Bra (Dragon Ball)

Bra (ブラ Bura?) é a segunda filla de Bulma e Vexeta, polo tanto é metade saiyan e metade humana, nada no ano 778 da Cronoloxía de Dragon Ball.

Bra é moi guapa e feminina, asemellándose moito á súa nai, aínda que cun carácter que lembra ó de seu pai. É xeralmente alegre, impaciente e moi encariñada co seu pai. De feito, Bra é a única persoa á cal Vexeta non lle contestará (unicamente nunha ocasión -e por mero acto de protección- lánzaa dentro dun coche e ordénalle que marche, para pelexar libremente contra Son Gohanda que se atopaba baixo o control de Bebé). O seu pai non parece animala a que adestre (como fai con Toranks, o seu irmán). Durante a saga de Bebé, Bra, xunto co resto do mundo, é posuída por Bebé. Ela é un dos catro personaxes que axudan a Bebé a chegar a ser máis forte, demostrando o seu gran poder saiyan; despois disto, o seu papel na historia redúcese. Máis adiante, ela xunto con Videl, Bulma, e Chichi desexan loitar na saga de Súper C-17, pero, Son Goku e C-18 xa se encargaran del. Bra é vista por última vez na saga de Súper C-17, estando parada cos outros na Corporación Cápsula, cando aparece Shenron malvado, pero por algunha razón, Bra non volve a aparecer no resto da serie.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar