Estado monicreque

(Redirección desde «Estado fantoche»)

Estado monicreque, estado fantoche ou goberno fantoche son termos utilizados despectivamente para referirse a un estado ou goberno que debe a súa existencia (ou outra cuestión importante) á instauración, apoio ou control por parte dunha entidade máis poderosa, tipicamente unha potencia estranxeira.[1]

Protesta contra a Guerra de Vietnam. O home de pé, cun cartel que o identifica como o imperialismo estadounidense, manexa unha marioneta identificada como o fantoche de Saigón, en referencia a Vietnam do Sur.

O termo é partidista e propenso a conflitos semánticos, e é usado case exclusivamente polos detractores de tales gobernos, independentemente de que a maioría dos cidadáns afectados recoñeza a clasificación ou se opoña a ese tipo de goberno. Con frecuencia, un estado ou goberno é denominado fantoche por un goberno rival que emprega o termo para cuestionar a lexitimidade dese goberno. Ademais, adoita implicar a falta de lexitimidade dese goberno, desde o punto de vista do que usa o termo.

Por exemplo, os gobernos de Corea do Norte e Corea do Sur utilizaron ao longo da súa historia con frecuencia a retórica de que eles son en realidade os únicos gobernantes da península e de que o outro goberno é simplemente un fantoche da Unión Soviética ou dos Estados Unidos, respectivamente.

Notas editar

  1. Marek, Krystyna (1954). Identity and Continuity of States in Public International Law. Librairie Droz. p. 178. ISBN 9782600040440. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar