María das Mercés de Borbón-Dúas Sicilias

María das Mercés de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, nada en Madrid o 23 de decembro de 1910 e finada en Lanzarote o 2 de xaneiro de 2000, foi princesa das Dúas Sicilias, princesa da Casa de Borbón coas mesmas dignidades e honras que os infantes de España (concesión de Afonso XIII ao nacer), infanta de España e condesa de Barcelona por matrimonio (1935-2000).

Modelo:BiografíaA Súa Alteza Real Editar o valor en Wikidata
María das Mercés de Borbón-Dúas Sicilias

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) María de las Mercedes de Borbón y Orleans Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Lanzarote, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfanta (1935–)
Princess of Bourbon-Two Sicilies (en) Traducir
Condesa consorte de Barcelona Editar o valor en Wikidata
FamiliaPrincesas de Bourbon-Duas Sicílias pelo casamento (pt) Traducir e Casa de Borbón-Anjou Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXoán de Borbón e Battenberg (1935–1993) Editar o valor en Wikidata
FillosPilar de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, Xoán Carlos I de España, Margarida de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, Afonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos de Bourbon-Duas Sicílias Editar o valor en Wikidata  e Luísa de Orléans Editar o valor en Wikidata
IrmánsAfonso, Duque da Calábria
Infante Ferdinand of Spain
Isabel Alfonsa de Bourbon
Princess María de los Dolores of Bourbon-Two Sicilies
María de la Esperanza de Borbón-Dos Sicilias
Prince Carlos of Bourbon-Two Sicilies Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
12 de outubro de 1935Wedding of Infante Juan of Spain and Princess María de las Mercedes of Bourbon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX878535 WikiTree: De_Borbón-Dos_Sicilias_y_Orléans-1

Primeiros anos de vida

editar
 
Escudo da infanta de España María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, Condesa de Barcelona como consorte do Pretendente ó Trono de España e Xefe da Casa Real, (1941-1977).

Bautizada como María de las Mercedes Cristina Genara Isabel Luisa Carolina Victoria de Todos los Santos, era filla do infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias (1870-1949) e da súa segunda esposa, a princesa Luisa de Orleans (1882-1958) que foi filla do príncipe Filipe de Orleans, conde de París e de María Isabel de Orleans, infanta de España por parte de nai e princesa de Orleans por parte de pai.

Naceu no denominado Palacio de Villamejor, no cal residían os seus pais e que é a actual sede do Ministerio de Administracións Públicas, Paseo da Castellana, 3, de Madrid. Unha placa no edificio recorda este feito. En 1929 foille concedida a Banda da Real Orde da Raíña María Luisa.

Viviu en Madrid durante os primeiros anos da súa vida. Trasladouse a Sevilla (cidade pola que sentiu especial predilección) co resto da súa familia cando o seu pai foi destinado á capital andaluza como capitán xeneral da rexión militar correspondente. En 1931 por mor da proclamación da II República partiu cara ao exilio en Francia xunto á súa familia, residiu primeiro en Cannes e posteriormente en París.

Matrimonio e fillos

editar

En 1935 con motivo da voda da infanta Beatriz, irmá de Xoán de Borbón, María das Mercés atopouse ao seu futuro marido en Roma. O infante Xoán de Borbón, conde de Barcelona, converteuse en sucesor dos dereitos dinásticos do seu pai Afonso XIII pola renuncia do seu dous irmáns máis vellos, e xa que logo, en Xefe da Casa Real Española e pretendente ao trono de España. El e María das Mercedes non se viron desde a proclamación da II República. O 12 de outubro de 1935 contraeron matrimonio na basílica de Santa María dos Anxos e os Mártires en Roma. Tiveron catro fillos:

Importancia pública

editar

Xoán de Borbón e María das Mercés residiron en Cannes (onde naceu a súa primoxénita, Pilar), Roma (onde naceron os seus outros tres fillos). Ao desencadearse a segunda guerra mundial, trasladáronse a Lausana (na neutral Suíza) para vivir xunto á raíña Vitoria Uxía, nai de Xoán de Borbón. Finalizado o conflito, fixaron a súa residencia en Estoril (Portugal), onde permaneceron ata o seu regreso a España en 1976, restaurada a monarquía por Franco. Durante o seu exilio María das Mercés visitou España nalgunhas ocasións: en 1949, para acudir ao enterro do seu pai en Sevilla, en 1964 para asistir ao bautizo da súa neta a infanta Elena e en 1969 acudiu ao do seu neto Filipe VI, actual Rei de España.

María das Mercés mediou entre o seu fillo e marido, distanciados por mor da designación de Xoán Carlos como sucesor por parte do xeneral Franco en 1969. O 14 de maio de 1977, Xoán de Borbón renunciou á xefatura da Casa Real Española e aos seus dereitos sucesorios en favor do seu fillo o rei Xoán Carlos I, monarca desde o 22 de novembro de 1975 até o 19 de xuño de 2014.

Xoán de Borbón e María das Mercés conservaron o título de condes de Barcelona que xa utilizaran durante o seu exilio.

Últimos anos de vida

editar

María das Mercés fracturou a cadeira dereita en 1982 e o fémur esquerdo en 1985, accidentes que lle fixeron ter que utilizar unha cadeira de rodas. O 1 de abril de 1993 morreu Xoán de Borbón a consecuencia dun cancro de larinxe.

A Condesa de Barcelona foi unha muller afeccionada á pintura, a música, a cultura andaluza e as touradas. Ademais, foi socia de honra do Real Betis.

Desde o seu regreso a España viviu sempre na urbanización Puerta del Hierro de Madrid, no chalé "Villa Giralda", coma no que vivira en Estoril. María das Mercés faleceu repentinamente o 2 de xaneiro de 2000 aos 89 anos por mor dun ataque cardíaco na Residencia Real de La Mareta, na illa canaria de Lanzarote, onde acudira toda a Familia Real para pasar uns días de descanso polo Aninovo. Foi enterrada no Mosteiro de El Escorial.

Títulos

editar
 
Escudo de María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, Condesa de Barcelona despois da renuncia do seu marido como Pretendente ó Trono de España, (1977-2000).

Antepasados

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Francisco I, Rei das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
8. Fernando II, Rei das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Infanta María Isabel de España
 
 
 
 
 
 
 
4. Príncipe Alfonso, Conde de Caserta
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Arquiduque Carlos, Duque de Teschen
 
 
 
 
 
 
 
9. Arquiduquesa María Teresa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Princesa Enriqueta de Nassau-Weilburg
 
 
 
 
 
 
 
2. Infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias, Duque de Calabria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Francisco I, Rey de las Dos Sicilias (= 16)
 
 
 
 
 
 
 
10. Príncipe Francisco, conde de Trapani
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Infanta María Isabel de España (= 17)
 
 
 
 
 
 
 
5. Princesa María Antonieta de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Leopoldo II, Gran Duque de Toscana
 
 
 
 
 
 
 
11. Princesa María Isabel de Toscana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Princesa María Antonieta das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
1. Princesa María Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, Condesa de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Luis Filipe I, Rei dos Franceses
 
 
 
 
 
 
 
12. Príncipe Fernando Felipe, Duque de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Princesa María Amalia das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
6. Príncipe Filipe, Conde de París
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Federico Luís, Gran Duque herdeiro de Mecklemburgo-Schwerin
 
 
 
 
 
 
 
13. Duquesa Elena Luisa de Mecklemburgo-Schwerin
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Princesa Carolina Luisa de Saxonia-Weimar-Eisenach
 
 
 
 
 
 
 
3. Princesa Luisa de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Luis Felipe I, Rei dos Franceses (= 24)
 
 
 
 
 
 
 
14. Príncipe Antonio, Duque de Montpensier
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Princesa María Amalia das Dúas Sicilias (= 25)
 
 
 
 
 
 
 
7. Princesa María Isabel de Orleans
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Fernando VII, Rei de España
 
 
 
 
 
 
 
15. Infanta Luísa Fernanda de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Princesa María Cristina das Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar