Estoril

Coordenadas: 38°42′24″N 9°23′52″O / 38.70667, -9.39778

Estoril é unha vila portuguesa, pertecente ao concello de Cascais. Cunha área de 8,79 km², en 2011 tiña 26.397 habitantes, cunha densidade de 3003,1 hab./km². Até 2013 foi unha freguesía de seu, pasando nese ano á União das Freguesias de Cascais e Estoril[1].

Estoril
Pt-csc1.png
CSC-estoril.png
Praia do Tamariz - Estoril.jpg
Localización
LocalCascais.svg
PaísPortugal Portugal
RexiónLisboa
SubrexiónGrande Lisboa
DistritoLisboa
ConcelloCascais
Xeografía
Superficie8,79 km²
Demografía
Poboación26.397 hab. (2011)
Densidade3.003,1 hab/km²
XentilicioEstorilense

Está situado moi preto de Lisboa. Entre os seus puntos de interese está o Parque Natural de Sintra-Cascais, o maior casino de Europa, o Autódromo do Estoril e varios campos de golf.

HistoriaEditar

Segundo algunhas fontes, o topónimo Estoril deriva etimoloxicamente do termo "estéril", ou deshabitado.

Comezou a acadar sona a comezos do século XX da man de Fausto Cardoso de Figueiredo, propietario da concesión de explotación de xogo, e do seu sócio, Augusto Carreira de Sousa. En 1913 comezou o proxecto para lanzar Estoril como centro turístico, que foi atrasado pola primeira guerra mundial. O 16 de xaneiro de 1916 colocouse a primeira pedra do casino de Estoril. Construíronse vivendas e infraestruturas en terreos anteriormente ocupados por piñeirais e terras agrícolas.

A partir de 1940 aumentou a súa popularidade grazas a unha nova estrada pegada ao mar. Durante a segunda guerra mundial e despois dela recibiu numerosos refuxiados e exiliados, como Xoán de Borbón, e os Reis Humberto II de Italia, Carlos II de Romanía e Simeón II de Bulgaria, o rexente Miklós Horthy do Reino de Hungría, amais de figuras do panorama deportivo e cultural. En 1956 o príncipe Xoán Carlos matou accidentalmente o seu irmán Alfonso.

Na poboación de São João do Estoril tiña a súa residencia de vacacións o Presidente do Consello de Ministros António de Oliveira Salazar. Na súa época como tal, construíuse a Estrada Nacional n.º 6, máis coñecida como Avenida Marginal.

PoboaciónsEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar