Carlos Arias Navarro
Carlos Arias Navarro, nado en Madrid o 11 de decembro de 1908 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1989, foi un avogado e político español.
Carlos Arias Navarro | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 11 de decembro de 1908 |
Madrid | |
Falecemento | 27 de novembro de 1989 |
Madrid | |
Organización | Coa chegada da democracia, presentouse ás primeiras eleccións con Alianza Popular |
Alma máter | Universidade de Madrid, Universidade Complutense de Madrid e Instituto Cardenal Cisneros |
Relixión | Igrexa católica |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Funcionario do Ministerio de Xustiza en 1929 e avogado fiscal en Málaga e Madrid, aproximouse ao bando dos sublevados durante a guerra civil española. Durante a guerra exerceu de fiscal dos nacionais en Málaga, sendo coñecido co alcume de "El carnicerito de Málaga", debido á súa responsabilidade en miles de asasinatos "legais". Gobernador civil de León (1944), e posteriormente en Tenerife e Navarra. En 1957 foi nomeado director xeral de Seguridade, ata que en 1965 chegou a alcalde de Madrid, ao tempo que era procurador en Cortes polo terzo de municipios e tamén conselleiro nacional do Movimiento. En xuño de 1973 ocupou o posto de ministro de Gobernación.
Ao pouco, o asasinato do presidente do goberno, o almirante Carrero Blanco, supuxo o seu nomeamento como o seu sucesor. Pretendeu seguir o que se deu en chamar espírito do 12 de febreiro, tímida apertura do réxime sen perder as súas características fundamentais, pero aínda estas tímidas medidas tiveron o rexeitamento do sector coñecido como o búnker (os sectores máis conservadores do franquismo). Como presidente do goberno, foi o encargado de anunciar na televisión o falecemento de Francisco Franco[1].
Trala morte do ditador, o rei Xoán Carlos I depositou a súa confianza nel e converteuse no primeiro presidente do goberno da monarquía, pero a súa insistencia en preservar o legado franquista propiciaron o seu cesamento o 1 de xullo de 1976. Ó día seguinte o rei concedeulle o título de marqués de Arias Navarro.
Nas primeiras eleccións democráticas incorporouse a Alianza Popular, foi candidato ó Senado sen conseguir ser elixido e desde entón estivo retirado da política activa.
Notas Editar
- ↑ ""Españoles... Franco ha muerto" - RTVE.es" (en castelán). 2008-10-10. Consultado o 2021-02-21.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Arias Navarro |