Sofía de Prusia

aristócrata alemá

Sofía Dorothea Ulrike Alice, nada no Palacio Novo de Potsdam o 14 de xuño de 1870 e finada en Frankfurt o 13 de xaneiro de 1932, foi princesa de Prusia, princesa de Alemaña e raíña consorte de Grecia tras a súa voda con Constantino I de Grecia. Os seus pais foron o emperador Frederico III de Alemaña e a princesa real Vitoria, princesa do Reino Unido.

Sofía de Prusia
Nome completoSofía Dorothea Ulrike Alice
Nacemento14 de xuño de 1870
Lugar de nacementoPotsdam
Falecemento13 de xaneiro de 1932 (61 anos)
Lugar de falecementoFrankfurt
Causacancro
SoterradaCemiterio Real de Tatoi
NacionalidadeAlemaña
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónrealeza
PaiFrederico III de Alemaña
NaiVitoria, princesa do Reino Unido
CónxuxeConstantino I de Grecia
FillosXurxo II de Grecia, Alexandre I da Grécia, Helena da Grécia, Paulo I de Grecia, Irene da Grécia e Princess Katherine of Greece and Denmark
IrmánsGuillerme II de Alemaña, Segismundo da Prússia (1864–1866), Waldemar da Prússia, Henrique da Prússia, Carlota da Prússia, Vitória da Prússia e Margarida da Prússia
PremiosReal Cruz Vermelha
Na rede
WikiTree: Hohenzollern-34 Find a Grave: 8143038 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sofía de Prusia

Foi educada directamente pola súa nai, quen lle inculcou certos sentimentos anglófilos.

O 27 de outubro de 1889 casou co príncipe Constantino de Grecia, futuro Constantino I. A voda celebrouse en Atenas, aínda que o compromiso pasara por dificultades na corte de Berlín, especialmente por que era mal visto que unha princesa luterana casase cun ortodoxo.

Os príncipes tiveron seis fillos:

Considerouse como influente no seu esposo o rei, sobre todo nos sentimentos prol-alemáns que Constantino mostrou durante a primeira guerra mundial.

O 11 de xullo de 1917 tivo que abandonar o país xunto co seu marido cara a Suíza, tras complicacións políticas. En 1920 regresaron a Grecia por motivo dos funerais do seu fillo Alexandre e ese mesmo ano o rei Constantino retomou o poder, para abdicar tan só dous anos despois, en 1922, e enseguida partir novamente ao exilio, esta vez a Italia.

Sofía quedou viúva en 1923. Ela falecería de cancro na cidade alemá de Frankfurt, en 1932.