Tou Pai Pai (桃白白?) é un personaxe da serie anime e do manga Dragon Ball. É un asasino e o irmán máis novo de Mestre Corvo; era moi admirado por Ten Shin Han cando soñaba con chegar a ser un gran asasino como el. Aparece por primeira vez ó ser contratado polo Exército Red Ribbon para eliminar a Son Goku. O seu aspecto é o dun home de aparencia oriental co cabelo negro nunha trenza e con bigote, viste roupa de estilo oriental rosa e co kanji 殺 (satsu, lit. «asasinato») no peito e Kill You («Mátote» en inglés) nas costas. Naceu no ano 459 da Cronoloxía de Dragon Ball. Ten unha altura de 178 cm. e un peso de 70 quilos.

Aparece inicialmente co Comandante Red, onde matou o Xeneral Blue con tan só un golpe na testa coa lingua. No seu primeiro ataque a Goku, derrótao e cre matalo, pero este sálvase grazas a que o seu ataque golpea nunha das Bólas do Dragón que levaba baixo a roupa. Cando Tou Pai Pai volve para rematar a Goku, non pode con el e é derrotado, xa que Goku visitara ó mestre gato Karín e bebera a auga sagrada. Ó saberse vencido, Tou Pai Pai pide desculpas a Goku, soamente para que este se confiase e guindarlle unha granada, pero este decátase e patéaa cara ao asasino, quen aparentemente morre pola explosión. Porén, no 23° Campionato Mundial das Artes Marciais volve a aparecer reconstruído como un cyborg e esta vez é derrotado por Ten Shin Han que abandona ó Mestre Corvo para irse á escola do Mestre Mutenroi.

No anime, Tou Pai Pai apareceu de novo na saga de Célula contratado por un millonario para que defendera a súa fortaleza construída para protexerse de Célulla. Os poboadores do lugar pagaban grandes sumas de cartos por ser aceptados no devandito refuxio. Por orde do seu patrón, enfrontouse a un veterano loitador de artes marciais que se revelou contra o magnate porque os seus esbirros estaban a piques de matar á súa neta, pero cando ía liquidalo co seu Dodonpa, tivo que enfrontarse con Son Gohanda, e preferiu fuxir ó decatarse que este era fillo de Son Goku.

Noutro capítulo da mesma saga, Tou traballa para un gánster reunindo as Bólas do Dragón, aínda que máis tarde aparece Goku e o famoso asasino, tras rexeitar loitar contra el, proponlle completar unha especie de crebacabezas mentres escapan. Tras resolvelo enigma, Goku vai na súa busca, localízaos rapidamente e diríxese cara a súa situación por medio da Transmisión Instantánea e pídelle as bólas. Estes entréganllas sen opoñer resistencia, e logo diso nunca máis volve aparecer.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar