Cronoloxía do franquismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Esta datación cronolóxica do Franquismo refírese ao réxime político de carácter ditatorial que tivo España dende 1939 ata 1975. Un réxime que mantivo remarcábeis semellanzas con outros réximes existentes nalgúns países de Europa e América, especialmente os réximes italiano e alemán, de corte totalitarista, e que reciben o nome de fascismo e nazismo, respectivamente. Un golpe de estado dado polo xeneral Francisco Franco o 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da Segunda República, fixo estalar unha guerra civil, que ao cabo envorcou no chamado réxime franquista.
Guerra civil 1936-1939
editar1936
editar- 29 de setembro: a Junta de Defensa Nacional nomea a Franco xefe de goberno do Estado Español asumindo así todos os poderes da nación.
1937
editar- 19 de abril: creación de FET y de las JONS, que será o partido único do Réxime, unindo organizacións carlistas e falanxistas.
1938
editar- 30 de xaneiro: Franco asume oficialmente os cargos de Xefe de Estado e de Goberno.
- 1 de febreiro: formación do primeiro goberno franquista.
Período autárquico 1939-1953
editar1939
editar- 1 de abril: finaliza a guerra civil española.
- 7 de abril: Mussolini invade Albania; Franco fai pública a súa adhesión ao Pacto Anticomintern.
- 19 de maio: Franco preside o desfile da Vitoria en Madrid.
- 10 de agosto: Franco forma un segundo goberno.
- 23 de agosto: fírmase o Pacto xermano-soviético.
- 1 de setembro: Hitler invade Polonia. Comezo da segunda guerra mundial.
- 4 de setembro: Franco proclama a non-belixerancia de España no conflito mundial.
- 18 de outubro: Franco abandona Burgos e instálase no Palacio de El Pardo en Madrid.
- 24 de novembro: Lei pola defensa da industria nacional.
- 30 de novembro: os soviéticos invaden Finlandia.
1940
editar- 1 de abril: Franco inaugura as obras do Val dos Caídos.
- 12 de xuño: firma a non-belixerancia de España no conflito mundial.
- 14 de xuño: tropas españolas entran e ocupan Tánxer.
- 20 de outubro: Franco recibe a Himmler en Madrid. Colaboración das dúas policías.
- 23 de outubro: entrevista de Franco e Hitler en Hendaia.
- 6 de decembro: créanse os Sindicatos verticais.
1941
editar- 15 de xaneiro: Afonso XIII abdica en favor do seu fillo Xoán de Borbón, conde de Barcelona.
- 12 de febreiro: entrevista entre Franco e Mussolini en Bordighera.
- 13 de febreiro: entrevista entre Franco e Pétain en Montpellier.
- 22 de xuño: os alemáns entran na URSS e o 28 comezan a recrutarse os primeiros voluntarios para a División Azul.
- 18 de decembro: Franco reconfirma a non-belixerancia de España.
1942
editar- 12 de febreiro: encontro de Franco e Salazar, en Sevilla.
- 22 de febreiro: falecemento de seu pai en Madrid.
- 17 de xullo: Franco proclama a Lei que instituía as Cortes.
- 3 de setembro: o ministro Serrano Suñer (seu cuñado) é substituído como Ministro da Gobernación polo xeneral Jordana.
- 8 de novembro: carta de Roosevelt a Franco, garantíndolle a integridade do territorio español.
1943
editar- 6 de febreiro: capitulación alemá en Stalingrado.
- Marzo: o Opus Dei é recoñecido polo Vaticano como unha institución comunitaria.
- 17 de marzo: Franco preside a primeira sesión das Cortes.
- Comezo de xuño: 27 monárquicos escriben a Franco para demandarlle a restauración da monarquía con Xoán de Borbón.
- 10 de xullo: desembarco de tropas aliadas en Sicilia.
- 25 de xullo: caída de Mussolini reclamada polo Concello Fascista.
- 8 de setembro: armisticio con Italia.
- 25 de setembro: Franco ordena a retirada da División Azul da fronte rusa.
1944
editar- 25 de xaneiro: Franco négase a anular os envíos de volframio a Alemaña.
- 1 de febreiro: os Aliados suspenden os envíos de petróleo a España.
- 6 de xuño: desembarco aliado en Normandía
- 25 de agosto: liberación de París.
- 19 de outubro: grupos antifranquistas recrutados en Francia atravesan os Pireneos.
- 31 de outubro: Franco recoñece o goberno provisional de Francia.
1945
editar- 19 de marzo: Xoán de Borbón fai público o Manifesto de Lausana no cal esixe a retirada do xeneral Franco.
- 12 de abril: falecemento de Roosvelt.
- 28 de abril: Mussolini é fusilado polos partisanos.
- 30 de abril: suicidio de Hitler.
- 8 de maio: capitulación de Alemaña.
- 14 de xullo: Franco fai aprobar polas Cortes o "Fuero de los españoles".
- 20 de xullo: formación dun novo goberno.
1946
editar- 1 de marzo: Francia pecha a fronteira con España.
- 4 de marzo: Franco é condenado por unha declaración en París, en Londres e en Washington.
- 9 de decembro: manifestación popular de apoio ao réxime de Franco na Praza de Oriente. Nas pancartas pódese ler:"Si ellos tienen ONU, nosotros tenemos dos".[1]
- 12 de decembro: a ONU recomenda a retirada dos embaixadores en Madrid. A proposta foi aprobada por 36 países, fronte a 6 en contra e 13 abstencións.[1]
1947
editar- 30 de marzo: Franco envia a Carrero Blanco a Estoril para someter a Xoán de Borbón o proxecto de Lei de Sucesión.
- 6 de xullo: apróbase por referendo, cun 93% de votos a favor, a Lei de Sucesión na Xefatura do Estado, que facía de España un reino.[2]
1948
editar- 10 de febreiro: reapertura da fronteira franco-española.
- 25 de agosto: Franco entrevístase con Xoán de Borbón a bordo do iate Azor.
- 24 de novembro: os monárquicos firman un acordo en San Xoán de Luz (Francia).
1949
editar- 4 de abril: nacemento da OTAN.[3]
- 3 de setembro: unha escuadra dos Estados Unidos fai escala no porto de Ferrol.
- 5 de setembro: o rei de Xordania é recibido por Franco.
1950
editar- 10 de abril: casamento no Pardo da súa filla Carmen con Cristóbal Martínez Bordiú.[4]
- 16 de xuño: aprobación definitiva pola Santa Sé (Vaticano) do Opus Dei.
- Agosto: os EUA fan un préstamo a España de 62 millóns de dólares.
- 25 de setembro: encontro de Salazar con Franco na Coruña.
- 4 de novembro: as Nacións Unidas anulan a prohibición diplomática para a admisión de España na FAO.
1951
editar- 25 de febreiro: Franco ofrece asilo ó mariscal Pétain.
- 1 de marzo: Franco recibe as cartas credenciais do embaixador dos Estados Unidos. Folga xeral en Barcelona.
- 19 de xullo: Franco forma un novo goberno onde integra por primeira vez a Carrero Blanco.
- 26 de xullo: os EUA fan outro novo préstamo de 100 millóns de dólares a España.
1952
editar- 15 de abril: Franco entrevístase con Salazar en Ciudad Rodrigo.
- 16 de maio: retíranse as cartillas de racionamento.
- 18 de novembro: España é admitida na UNESCO.
1953
editar- 15 de maio: Franco recibe a visita do presidente portugués Craveiro Lopes.
- 27 de agosto: firma do Concordato coa Santa Sé.
- 26 de setembro: firma do Pacto de Madrid, acordos económico-militares cos EUA.
Do fin da autarquía 1954-1958
editar1954
editar- 29 de decembro: reencontro de Xoán de Borbón e Franco en Las Cabezas de San Juan.
- 2 de abril: retorno a España dos primeiros prisioneiros da División Azul liberados pola URSS.
1955
editar- 5 de outubro: Franco inaugura a fábrica de automóbiles Seat en Barcelona.
- 1 de novembro: recibe en El Pardo a Foster Dulles.
- 8 de decembro: España é admitida na ONU. Créanse as Comisións Obreiras clandestinas en Cataluña e en Asturias.
1956
editar- 16 de febreiro: o ministro Ruíz Giménez é substituído no ministerio da Educación Nacional.
- 7 de abril: nas negociacións entre Franco e Mohamed V, España recoñece a independencia de Marrocos.
1957
editar- 26 de febreiro: Franco fai entrar no Goberno os primeiros tecnócratas do Opus Dei.
- 24 de setembro: inaugura o primeiro alto forno en Avilés.
- Do 22 ao 23 de novembro: unhas tropas irregulares marroquís invaden o territorio de Sidi Ifni, territorio que formaba parte da AOE (África Occidental Española).
- En decembro, o Sáhara é declarado provincia española.
1958
editar- 14 de xaneiro: Ifni é declarado provincia española
- 17 de maio: Franco presenta nas Cortes os Principios del Movimiento Nacional.
- Do 8 ao 24 de outubro: estancia de Franco en Barcelona.
- 28 de outubro: Xoán XXIII é elixido Papa.
Da "tecnocracia" e o "aperturismo" 1959-1975
editar1959
editar- 1 de xaneiro: entra en vigor o Mercado Común. Fidel Castro triunfa en Cuba.
- 1 de abril: Franco inaugura o Val dos Caídos.[5]
- 20 de xullo: España é admitida na Organización Europea para a Cooperación Económica.
- 22 de xullo: Franco anuncia o Plan de estabilización económica.
- 21 de decembro: recibimento en visita oficial do presidente Eisenhower.
1960
editar- 8 de marzo: execución do anarquista Antonio Abad Donoso.
- 29 de marzo: reencontro por segunda vez de Xoán de Borbón e Franco en Las Cabezas de San Juan.
- 30 de maio: carta dos 339 cregos vascos aos seus bispos.
- 26 de setembro: decreto cara a represión da bandidaxe en España.
1961
editar- 15 de maio: encíclica Mater et Magistra.
- 24 de decembro: Franco é vítima dun accidente de caza no Pardo.
1962
editar- 9 de febreiro: España demanda a apertura das negociacións co Mercado Común[6].
- 4 de maio: Franco decreta o estado de excepción no País Vasco e en Asturias.
- 14 de maio: voda do príncipe Xoán Carlos coa princesa Sofía de Grecia[7].
1963
editar- 17 de xaneiro: Franco crea por decreto o salario mínimo garantido.
- 3 de xuño: falecemento de Xoán XXIII.
- 21 de xuño: elección de Paulo VI.
- 4 de decembro: Franco inaugura o túnel do Guadarrama.
1964
editar- O réxime celebra os «25 Anos de Paz»
1965
editar- 11 de febreiro: encontro en Córdoba de Franco e de Hassan II, rei de Marrocos.
- 20 de abril: execución de Julián Grimau, dirixente do PCE.
- 7 de xullo: formación do seu oitavo goberno, con López Rodó como Ministro sen carteira no Plan de Desenvolvemento Económico.
- 24 de setembro: Castiella firma a prórroga dos acordos hispanoamericanos,
- 28 de decembro: I Plan de Desenvolvemento económico e social para catro anos.
1966
editar- 17 de xaneiro: catro bombas atómicas estadounidenses caen accidentalmente ao mar en Palomares.
- 15 de marzo: aprobación da Lei de Prensa e Imprenta de Fraga Iribarne.
- 22 de novembro: Franco presenta nas Cortes a Lei Orgánica do Estado.
- 14 de decembro: esta lei é aprobada por referendum por unha gran maioría.
1967
editar- 21 de abril: Franco decreta o estado de excepción en Biscaia.
- 21 de xullo: lei pola liberdade relixiosa.
- 28 de xullo: Franco destitúe ao xeneral Muñoz Grandes.
- 21 de setembro: Muñoz Grandes é substituído polo almirante Carrero Blanco como vicepresidente do Goberno.
1968
editar- 5 de xaneiro: o príncipe Xoán Carlos chega á maioría de idade constitucional requirida (30 anos).
- 8 de febreiro: con ocasión do bautizo do infante Filipe, Franco entrevístase en Madrid con Xoán de Borbón.
- 28 de marzo ata o 6 de maio: peche da Universidade de Madrid.
- 6 de maio: Franco manda bloquear a entrada por terra en Xibraltar. Comezo dos sucesos de maio en París.
- 3 de agosto: decreto do estado de excepción en Guipúscoa.
- 20 de agosto: tropas soviéticas entran en Checoslovaquia.
- 20 de decembro: Franco manda expulsar a familia carlista de Borbón-Parma.
1969
editar- 24 de xaneiro: Franco decreta o estado de excepción sobre todo o territorio nacional.
- 14 de marzo: comezo do II Plan de Desenvolvemento.
- 25 de marzo: fin do estado de excepción: supresión da censura previa.
- 28 de marzo: todos os delitos anteriores ao l de abril de 1939 son declarados proscritos (30 aniversario da vitoria).
- 15 de abril: falecemento da raíña Vitoria Uxía en Lausana.
- 22 de xullo: designación do príncipe Xoán Carlos como seu sucesor ao trono.
1970
editar- 6 de xuño: Franco recibe a De Gaulle no Pardo, nunha visita privada do expresidente de Francia.
- 29 de xuño: firma dos acordos comerciais da España-CEE.
- 27 de xullo: falecemento do presidente de Portugal, Salazar.
- 6 de agosto: renóvanse os acordos militares hispanoamericanos.
- 2 de outubro: visita de Nixon. Franco recíbeo en Madrid[8].
- 3 de decembro: apertura do proceso de Burgos contra dezaseis membros da ETA.
- 4 de decembro: Franco decreta outra vez o estado de excepción en Guipúscoa.
- 14 de decembro: decreta a suspensión das regras do habeas corpus.
- 17 de decembro: Franco é aclamado por unha gran manifestación popular na Praza de Oriente.
- 28 de decembro: veredicto de Burgos: nove penas de morte e máis de cincocentos anos de cárcere.
- 30 de decembro: Franco conmuta as seis penas de morte dos condenados de Burgos en reclusión a perpetuidade.
1971
editar- 14 de xuño: Franco restablece as regras do habeas corpus.
- 21 de xuño: acordo dos Seis pola adhesión do Reino Unido na CE.E.
- 16 de xullo: encarga que Xoán Carlos poida substituílo en caso de morte ou enfermidade
- 11 de setembro: falecemento de Khrushchev.
- 1 de outubro: Franco preside unha manifestación de apoio na Praza de Oriente.
- 25 de outubro: admisión da China na ONU.
- 19 de decembro: lectura do documento Xustiza e Paz, da Igrexa española.
- 30 de decembro: o bispado español é advertido publicamente por Franco.
1972
editar- Mes de marzo: III Plan de Desenvolvemento económico.
- 8 de marzo: voda da neta de Franco co infante Afonso de Borbón Danpierre.
- 10 de marzo: manifestacións de traballadores en Ferrol: 2 mortos.
- 18 de xullo: Franco nomea o almirante Carrero Blanco como futuro xefe de Goberno.
- 15 de setembro: acordos comerciais de España-URSS.
- 21 de decembro: bautizo de Francisco de Borbón, primeiro bisneto de Franco.
1973
editar- 1 de xaneiro : nacemento da Europa dos Nove.
- 25 de xaneiro: os príncipes de España visitan os Estados Unidos, invitados polo presidente Nixon
- 8 de abril: falecemento de Pablo Picasso.
- 1 de xuño: proclamación da República de Grecia.
- 8 de xuño: Franco nomea o almirante Carrero Blanco presidente do Goberno.
- 11 de setembro: golpe de estado militar en Chile. Asasinato ou suicidio de Salvador Allende.
- 20 de decembro: asasinato de Carrero Blanco nun atentado en Madrid por un comando de ETA: Fernández Miranda é nomeado presidente de Goberno interino.
- 29 de decembro: Carlos Arias Navarro é nomeado por Franco como o sucesor do almirante Carrero Blanco.
1974
editar- 15 de febreiro: Salvador Puig Antich é condenado á pena de morte. É executado o 2 de marzo.
- 23 de xuño: mitin en Xenebra do Partido Comunista de España.
- Mes de xullo: constitúese unha Junta Democrática, incluíndo desde comunistas a certos monárquicos españois.
- 9 de xullo: Franco é hospitalizado, por unha flebite.
- 19 de xullo: o estado de saúde de Franco agrávase e cede a título provisorio os seus poderes en Xoán Carlos.
- 2 de setembro: Franco, restablecido, recupera as funcións de Xefe de Estado.
- 10 de setembro: Arias Navarro anuncia unha política de liberalización.
- 13 de setembro: unha bomba estoupa na cafetería Rolando, xunto á madrileña Porta do Sol, causando 13 vítimas mortais e 80 feridos.
- 18 de setembro: a policía detén unha vintena de militantes vascos sospeitosos de participar no atentado da Porta do Sol.
- 30 de novembro: a Conferencia Episcopal reclama o recoñecemento dos dereitos de asociación, de reunión e de expresión.
1975
editar- 10 de febreiro: unha petición en nome da comisión nacional de Xustiza e Paz, firmada por cento sesenta mil personalidades reclamando unha amnistía xeral a todos os prisioneiros políticos.
- 4 de marzo: a dimisión do Ministro de Traballo, De la Fuente, provoca un cambio ministerial e un endurecemento do réxime.
- 25 de abril: Franco decreta o estado de excepción en Biscaia e Guipúscoa por causa duns atentados cometidos por ETA [9].
- 24 de xuño: Arias Navarro anuncia novas medidas anticomunistas.
- 30 de xuño: tensión entre Madrid e Rabat polo asunto do Sáhara español.
- 15 de xullo: Franco cualifica aos partidartios da democratización como cans que ladran.
- 18 de agosto: unha multitude de xente aclama o Exército no enterro dun policía asasinado o 14 por un comando do FRAP.
- 27 de agosto: Lei antiterrorista.
- 29 de agosto: dous militantes de ETA son condenados a pena de morte en Burgos.
- Mes de setembro: xorden chamadas á clemencia en todo o mundo dirixidas a Franco.
- 12 de setembro: tres militantes do FRAP, acusados de asasinato dun policía, son condenados a morte en Madrid.
- 15 de setembro: cinco militantes do FRAP, dous dos cales son mulleres embarazadas, son condenados a morte segundo procedemento sumarísimo.
- 19 de setembro: un militante da ETA é condenado a morte en Barcelona.
- 27 de setembro: cinco condenados son executados en Madrid, Burgos e Barcelona. A resulta disto celébranse numerosas manifestacións antifranquistas en países estranxeiros.
- 1 de outubro: tres policías son asasinados en Madrid [1]. Unha manifestación de apoio a Franco reuniu duascentas mil persoas na Praza de Oriente [2].
- 4 de outubro: os acordos militares hispanoamericanos son renovados por cinco anos.
- 17 de outubro: Franco doente, abandona o consello de ministros.
- 18 de outubro: novo atentado no País Vasco.
- 21 de outubro: comunicado oficial sobre a saúde do xeneral Franco: crise de insuficiencia coronaria aguda.
- 30 de outubro: o príncipe Xoán Carlos asume temporalmente as funcións de xefe de Estado.
- 1 de novembro: o rei de Marrocos inicia a Marcha Verde polo Sáhara español.
- 2 de novembro: o príncipe Xoán Carlos preséntase en El Aiún, no Sáhara.
- 3 de novembro: primeira operación cirúrxica de Franco no Pardo.
- 7 de novembro: Franco é trasladado ao hospital de La Paz e é operado por segunda vez. Os marroquinos entran pola fronteira do Sáhara español.
- 14 de novembro: Franco é operado por terceira vez. Acordo final sobre o Sáhara entre os representantes marroquinos, españois e mauritanos.
- 20 de novembro: falecemento de Franco.
- 22 de novembro: exequias do xeneral Franco no Val dos Caídos.
- 23 de novembro: xuramento do rei Xoán Carlos I ante as Cortes españolas.
- 26 de novembro: Decreto da Lei de indulto.
Galería de imaxes
editar-
Bandeira franquista
-
Aguia franquista
-
Visita de Franco a Reus
-
Simboloxía da vitoria franquista
-
Placa da "Avenida del generalísimo"
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Gómez Pérez 1986, p. 27
- ↑ Redacción (8 de xullo de 1947). "Madrid en el Referendum". ABC (en castelán) (Madrid). Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ "The North Atlantic Treaty". nato.int (en inglés). 4 de abril de 1949 [actualizado: 10 de abril de 2019]. Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ Casamento da filla de Franco (11/5/1950) ABC (en castelán).
- ↑ Inauguración do Val dos Caidos, Portada do ABC do 2 de abril de 1959
- ↑ Diario ABC do 10 de febreiro de 1962
- ↑ Exemplar do ABC do 15 de maio de 1962
- ↑ Xornal ABC do 3 de outubro de 1970
- ↑ BOE do 26.04.1975.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cronoloxía do franquismo |
Bibliografía
editar- Bennassar, Bartolomé (1995). Franco (en francés). París: Perrin. ISBN 9782262010256.
- Bennassar, Bartolomé (1999). Franco - Enfance Et Adolescence. Colección: Naissance D'un Destin. París: Editions Autrement. ISBN 2-86260-908-0.
- Fusi, Juan Pablo (2005). Franquismo: el juicio de la historia (en castelán). Madrid: Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-464-8.
- Gómez Pérez, Rafael (1986). El franquismo y la Iglesia (en castelán). Madrid: Rialp. ISBN 9788432123436.
- Peyregne, Françoise (2001). L'Espagne du XXème siècle : le franquisme. Colección: Les essentiels de civilisation (en francés). París: Ellipses. ISBN 9782729879846.
- Cortade, André (xullo 2007). "1000, Histoire désordonnée du MIL". Divergences. Revue libertaire internationale en ligne (en francés) (París: Éditions l’Échappée) (8).