Frente Revolucionario Antifascista y Patriota

O Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (en galego, Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota ou FRAP), foi unha organización revolucionaria xurdida so o réxime de Francisco Franco. A primeira reunión decisiva na súa creación tivo lugar en París o 23 de xaneiro de 1971. Foi nun piso particular propiedade do dramaturgo norteamericano Arthur Miller, amigo persoal de Julio Álvarez del Vayo. Este último residía circunstancialmente en dito piso coa súa esposa, Louise Graa Rüfenacht. A maioría das e dos asistentes eran militantes do Partido Comunista de España (marxista-leninista).

Traxectoria editar

O FRAP constituíuse o 24 de novembro de 1973 en París, nunha Conferencia Nacional na que Julio Álvarez del Vayo foi elixido presidente. Nesa Conferencia ratificáronse os seus puntos programáticos:

  • Derrocar a ditadura fascista e expulsar o imperialismo ianqui mediante a loita revolucionaria.
  • O estabelecemento dunha República Popular e Federativa que garantise as liberdades democráticas e os dereitos para as minorías nacionais.
  • A nacionalización dos bens monopolísticos e a confiscación dos bens da oligarquía.
  • Unha profunda reforma agraria sobre a base da confiscación dos latifundios.
  • A liquidación dos restos do imperialismo español.
  • A fundación dun exército ao servizo do pobo.

Esta declaración foi asinada polas seguintes organizacións políticas:

O FRAP opoñíase a calquera tipo de pacto, nin sequera con militares demócratas ou coa facción progresista da Igrexa. Dende as súas orixes protagonizou múltiplas accións contra a ditadura. Tamén denunciou abertamente a política revisionista seguida pola dirección do PCE e Santiago Carrillo. Segundo o Partido Comunista de España (marxista-leninista), apartárase da teoría marxista e caera nun reformismo posibilista, co obxectivo de chegar a compromisos con certos sectores do réxime.

Contra 1973, o FRAP estaba en ascenso e ía tomando forza en case todos os sectores populares, mesmo en capas medias da sociedade. Funcionaban con regularidade organizacións entre o profesorado, a través da Unión Popular de Profesores Demócratas, e entre artistas e intelectuais mediante a Unión Popular de Artistas (UPA). A participación desta última nas folgas de actores dos últimos anos do franquismo sería de grande importancia. A súa publicación, Viento del Pueblo, realizada clandestinamente en Madrid, é hoxe unha xoia do coleccionismo.

En Viento del Pueblo colaboraron de maneira anónima, entre outros, Alfonso Sastre, con algunhas poesías satíricas dedicadas ao entón príncipe sucesor, Xoán Carlos I. Na UPA militaron ou colaboraron, entre moitos outros, Moncho Alpuente, El Cubri, que realizou moitos dos debuxos de Viento del Pueblo, Juan Margallo, o escultor Ramón de Soto, Patxi Andión, o pintor valenciano Joan Castejón, Viriato, pintor popular, a actriz Amparo Muñoz ou o grupo teatral «Las madres del cordero».

As análises políticas sobre a crise da ditadura levaron ao FRAP á loita armada, malia que antes da súa constitución formal xa realizara accións armadas. A primeira delas foi o 17 de marzo de 1971 en València, e derivou nos atentados contra membros da policía no verán de 1975. A resposta represiva do réxime foi a detención de numerosos membros do FRAP, a celebración de dous Consellos de Guerra e, finalmente, os fusilamentos de Xosé Humberto Baena Alonso Peter, José Luís Sánchez Bravo e Ramón García Sanz o 27 de setembro dese ano.

A nova situación política dentro do período coñecido como Transición supuxo a disolución do FRAP en 1978.

Vítimas editar

As vítimas mortais foron cinco policías e un garda civil en Madrid e en Barcelona. Todas teñen recoñecido o status de vítimas do terrorismo.

Data Vítima Corpo
1 de maio de 1973 Juan Antonio Fernández Gutiérrez Corpo de Policía Armada e de Tráfico (Madrid)
27 de setembro de 1973 Francisco Jesús Anguas Barragán Corpo de Policía Armada e de Tráfico (Barcelona)
14 de xullo de 1975 Lucio Rodríguez Martín Corpo de Policía Armada e de Tráfico (Madrid)
16 de agosto de 1975 Antonio Pose Rodríguez Garda Civil (Madrid)
14 de setembro de 1975 Juan Ruiz Muñoz Corpo de Policía Armada e de Tráfico (Barcelona)
29 de setembro de 1975 Diego del Río Martín Corpo de Policía Armada e de Tráfico (Barcelona)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar