Pacto Anticomintern

O Pacto Anticomintern, Antikomintern ou Anti-Komintern asinouse o 25 de novembro de 1936 entre o Imperio do Xapón e a Alemaña nazi, onde ambas as nacións se comprometeron a tomar medidas para protexerse da ameaza da Internacional Comunista (Komintern).

Pacto Anticomintern
En vermello escuro, os Estados-nación máis os territorios ocupados baixo Estados asinantes, en rosado, Estados ou territorios fantoche dos asinantes.
Creación25 de novembro de 1936
Ratificación25 de novembro de 1941
Signatarios(Véxase o mapa). Alemaña nazi, Reino de Italia, España franquista, Reino de Romanía goberno de (Ion Antonescu), Bulgaria, Checoslovaquia (goberno eslovaco de Jozef Tiso), Dinamarca, Croacia, Imperio do Xapón (goberno do Emperador Hirohito), Imperio Manchukuo e goberno chinés Nanjing de Wang Jingwei, Finlandia, Turquía, República de Finlandia (goberno de Kyösti Kallio, Reino de Hungría (goberno de Miklós Horthy)

Historia e contido editar

 
O embaixador xaponés Kintomo Mushakoji e o ministro alemán Joachim von Ribbentrop na firma do pacto.

O pacto, basicamente, era específico para garantir a capacidade do "Eixe" para atacar unha potencial ameaza soviética en dúas frontes: ao Leste con Alemaña e ao Oeste con Xapón, tentando deter o avance da Unión Soviética e pro-Revolucións da Unión Soviética en Asia.[1]

En caso de ataque da Unión Soviética contra Alemaña ou Xapón, estes dous últimos comprometéronse a consultar as medidas a tomar para protexer os seus intereses comúns. Tamén acordaron que ningún dos dous concluiría tratados políticos coa Unión Soviética. Alemaña, ademais, aceptou recoñecer a Manchukuo, o Estado-fantoche xaponés en Manchuria. En 1937, Italia uniuse ao Pacto, formando o grupo que máis tarde sería coñecido como o Eixo. En 1939 incorporáronse España, Hungría e Manchukuo. A pesar do pacto de non agresión xermano-soviético de 1939 (pacto Molotov-Ribbentrop) e do tratado de neutralidade asinado por Toquio con Moscova, o pacto foi renovado por outros cinco anos en novembro de 1941.

Notas editar

  1. Weinberg, Gerhard (1970). The Foreign Policy of Hitler's Germany Diplomatic Revolution in Europe 1933–36. Chicago. ISBN 0226885097. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.