Dende (デンデ?) é un personaxe do anime e manga Dragon Ball. É un namekiano. En Dragon Ball Z convértese no sucesor de Kamisama, logo de que este se fusionara de novo con Piccoro. Entre as calidades de Dende están a de poder sandar ás persoas e poder falar co dragón das sete Bólas máxicas. Fai amizade con Son Gohanda e Krilín, cando os terrícolas viaxan ó planeta Namek para atopar as bólas do dragón dese planeta, durante eses eventos as forzas de Freezer invaden o planeta coa mesma intención. O seu nome provén dunha deformación das palabras para caracol en xaponés, デンデンムシ (Dendenmushi?).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar