Piccoro Daimaō (ピッコロ大魔王 Pikkoro Daimaō?, Gran rei demo Piccoro) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball. Foi creado por Akira Toriyama como un rival verdadeiramente malvado para Son Goku, xa que todos os seus anteriores adversarios tiñan algo "simpático" neles.[1] Piccoro Daimaō xurdiu cando un namekiano chegado á Terra, que se converteu na deidade gardiá da mesma, expulsa a enerxía negativa do seu corpo e esta toma forma física despois de ser expulsada.[2] El e a súa metade boa, Kamisama, están conectados, xa que se un deles morre o outro tamén o fará.Modelo:Gnr Despois de formarse, desígnase como o Gran Rei Demo e aterroriza o mundo.

Cosplayer caracterizando a Piccoro Daimaō.

O seu nome provén de piccolo, do italiano flauta piccolo (frauta pequena). Porén, na serie explícase que significa doutro mundo en idioma de Namek. Piccoro Daimaō marca un punto de inflexión na serie As bólas máxicas, pois a historia perde gran parte do humor que a caracterizaba ó comezo.

Traxectoria

editar

Chegada á Terra

editar

No ano 261 da Cronoloxía de Dragon Ball, os desastres naturais obrigaron a Katattsu, do planeta Namek, a enviar ó seu fillo a outro planeta cunha carta na que lle prometía encontrarse axiña con el. Este chegou á Terra, a unha rexión coñecida como as Montañas de Yunzabit, onde agardou polo seu pai durante moitos anos. Durante esa espera adestrou alí. Finalmente abandonou a rexión para coñecer o mundo e chegou ó templo de Kamisama. Alí impúxose a si mesmo a misión de se converter no seguinte deus da Terra, pero non puido. O motivo era que existía unha parte de maldade no seu corazón, polo que o namekiano creou unha técnica coa cal expulsou esa parte malvada. Así creou a Piccoro Daimaō.

O Rei dos Demos

editar

Piccoro Daimaō baixou á Terra e estendeu o caos, xa que se autoproclama "Rei dos Demos". Os habitantes de Namek reprodúcense asexualmente mediante ovos que saen da súa gorxa, polo que en pouco tempo Piccoro Daimaō creou un exército de Mazoku. Piccoro Daimaō pode crear seres que non se asemellan ós do planeta Namek, senón que teñen unha aparencia de réptiles, nalgúns casos semellantes a dinosauros. Só a intervención de Mutaito puido salvar á Terra. Este empregou a técnica Mafūba para selar a Piccoro dentro dun recipiente do que non puidese saír.[3]

Segundo intento de conquista

editar

300 anos máis tarde, Pilaf abriu o recipiente onde Mutaito o encerrara séculos atrás, coa esperanza de que compartise parte do mundo con el. Porén, Piccoro só se aproveitou de Pilaf e os seus amigos e máis tarde expulsounos da súa aeronave.

O rei demo comeza o seu plan de gobernar o mundo eliminando ós participantes do Campionato Mundial de Artes Marciais. Pretendía garantir que ninguén poida facerlle fronte coa técnica Mafuba e así encerralo outra vez. Ó mesmo tempo, busca as Bólas do Dragón para recuperar a súa xuventude perdida. Para axudalo na súa misión, crea os guerreiros Tambourine e Cymbal, quen deixan no corpo das súas vítimas unha nota co seu símbolo. Cando un dos seus servos foi destruído, el mesmo foi buscar a quen o fixo e enfróntase con Son Goku, a quen vence doadamente. Piccoro tamén logra vencer o Mestre Mutenroi que intentaba volver empregar o Mafūba para pechalo de novo.

Máis tarde logra conseguir as 7 Bólas do Dragón, co que logra chamar a Shenron e pedirlle o desexo de ser novo outra vez.[4] Obtido o desexo, destrúe o dragón.[5] Tras apoderarse do Castelo do Rei, é atacado por Ten Shin Han, quen lograra aprender o Mafūba. Porén, este é vencido por Drum, un novo monstro de Piccoro. Xusto antes de que Drum rematase con Ten Shin Han, Son Goku aparece e destrúe a Drum, e reta a Piccoro a unha pelexa. Tras unha dura liorta, aparentemente Piccoro logra a vitoria, xa que ferira a Son Goku usando a Ten Shin Han como escudo. Son Goku reúne tódalas súas forzas e sae disparado do chan cunha Onda Vital. A súa forza é tal que atravesa o peito do Rei dos Demos.[5][2] Antes de morrer, Piccoro cuspe un ovo moi lonxe. Deste ovo nacería Piccoro, o seu fillo.[2]

  1. Dragon Ball 大全集 2 Story Guide. Shueisha. 1995. pp. 261–265. ISBN 4-08-782752-6. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Vol. 14 (cáp. 157–168): Heaven and Earth. Febreiro de 2004. ISBN 978-1-59116-169-1 e さらなる飛躍 (en xaponés). Agosto de 1988. ISBN 978-4-08-851611-0.
  3. Vol. 12 (cáp. 133–144): The Demon King Piccolo. Setembro de 2003. ISBN 978-1-59116-155-4. e ピッコロ大魔王の恐怖! (en xaponés). Abril de 1988. ISBN 978-4-08-851609-7.
  4. Vol. 12 (ch. 133–144): The Demon King Piccolo. Setembro de 2003. ISBN 978-1-59116-155-4. e ピッコロ大魔王の恐怖! (en xaponés). Abril de 1988. ISBN 978-4-08-851609-7.
  5. 5,0 5,1 Vol. 13 (cáp. 145–156): Piccolo Conquers the Earth. Novembro de 2003. ISBN 978-1-59116-148-6. e 孫悟空の逆襲!? (en xaponés). Xuño 1988. ISBN 978-4-08-851610-3.

Ver tamén

editar

Outros artigos

editar