José García Hernández

político español


José García Hernández, nado en Guadalaxara o 19 de marzo de 1915 e finado en data descoñecida, foi un avogado e político español, que foi ministro de Gobernación e vicepresidente español entre o 3 de xaneiro de 1974 e o 12 de decembro de 1975.

Modelo:BiografíaJosé García Hernández
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1915 Editar o valor en Wikidata
Guadalaxara, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Gobernación
3 de xaneiro de 1974 – 12 de decembro de 1975
← Carlos Arias NavarroManuel Fraga Iribarne →
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
← Carlos Arias NavarroFernando de Santiago, Manuel Fraga Iribarne →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1947 – Felipe Solano Antelo (en) Traducir →
Presidente da Deputación Provincial de Guadalaxara
22 de outubro de 1941 – 24 de abril de 1947
Gobernador civil das Palmas
Gobernador civil da provincia de Lugo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado do estado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX838866

Traxectoria

editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Ingresou no Corpo de Avogados do Estado. Foi presidente da Deputación de Guadalaxara (1941-1946) e Gobernador civil de Lugo (1947-1949)[1] e As Palmas (1949-1951), e despois Director Xeral de Administración Local.

En xaneiro de 1974 foi nomeado Ministro de Gobernación e Vicepresidente do Goberno por Carlos Arias Navarro, que coincidira con el na etapa en que foron Gobernadores Civís.

A súa xestión no Ministerio da Gobernación caracterizouse por un endurecemento do autoritarismo, marcado polas execucións de Salvador Puig Antich e Heinz Chez (1974) e Angel Otaegi Etxeberria, Xosé Humberto Baena Alonso, Ramón García Sanz, José Luis Bravo Solla e Jon Paredes Manot (1975). Estes últimos foron procesados e condenados segundo un decreto-lei antiterrorista publicado polo seu Ministerio que autorizaba a celebración de consellos de guerra sumarísimos contra civís por accións armadas contra o réxime.

Foi cesado en decembro de 1975 cando se constituíu o primeiro goberno da Monarquía e sucedido por Manuel Fraga Iribarne. Conselleiro-delegado do Banco Exterior de España, durante uns meses de 1976 e 1977[2] ocupoi a presidencia. En 1978[3] presidiu o consello de administración de Naviera de Canarias S.A.


Predecesor:
Carlos Arias Navarro
  
Ministro de Interior
 
1974 - 1975
Sucesor:
Manuel Fraga Iribarne

Vida persoal

editar

Casou con Esmeralda Aleixades Thymanakis.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar