Hasan II de Marrocos

Al-Hasan ibn Muhammad ou Hasan II, nado en Rabat o 9 de xullo de 1929 e finado no mesmo lugar o 23 de xullo de 1999, foi rei de Marrocos dende 1961 ata o seu pasamento. Foi o fillo máis vello de Mohammed V, sultán primeiro e rei de Marrocos despois.

Infotaula de personaHasan II de Marrocos

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) الحسن الثاني بن محمد Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1929 Editar o valor em Wikidata
Rabat, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1999 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Rabat, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMausoléu de Mohammed V (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Chairperson of the Organisation of African Unity (en) Traducir
12 de xuño de 1972 – 27 de maio de 1973
← Moktar Ould DaddahYakubu Gowon (pt) Traducir →
King of Morocco (en) Traducir
26 de febreiro de 1961 – 23 de xullo de 1999
← Mohammed V de Marrocos (pt) TraducirMohamed VI de Marrocos → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollège Royal (en) Traducir
Imperial College London
Universidade de Bordeaux (pt) Traducir - dereito Editar o valor em Wikidata
Altura166 cm Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , monarca , político , estadista Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia Alaoui (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLalla Latifa Editar o valor em Wikidata
FillosMohamed VI de Marrocos, Princess Lalla Asma of Morocco (en) Traducir, Lalla Meryem de Marrocos (pt) Traducir, Mulay Rachid, Princess Lalla Hasnaa of Morocco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMohammed V de Marrocos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Lalla Abla bint Tahar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMoulay Abdallah de Marrocos (pt) Traducir, Lalla Amina de Marrocos (pt) Traducir, Lalla Fatima Zohra (pt) Traducir, Lalla Aysha, princesa de Marrocos (pt) Traducir, Lalla Nuzha de Marrocos (pt) Traducir e Lalla Malika de Marrocos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Allocine: 37343
Discogs: 4253854 WikiTree: Alaouite-2 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi enviado ao exilio en Madagascar polas autoridades francesas en 1953 xunto co seu pai Mohammed V, aínda que se lle permitiu retornar en 1955, ano en que se estableceu o reino. Durante os disturbios de 1956, dirixiu a represión contra os bérberes sublevados nas montañas do Rif. Foi proclamado príncipe en 1957, e converteuse en rei despois da morte do seu pai en 1961.

Ordenou o secuestro de Mehdi Ben Barka o 29 de outubro de 1965, líder demócrata marroquí. Dende entón non se sabe nada del.

O seu goberno conservador fortaleceu a dinastía alauí e anexionouse o Sáhara Occidental coa Marcha Verde de 1975. Puxo en marcha un sistema parlamentario no que, porén, tiña moitas prerrogativas e onde o Majzen funcionaba coma un Estado paralelo. Na práctica, o sistema que rexeu e que logo chegou ó seu fillo parecíase máis a unha monarquía absoluta que a unha monarquía constitucional de tipo europeo. Co engadido de que a familia real era propietaria directa de boa parte das terras, industrias e recursos do país. Durante o seu reinado existiu unha férrea represión política baixo a que desapareceron varios milleiros de persoas. Tras a súa morte, o seu sucesor tivo que facerse eco das demandas sociais sobre o particular e crear mecanismos institucionais de investigación e compensación económicas das vítimas.

Sufriu varios intentos de asasinato dos que saíu ileso de forma milagrosa, o que foi utilizado para crearlle certa aura de personaxe santo ou elixido por Deus. Nunha ocasión, os conxurados estaban tan seguros de que non sobrevivira que se chegou a anunciar a proclamación da república polas radios do país.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar