Pilaf (Pirafu) é o primeiro vilán da serie de Dragon Ball. Sempre está acompañado de dous colaboradores: Shū, un can ninja, e Mai, unha perigosa muller. O seu nome provén do prato de comida Pilaf.

Biografía editar

Pilaf tiña aproximadamente uns 34 anos cando decidiu emprender por primeira vez a busca das Bólas do Dragón, para pedirlle a Shenron ser o Rei absoluto do mundo. Os seus secuaces trataron de roubarlle as Bólas do Dragón ó outro grupo que as estaba reunindo, Son Goku e compaña, pero o único xeito que tiveron de conseguilas foi deixando que o grupo entrase no castelo e encerralos dentro. Pero cando Pilaf e os seus secuaces estaban chamando ata Shenron, Goku logrou abrir un oco nunha parede cunha Onda Vital, por onde puido saír Oolong e pedir o desexo antes que Pilaf. Despois disto, o furioso Pilaf logra encerrar a Son Goku e os seus amigos nun calabozo con cristal blindado para que, ó amencer, morran torrados polo Sol. Non obstante, Goku olla cara a lúa chea e transfórmase en Ōzaru destruíndo o pazo de Pilaf.

Cando as bólas do dragón volveron a estar activas, saíron a buscalas nunha nave voadora con aspecto de Estrela da morte, e a pesar de conseguir enganar a Satanarius facendo que Shū se fixese pasar por Goku, o Coronel Silver obrigoulles a renunciar a ela.

Tempo despois, decidiron liberar a Piccoro Daimaō, o Gran Rei dos Demos, co obxectivo de aliarse con el para dominar o mundo; pero este non quixo colaborar con eles, e botounos fóra dende o avión no que viaxaban.

Máis tarde aparecen en dous dos episodios finais de Dragon Ball intentando roubar o ovo do paxaro comedor de lume e o abano máxico necesarios para apagalo incendio do Monte Flipán.

Non se sabe nada máis deles durante décadas, ata que, 37 anos máis tarde, conseguen chegar ó Pazo de Kamisama onde descobren as Bólas do Dragón. Desgraciadamente para eles, Son Goku, que estaba alí adestrando con Oob, descóbreos, e Pilaf, nun descoido, desexa diante do dragón que o guerreiro do espazo volvese a ser un neno, xa que así o derrotarían doadamente.

A súa derradeira aparición é no episodio 40 de Dragon Ball GT, cando Goku está rescatando a tódolos habitantes da Terra para evitar que morran na súa inminente destrución. Goku rescata a Pilaf e ós seus dous subordinados preto dos cascallos do seu antigo pazo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar