Doutor Guero
O Doutor Guero (Dr. ゲロ?) tamén chamado C-20, é un personaxe de ficción da serie manga e anime Dragon Ball. Trátase do científico creador dos androides.
Biografía
editarPasado
editarO Doutor Guero era un dos científicos que traballaban na sección de enxeñería robótica do Exército Red Ribbon, creando maquinaria militar e diversos androides. A súa máxima creación foi Hatchan, unha especie de Frankenstein pacifista. Cando Son Goku desmantelou ó exército Red Ribbon, o Dr. Guero recolleu os seus traballos e fuxiu a un laboratorio secreto perdido entre as montañas, onde continuou co seu traballo co único fin de vingarse de Son Goku. Para iso, enviou un pequeno robot-espía, para que vixiara a Goku e ós seus compañeiros, estudara as súas técnicas de combate e adquirira as súas células en segredo.
Durante moitos anos, o Dr. Guero perfeccionou a súa técnica e creou ós androides C-16, C-17, C-18, C-19 e a súa maior creación: Célula. A súa loucura era tal, que el mesmo se converteu noutro androide grazas á axuda de C-19, pasando a ser C-20. Unha característica importante é o dispositivo que ten nas palmas de ambas mans, que lle permite absorber a enerxía do rival.
Tamén creou a C-13, C-14 e C-15, que foron rematados e activados polo ordenador central do seu laboratorio. Apareceron unicamente no filme Os tres grandes superguerreiros.
O espertar dos Androides
editarCoa chegada de Toranks do futuro, Son Goku e compañía estaban alertados da existencia dos androides. Aínda avisados, C-20 xunto a C-19 aparecen na cidade onde Toranks dixo que aparecerían e collen por sorpresa a Yamcha. C-20 absorbeu a enerxía de Yamcha e atravesoulle o peito, deixándoo a piques de morrer.
Pero Son Goku e os seus amigos decatáronse do ataque e presentáronse diante dos dous androides. C-20 permite a C-19 combater contra Son Gokū, ó cal vence grazas a que Son Goku sufriu un ataque da súa doenza cardíaca. Pero a súa alegría non durou moito, xa que Vexeta chegou e, converténdose en Superguerreiro, derrota ó número 19 arrancándolle primeiro as súas dúas mans e guindándolle unha bóla de enerxía. Visto o ocorrido, o Doutor Guero (C-20) decide fuxir ó seu laboratorio secreto. Dentro del, decide espertar ós androides C-17 e C-18 (a ditos androides considerábaos como os seus fillos). A diferenza do resto, estes dous androides antes eran humanos, algo que non perdoarán xamais ó Doutor Guero. Aínda sabendo que o odian a morte, C-20 actívaos pero cun ás baixo a manga; un dispositivo de destrución. Pero C-17 e C-18 conseguiron arrebatarlle o dispositivo e C-17 cortoulle a cabeza para posteriormente pisala, e acabar coa súa vida.
Creando o androide perfecto
editarCoa súa morte, o Doutor Guero foi dar ó inferno, onde coincidiu co Doutor Myu, creador de Bebé. Os dous científicos tolos tiñan unha cousa en común: desexaban vingarse de Son Goku. Xuntos, traballaron para crear a Súper C-17, o cal tiña a función de unirse co orixinal, que andaba pola Terra.
Artellaron unha estratexia para saír do inferno e poder chegar á Terra. Conseguiron abrir unha fenda temporal entre o inferno e a Terra, onde conseguiron saír e ademais encerrar a Son Goku. Na Terra, por fin atoparon ó C-17 orixinal. Coa fusión dos dous C-17 obtiveron ó androide definitivo. Este tamén matou o Doutor Guero, xa que só obedecía ó Doutor Myu, que non tiña gana de compartir a vitoria.