TV que cobre os acontecementos da vida do campión do Mundo Señor Satán.

  • Ano 768 - PRINCIPIOS DE ANO

Nacemento de Son Goten.

  • Ano 768

Doru-taki é empregado polo Dr. Myu. A súa tarefa é a de xuntar a enerxía de para espertar a maior Máquina Mutante do M2, Ruudo. Doru-taki fai ben o seu traballo e dá traballado na recollida de enerxía sobre o planeta Ruudo.

  • Ano 770

Krilín e C-18 casan.

  • Ano 771

Nace Maron, filla de C-18 e Krilín.

  • Ano 773

Kibito e Kaiō Shin do leste descobren onde está encerrado Máxico Boo.

  • Ano 774 - 28 DE MARZO

Son Gohanda ingresa na Orange Star High School.

  • Ano 774 - 7 DE ABRIL

Un misterioso guerreiro combate o crime en Satán City. Videl sospeita de Son Gohanda. Este último pídelle axuda a Bulma para oculta-la súa identidade, e en 5 horas e 12 minutos a nai de Toranks constrúe un reloxo que lle permite mudar de aspecto e converterse no Guerreiro Inter galáctico, que comeza a combate-lo crime nas rúas.

  • Ano 774 - 8 DE ABRIL

Malia todo, Videl descobre a verdadeira identidade do Guerreiro Inter galáctico.

  • Ano 774 - 9 DE ABRIL

Videl pide a Son Gohanda que lle ensine a voar. O Kaiō do sur visita a Son Goku mentres adestra.

  • Ano 774 - 10 DE ABRIL

Vexeta e o pequeno Toranks comezan o seu adestramento. O pequeno Toranks revela que se pode converter nun Súper Saiyan.

  • Ano 774 - 20 DE ABRIL

Videl controla a técnica de voar.

  • Ano 774 - 7 DE MAIO

Comeza o 25avo Torneo das Artes Marciais. Son Goku retorna do Outro Mundo pero coa condición de ficar na Terra un só día. O Máxico Boo é liberado. Vexeta morre no intento de eliminalo. Bū dirixido por Babidi comeza cunha xeira de asasinatos. Son Goku alcanza o nivel 3 de Súper Saiyan e enfróntase a Bū. Toranks e Son Gotén aprenden a se fusionar. Son Goku retorna ó Outro Mundo. Rō Kaiō Shin é liberado da espada Z sacada por Son Gohanda. O poder oculto de Son Gohanda é liberado grazas a Rou Dai Kaiōshin.

  • Ano 774 - 8 DE MAIO

O poder de Boo acaba coa humanidade ó completo. Piccoro, Songotoranks e Son Gohanda enfróntanse a el, e son absorbidos. Rou Dai Kaiōshin dá a súa vida para que Son Goku reviva. Vexeta retorna á Terra por un só día onde se fusiona con Son Goku cos pendentes Potara en Vexetto. Boo destrúe a Terra. Polunga reconstrúe a Terra e devolve a vida a tódolos seus habitantes. Vexeta e Ro Dai Kaiōshin reviven. A humanidade ó completo axuda a Son Goku a crear unha Bóla Gengi (despois da intervención de Satán) con poder dabondo para destruír a Boo. Finalmente a intelixencia de Vexeta e a forza de Son Goku eliminan a ameaza de Boo.

  • Ano 774 - 7 DE SETEMBRO

O poder de Shenron fai esquecer á xente da Terra o acontecido coa parte boa de Bū, agora coñecido coma Mr. Bū.

  • Ano 778 - 7 DE MAIO

Comeza o 26avo Torneo das Artes Marciais. O campión é Mr. Satán. O subcampión é Mr. Bu.

  • Ano 779

Nacemento de Pan, filla de Videl e Son Gohanda.

  • Ano 780

Nacemento de Bra, filla de Bulma e Vexeta.

  • Ano 781 - 7 DE MAIO

Comeza o 27avo Torneo das Artes Marciais. O campión é Mr. Satán. O subcampión é Boo.

  • Ano 784 - 7 DE MAIO

Comeza o 28avo Torneo das Artes Marciais. Son Goku e Oob (a reencarnación boa de Boo) abandonan o torneo. Pan derrota Son Goten no torneo.

Dragon Ball GT editar

  • Ano 794

Finaliza o adestramento de Oob. Pilaf asalta o palacio de Deus en busca das Bólas do Dragón de estrela negra. Son Goku reverte ó seu estado de cativo.

  • Ano 794 - XANEIRO

Son Goku, Pan e Toranks lánzanse ó espazo para busca-las Bólas do Dragón de estrela negra. Chegan ó planeta Imegga onde atopan o Gil Gil e a primeira bóla. Son Goku loita contra Radic e Don Kear.

  • Ano 794 - MARZO

Chegan a Monmars, e atopan a segunda bóla pero róubanlla no planeta Kelbo. Chegan ó planeta Loud, onde se enfrontan a Muchy. Derrotan o monstro Loud grazas a unha combinación de forzas. Atopan outra bóla no planeta Ludeze.

  • Ano 794 - AGOSTO - NOVEMBRO

Chegan ó planeta M2 onde se descobre que Gil Gil é un traidor. Son Goku enfróntase contra Mega canon sigma que se acaba fusionando con Rild polo que derrota Son Goku a Toranks. Bebé aparece por primeira vez e Son Goku, Toranks e Pan destrúeno; ou case, xa que se recupa dentro do Dr. Myu e mátao. Toranks é posuído por Bebé e ataca o resto no planeta Pilat. Toranks consegue expulsalo pero viaxa á Terra.

  • Ano 794 - DECEMBRO

Bebé chega á Terra e comeza a súa posesión masiva dos seus habitantes. Bebé constroi un novo planeta Plant coas bólas de estrela negra. Vanse trasladando os habitantes da Terra para o planeta Plant.

  • Ano 795 - XANEIRO

Son Goku perde fronte Vexeta Baby. Pan comeza a dar á xente un antídoto. Son Goku alcanza o Súper Saiyan 4 e enfróntase a Baby, que acaba coa raza Tsufur. A Terra vai estoupar e Piccolo fica nela e morre. Realízase o 29avo Torneo das Artes Marciais.

  • Ano 796

O Dr. Myu e o Dr. Guero alíanse para acabar con Son Goku. Abren un burato entre os dous mundos e van á Terra tódolos inimigos de Son Goku. Krilin morre a mans do C-17 da Terra que se acaba fusionando co novo C-17 dando o Súper C-17, aínda que Son Goku acábao derrotando. Descóbrese que as Bólas do Dragón están corrompidas e aparecen os dragóns malignos. Despois de que todos son derrotados por Son Goku, este fusiónase con Shenron.

  • Ano 876

Nacen Son Goku Jr. e Vexeta Jr.

  • Ano 885

Son Goku Jr. coñece por primeira vez o que son as Bólas Máxicas. Transcorre a primeira aventura de Son Goku Jr. Este e Vexeta Jr. enfróntanse na final do Torneo das Artes Marciais.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Liñas temporais alternativas de Dragon Ball

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Toriyama, Akira (1996). Dragon Ball Daizenshū 7 Daijiten. Xapón: Shueisha. ISBN4-08-782757-7.  Páxina = 16-17
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Toriyama, Akira (2006). Dragon Ball GT Perfect File 1. Xapón: Shueisha. ISBN4--08-874089-0.  Páxina = 76-77
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 Toriyama, Akira (1996). Dragon Ball Daizenshū 7 Daijiten. Xapón: Shueisha. ISBN4-08-782757-7.  Páxina = 18-19
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 Toriyama, Akira (1996). Dragon Ball Daizenshū 7 Daijiten. Xapón: Shueisha. ISBN4-08-782757-7.  Páxina = 20-21
  5. 5,0 5,1 5,2 Toriyama, Akira (1996). Dragon Ball Daizenshū 7 Daijiten. Xapón: Shueisha. ISBN4-08-782757-7.  Páxina = 22-23