Victoria de Marichalar y Borbón
Victoria Federica de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, nada en Madrid o 9 de setembro de 2000[1], é a segunda filla da infanta Elena, duquesa de Lugo, e Jaime de Marichalar. É neta dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriña dos reis Filipe VI e Letizia Ortiz.
Foi nomeada Victoria pola súa tataravoa a raíña Vitoria Uxía de Battenberg, esposa de Afonso XIII de España, e Federica pola súa bisavoa Frederica de Hannover, esposa de Paulo I de Grecia, e Todos os Santos como é costume na Casa Real.[1] Os seus padriños foron o seu tío materno, o entón príncipe Filipe, e a súa tía paterna, Ana de Marichalar e Sáenz de Tejada.[2]
Victoria é a quinta na liña de sucesión ao trono español, por detrás das súas curmás Leonor e Sofía de Borbón, a súa nai e o seu irmán máis vello Felipe Juan Froilán.[3] Como filla dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.