Tomislav II de Croacia

Tomislav II de Croacia, tamén coñecido como S.A.R. o príncipe Aimón Roberto Margarita María Xoán Turín (italiano: Aimone Roberto Margherita Maria Giovanni Torino), nado en Turín o 9 de marzo de 1900 e finado en Buenos Aires o 29 de xaneiro de 1948, foi Rei de Croacia e cuarto Duque de Aosta

Infotaula de personaTomislav II de Croacia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hr) Tomislave II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1900 Editar o valor em Wikidata
Turín (Reino de Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Superga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Monarca Estado independente de Croacia
18 de maio de 1941 – 31 de xullo de 1943 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1948)
Reino de Italia (1900–1946) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , político , montañista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRegia Marina Italiana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militaralmirante Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque de Aosta Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Savoia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIrene de Grecia (1939–1948)
FillosPrince Amedeo, 5th Duke of Aosta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisManuel Filiberto de Savoia-Aosta Editar o valor em Wikidata  e Helena de Orleães (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAmadeu II de Savoia-Aosta Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1688688 WikiTree: Savoia-60 Find a Grave: 61569675 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Foi o segundo fillo do Príncipe Manuel Filiberto, segundo Duque de Aosta e da Princesa Helena Luísa de Francia (filla do Conde de París, Xefe da Casa Real de Francia e da princesa María Isabel de Orleáns, Infanta de España). O seu bisavó foi o Rei Vítor Manuel II de Italia, e o seu avó foi Amadeu I de España. O 22 de setembro de 1904, a moi curta idade foille outorgado o título de Duque de Spoleto.[1]

O 1 de xullo de 1939 o Príncipe Aimón de Savoia casou coa princesa Irene de Grecia, filla do Rei Constantino I de Grecia e a Princesa Sofía de Prusia, en Florencia. Tiveron un fillo, o Príncipe Amadeu, quinto Duque de Aosta, o 27 de setembro de 1943.

O 18 de maio de 1941, Aimón de Savoia foi proclamado Rei do Estado Independente de Croacia baixo o nome de Tomislav II. Este proxectado Reino de Croacia foi un estado controlado efectivamente por Italia e Alemaña que cubría a maioría de Croacia e a actual Bosnia e Herzegovina.

A pesar da proclamación feita polos croatas e do auspicio da Italia fascista, Aimón de Savoia comprendeu que na práctica o novo Estado croata era un simple monicreque dos alemáns e que o litoral de Dalmacia sería sempre unha fonte de controversia ítalo-croata, en tanto el mesmo consideraba imposible "italianizar" a costa dálmata.[2] De feito, o novo monarca nunca tivo poder efectivo no territorio croata nin o quixo visitar algunha vez (principalmente por razóns de seguridade ante gromos de insurxencia).[3] O propio ministro de Mussolini, Galeazzo Ciano, anotou no seu diario en 1942 que o príncipe Aimón "estaba orgulloso de ser Rei de Croacia pero non tiña unha idea clara sobre o que debe facer e sente algo molesto por iso".[4] Por estes factores Aimón de Savoia non tivo reparos en abdicar o 21 de xullo de 1943 e posteriormente a renunciar á coroa croata o 12 de outubro, cando Italia xa se retirou da guerra.[2][5][6]

Tras a firma do armisticio entre Italia e os aliados, Aimón toma partido polo seu primo o rei de Italia Vítor Manuel III e colabora coa Lugartenencia que establece o príncipe herdeiro Humberto II, baixo supervisión dos aliados. Á súa vez a súa esposa e o seu fillo son detidos no norte de Italia por orde dos nazis e confinados en Hirschegg (Alemaña) onde permaneceron, en condicións moi precarias, até a súa liberación en abril de 1945.

O Príncipe Aimón converteuse no cuarto Duque de Aosta o 3 de marzo de 1942, tras a morte do seu irmán máis vello, o Príncipe Amadeu de Savoia, Terceiro duque de Aosta, nun campo de prisioneiros de guerra británico en Nairobi tras ser apresado en Etiopía en 1941. Aimón partiu ao exilio tras a proclamación da república italiana en 1946 e morreu o 29 de xaneiro de 1948 en Bonos Aires, Arxentina.

Probablemente, se o plebiscito de maio de 1946 para elixir entre monarquía e república, que se celebrou para definir a organización política de Italia tras a caída de Mussolini e Humberto II, tivese unha posición a favor dunha monarquía liderada por Aimón de Aosta, posiblemente non triunfase a opción republicana. Actualmente o seu fillo Amadeu de Aosta considérase o lexítimo pretendente ao trono de Italia ao non producirse a renuncia aos seus dereitos dinásticos por parte de Aimón, mentres que si o fixo o último rei italiano, Humberto II.[7]

Distincións honoríficas

editar
  •   Soberano Gran mestre da Orde da Coroa do Rei Zvonimir (Reino de Croacia, 1941).
  •   Soberano Gran mestre da Orde militar do Trevo de Hierro. (Reino de Croacia, 1941).
  •   Soberano da Orde ao Mérito de Croacia (Reino de Croacia, 1942).
  •   Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1921).
  •   Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1921).
  •   Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (Reino de Italia, 1921).
  •   Cabaleiro da Orde Civil de Savoia (Reino de Italia).
  •   Medalla de Prata ao Valor Militar (Reino de Italia).
  •   2 Medallas de Bronce ao Valor Militar (Reino de Italia).
  •   Cruz de Guerra ao Valor Militar (Reino de Italia).
  •   Medalla de Honra pola Prolongada Navegación Marítima [20 anos de servizo] (Reino de Italia).
  •   Medalla Conmemorativa da Vitoria (Reino de Italia, 1918).
  •   Cabaleiro de honra e devoción da Orde de Malta.
  1. Nobleza Mediterránea
  2. 2,0 2,1 Davide Rodogno (2006).
  3. Jozo Tomasevich (2001).
  4. Galeazzo Ciano (1947).
  5. Richard G. Massock (2007).
  6. Stevan K. Pavlowitch (2008).
  7. http://www.abc.es/hemeroteca/historico-30-05-2004/abc/Home/victor-manuel-de-saboya-y-amadeo-de-aosta-a-golpes-por-un-trono_9621774496098.html

Véxase tamén

editar
Predecesor:
Carlos IV
 
Rei de Croacia

18 de maio de 1941 - 31 de xullo de 1943
Sucesor:
Vacante
Predecesor:
Amadeu II
 
Duque de Aosta

3 de marzo de 1942 - 29 de xaneiro de 1948
Sucesor:
Amadeu III