Partido Comunista de España (marxista-leninista), 1964

O Partido Comunista de España (marxista-leninista) foi un partido comunista español formado en decembro de 1964 por tres pequenos grupos escindidos a comezos de ano do Partido Comunista de España desconformes coa política de conciliación nacional e que xa estaban desconformes desde o XX Congreso do PCUS (1956) ao considerar a política de Kruschev revisionista, seguiu a liña maoísta do Partido Comunista da China ata 1976 cando tomou partido polo Partido do Traballo de Albania no seu enfrontamento co Partido Comunista chinés. O seu órgano de difusión era a revista Revolución Española e desde 1977 Vanguardia Obrera. As súas mocidades estaban encadradas na Juventud Comunista de España (marxista-leninista). En 1968 sufriu unha escisión ao marchar unha parte dos seus militantes para formar a Organización Marxista Leninista de España. En xaneiro de 1971, nunha xuntanza celebrada en París, participou no establecemento da Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) que celebrou a súa conferencia constituínte en 1974 e que tiña como función a realización de accións armadas contra o réxime de Francisco Franco.

Partido Comunista de España, 1964
Logo
AcrónimoPCE (m-l)
Tipopartido político español
IdeoloxíaMaoísmo e Hoxhaismo
Data de fundaciónoutubro de 1964
Data de disolución1992
SedeTirana e Madrid
PaísEspaña
Na rede
BNE: XX114954
editar datos en Wikidata ]

No contorno do PCE (m-l) movíanse outras frontes, a Convención Republicana de los Pueblos de España e a Unión Popular Antifascista. En 1981 sufriu unha escisión que formou un PCE (m-l) paralelo e en 1991 o principal líder do partido, Raúl Marco deixou o partido e fundou o Colectivo Octubre que deu orixe á Organización Comunista Octubre. En 1992 o VI Congreso do PCE (m-l) decidiu disolver o partido.

Galicia

editar

En Galicia o primeiro núcleo do PCE (m-l) xurdiu en 1967 formado por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.[1]

  1. Rubiralta, Fermí (1998). De Castelao a Mao. Laiovento. p. 75.