Lunch (ランチ Ranchi?) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. É a rapaza que traen Son Goku e Krilín para que o Mestre Mutenroi lles permita adestrar con el. Ten a particularidade de que cada vez que esbirra a súa personalidade e cor de cabelo cambian: a Lunch de cabelo azul é tranquila, servizal, sempre trata de agradar ós demais; mentres que a Lunch de cabelo loiro é cobizosa e arisca, sempre ten a man unha arma de fogo para disparar a todo aquel que se lle opoña. Lunch sabe que este cambio ocorre pero non consegue lembrar nada do que a súa outra personalidade fai.

Lunch é unha moza delgada que comunmente viste unha blusa de tirantes verde e un pantalóns curtos amarelos. Foi salvada por Son Goku e Krilín cando a Lunch de cabelo loiro estivo a piques de ser detida pola policía logo de que asaltara un tren. Eles ofrecéronlle ir vivir co Mestre Mutenroi, o que lle veu moi ben xa que estaba buscada en medio mundo. Durante algún tempo a súa forma loira atacou ó Mestre e ós alumnos, pero tralo ataque do Exército Red Ribbon á Casa Tartaruga, decidiu aceptar vivir alí, e mesmo estivo disposta a participar no ataque contra o cuartel xeral dese exército. Tralo 23º Torneo Mundial de Artes Marciais, foise vivir con Ten Shin Han e Chaoz. No anime Dragon Ball Z apareceu cando faltaba un ano para a chegada dos Guerreiros do espazo á Terra. Tamén o fai na saga de Majin Boo, levantando as mans para entregarlle enerxía a Goku.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar