Rei Cold

Personaxe de Dragon Ball

Rei Cold (コルド大王 Korudo Daiō?) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. É o pai de Freezer e Cooler, ten un gran parecido a Freezer na súa segunda fase, só que os seus cornos están segmentados, a pel é máis escura, a súa altura é maior e o seu poder acada os 73.000.000 de unidades de enerxía. Leva unha armadura das do exército do seu fillo de cor negra e leva unha capa. Debido a que o matan ó pouco tempo de aparecer, descoñécense as súas capacidades de transformarse ou calquera ataque seu. Segundo estimacións de Son Gohanda e dos outros loitadores que poden sentir o ki, o seu poder é superior ó de Freezer. O seu nome provén do inglés Cold (コールド Kōrudo?, frío). É un personaxe seleccionable no videoxogo Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi 3.

Aparece brevemente co seu fillo Freezer, o cal foi reconstruído en gran parte en forma de cyborg, para destruír a Terra en vinganza da mutilación do seu fillo e para demostrar que a súa familia é a número un en forza en todo o universo. Porén, Toranks vence facilmente a Freezer. Cold ofrécelle a Toranks ocupar o lugar de Freezer, e cando el declina a oferta, Cold non se preocupa pois cre que a vitoria de Toranks se debe só ó uso da súa espada. Finalmente Toranks vence a Cold, quen pese ás súas súplicas é aniquilado.

No anime é empregado xunto coas Forzas Especiais Ginyū como recheo, xa sexa causando caos no inferno ou apoiando a Majin Boo na súa pelexa contra Son Goku.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar