Sofía de Grecia
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Sofía de Grecia (Sofía Margarida Vitoria Federica de Schleswig-Holstein-Sönderborg-Glücksburg), nada en Atenas o 2 de novembro de 1938, é princesa de Grecia e Dinamarca e a raíña consorte de España polo seu matrimonio con Xoán Carlos I de España desde o 22 de novembro de 1975 ata o 19 de xuño de 2014, data da abdicación do Rei e do acceso á xefatura do Estado do seu fillo Filipe VI. Ostenta de forma vitalicia o título honorífico de Raíña.
Sofía de Grecia | |
---|---|
Raíña consorte de España e princesa de Grecia e Dinamarca. | |
![]() | |
Sofía de Grecia, raíña de España (2003). | |
Nome completo | Sofía Margarita Victoria Federica de Schleswig-Holstein-Sönderborg-Glücksburg |
Nacemento | 2 de novembro de 1938 (85 anos) Atenas, Grecia ![]() |
Predecesor | Vitoria Uxía de Battenberg |
Sucesor | Letizia Ortiz |
Cónxuxe/s | Xoán Carlos I de España |
Descendencia | |
Casa real | Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg |
Proxenitores | Paulo I de Grecia Federica de Hannover |
Na rede | |
![]() ![]() | |
Xenealoxía editar
Sofía é a filla primoxénita de Paulo I, rei dos Helenos, e da súa esposa Federica de Hannover. O rei Paulo era o fillo de Constantino I de Grecia e da súa muller Sofía, nada princesa de Prusia. Federica era a filla de Ernesto Augusto de Hannover e da súa muller, Luísa Vitoria de Prusia, sobriña da propia raíña de Grecia, polo que o rei Paulo era curmán da nai da súa propia muller.
Traxectoria editar
Durante a súa infancia, en 1941, tivo que abandonar Grecia xunto a toda a súa familia por mor da invasión alemá durante a segunda guerra mundial, permanecendo no Cairo, Exipto e Suráfrica ata a súa volta en 1946. Aos poucos meses, o 1 de abril de 1947, o rei Xurxo II morreu e ocupou o trono o seu irmán, Paulo I, pai de Sofía. A princesa cursou estudos de pediatría, música e arqueoloxía. Traballou de enfermeira nunha maternidade de Atenas. Formou parte como suplente da selección grega de vela durante os Xogos Olímpicos de 1960, celebrados en Roma.
O 8 de xuño de 1961 asistiu en Londres á voda dos duques de Kent, onde coincidiu co entón príncipe Xoán Carlos de Borbón y Borbón. Un ano máis tarde, o 14 de maio de 1962, contraeron matrimonio en Atenas polos ritos católico e ortodoxo.
O matrimonio tivo tres fillos:
- S.A.R. a Infanta Elena n. 20 de decembro de 1963.
- S.A.R. a Infanta Cristina n. 13 de xuño de 1965.
- S.A.R. Filipe, príncipe de Asturias, n. 30 de xaneiro de 1968.
O 19 de xullo de 1969, Francisco Franco designou ao príncipe Xoán Carlos como sucesor a título de Rei, polo cal, e ata o momento da súa ascensión ao trono, tanto Xoán Carlos como a súa esposa ostentarían a dignidade de Príncipes de España, evitando a tradicional de Príncipes de Asturias. Trala morte de Franco, Xoán Carlos de Borbón foi proclamado Rei de España, o 22 de novembro de 1975, sendo Sofía a raíña consorte.
A Raíña é Académica de Honor da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia da Historia. Recibiu o Doutoramento Honoris Causa polas Universidades de Rosario (Bogotá), Valladolid, Cambridge, Oxford, Georgetown, Évora e Nova York. Algunhas institucións culturais e musicais españolas levan o seu nome, como a Escola Superior de Música Raíña Sofía, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía ou o Palacio das Artes Reina Sofía de Valencia. Do mesmo xeito que o de toda a familia real helena, a súa orixe familiar é fundamentalmente danesa, con importantes alianzas alemás e rusas.
Títulos editar
Esta é unha lista de títulos e tratamentos que a raíña ostentou desde o seu nacemento:
Distincións honoríficas españolas editar
- Dama gran colar da Real e Distinguida Orde de Carlos III.
- Dama da Orde das Damas Nobres de María Luisa.
Ascendencia editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Sitio web oficial da Casa Real (en castelán)
- Fundación Reina Sofía (en castelán)
- Árbore xenealóxica da Raíña Sofía
- Biografía oficial (en castelán)
Predecesor: Novo título |
Princesa consorte de España 1962 - 1975 |
Sucesor: Desaparición do título |
Predecesor: Vitoria Uxía de Battenberg |
Raíña consorte de España 1975 - 2014 |
Sucesor: Letizia Ortiz |