Margarida de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias
Margarida de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, cuxo nome completo é Margarita María de la Victoria Esperanza Jacoba Felicidad Perpetua de Todos los Santos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias nada en Roma o 6 de marzo de 1939, é unha nobre española, nomeada Infanta de España polo Real decreto 1368/1987, de 6 de novembro.[1] Filla de Xoán de Borbón, conde de Barcelona e de María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, é irmá do anterior rei de España, Xoán Carlos I e da infanta Pilar. Ten o tratamento de Alteza Real, e é ademais, Duquesa de Soria e de Duquesa de Hernani. A infanta Margarita é invidente desde o seu nacemento.
Margarida de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias | |
---|---|
Infanta de España, Duquesa de Soria e Duquesa de Hernani. | |
Os Duques de Soria e Hernani | |
Nome completo | Margarita María de la Victoria Esperanza Jacoba Felicidad Perpetua de Todos los Santos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias |
Nacemento | 6 de marzo de 1939 Roma, Italia |
Consorte | Carlos Emilio Zurita y Delgado |
Descendencia |
|
Casa real | Casa de Borbón |
Proxenitores | Xoán de Borbón María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias |
Na rede | |
Dereitos de sucesión editar
Renunciou aos seus dereitos de sucesión ao trono español ao contraer matrimonio cunha persoa allea a algunha familia real como estipulaba a Pragmática Sanción do rei Carlos III sobre matrimonios dos membros da familia real. Esta renuncia, producida con anterioridade á aprobación da Constitución e á reinstauración da monarquía, non foi ratificada polas Cortes Xerais. Aínda que a norma de Carlos III quedou abolida de facto coa proclamación da II República, a maioría de expertos na materia consideran que tanto Margarita como a súa irmá e todos os seus descendentes quedaron excluídos da liña sucesoria pero esta situación non foi confirmada oficialmente.
Traxectoria editar
Contraeu matrimonio na igrexa de San Antonio de Estoril, Portugal, o 12 de outubro de 1972 co médico Carlos Emilio Zurita y Delgado. O matrimonio tivo dous fillos:
- Alfonso Juan Carlos Zurita y de Borbón (nado o 9 de agosto de 1973), Grande de España.
- María Sofía Emilia Carmen Zurita y de Borbón (nada o 16 de setembro de 1975), Grande de España.
O 6 de xaneiro de 1979, Margarita herdou o título de duquesa de Hernani ao falecer un tío afastado seu, Manfredo de Borbón, primeiro duque de Hernani. O seu irmán concedeulle o título vitalicio de duquesa de Soria o 23 de xuño de 1981.
En 1989 creou xunto ao seu esposo a Fundación Cultural Duques de Soria con sede no antigo convento da Mercé de Soria. Margarita tamén é presidenta honoraria da delegación en España de UNICEF, da Fundación Española do Corazón e da Federación Española de Hemofilia.
Distincións honoríficas editar
- Dama Gran Cruz da Real e Distinguida Orde de Carlos III.
- Dama da Real Orde de Damas Nobres da Raíña María Luísa.