Kamisama
Kamisama (神 Kami?) é o cargo que ostenta o Deus da Terra na serie de manga e anime Dragon Ball. Os Kamisama que aparecen na serie son axudados polo Señor Popo, e é mencionado que este servía ó seu predecesor. Vive no Templo de Kamisama, varios quilómetros enriba da Torre de Karín, ambos lugares comunícanse co bastón máxico.
O fillo de Katattsu
editarO primeiro Kamisama da serie era unha das dúas metades nas que se dividiu o fillo de Katattsu. Para lograr converterse en Kamisama tivo que expulsar toda a súa maldade, desta forma xurdiu Piccoro Daimaō. Se un dos dous morría, o outro tamén. Ademais, Kamisama é o creador das Bólas do Dragón.
Adestrará a tódolos guerreiros que cheguen ata o seu Templo, se obteñen unha proba de confianza de Karín, un axóuxere. Entre os seus alumnos están Son Goku, Ten Shin Han, Yamcha, Chaoz, Krilín ou Yajirobe. O seu sucesor foi Dende.
Historia
editarGarlic e o fillo de Katattsu adestraron xuntos para se converter en Kamisama, e unha vez que expulsou a súa parte malvada (Piccoro Daimaō), Kamisama foi elixido novo Deus.
Son Goku foi adestrarse con Kamisama e o Señor Popo, e enfrontouse con Piccoro 3 anos máis tarde no Campionato Mundial de Artes Marciais, onde o derrotou aínda que o deixou con vida.
Nappa matou a Piccoro cando chegou á Terra mentres protexía a Son Gohanda, falecendo tamén Kamisama. Ambos resucitarían grazas ás Bólas do Dragón de Namek.
Trala aparición dos Androides, decidiron volver fusionarse, deixando o posto de Kamisama a Dende.
Dende
editar- Artigo principal: Dende.
Logo de que Kamisama se fusionara con Piccoro, a necesidade de que existise un Kamisama protector da Terra fixo que Goku fose buscar outro Namek. Dende, que xa tiña amizade con Son Gohanda e Krilín, aceptou o cargo.