Desembarco de Normandía

Tamén coñecido por Operación Overlord, ou Desembarque de Normandía foi unha operación militar aerotransportada e anfibia levada a cabo polos Aliados o 6 de xuño de 1944 nas costas de Normandía no penúltimo ano da segunda guerra mundial.

Desembarque na praia Omaha fotografado por Robert F. Sargent.
Praia Omaha 6 de xuño de 1944.

Os aliados levaban esperando no sur de Inglaterra dúas semanas a que fixera bo tempo para que os avións soubesen onde deixar caer ós seus paracaidistas. Finalmente, o 6 de xuño quedou establecido como o "Día D". A "hora H" sería ás seis da mañá, cos primeiros raios do sol. O lugar sería Normandía, tendo en conta os esforzos aliados para que os alemáns pensasen que o desembarque ía ser no paso de Calais.

O día 5 bombardeáronse fortemente as posicións alemás na costa con 66.000 toneladas de bombas. Despregáronse dúas divisións aerotransportadas americanas (a 101ª e a 82ª, 17.000 homes) na península de Cotentin e unha británica (4.255 homes) no val de Odon. A súa misión era sabotea-la retagarda alemá.

A zona de desembraque dividiuse en seccións, chamadas:

  • Utah: Zona americana, sur de Cherburgo. Tardan pouco en conectar cos paracaidistas da 82ª.
  • Omaha: Zona americana, preto de Viervielle-sur-mer. A 352º División alemá sitúase xusto tralos cantís da praia. As divisións americanas 1ª e 4ª sofren numerosísimas baixas (3.000)
  • Gold : Zona británica, preto de Arromanches.
  • Xuno: Zona británica.
  • Sword: Zona británica e canadense. Montgomery recibira ordes de tomar Caen o mesmo día da invasión. Tardouse dúas semanas en toma-la cidade.

O obxectivo principal era Caen, cidade onde tiña o seu cuartel xeral o 1º Grupo Acoirazado alemán.

A fin da batalla de Normandía pode situarse no 30 de xuño, coa caída de Cherburgo, cuxo importante porto de gran calado converteuse na plataforma fundamental para a chegada do material pesado de guerra aliado.

París foi liberada en agosto, e os aliados efectuaron outro desembarco na costa mediterránea de Francia (Operación Anvil) como reforzo. Agora, o único que separaba ós Aliados do corazón do Reich era a Liña Sigfrido e o Rhin.

Defensas alemás

editar

As defensas da "muralla do Atlántico" (Atlantikwall) xermanas -baixo o mando de Erwin Rommel- concentrábanse en Calais, quedando virtualmente desprotexidas as praias normandas. O segundo dirixente foi o xefe supremo da fronte do oeste, Mariscal Von Rundstedt.

  • Bombardeiros: 100
  • Cazas: 70
  • Divisións: 58

Tropas aliadas de ataque

editar

O máximo responsable era o Comandante Aliado Supremo (Supreme Allied Commander), o xeneral Eisenhower. A frota de desembarco estaba baixo o mando dos almirantes Alan C. Kirk e Philip Vian.

  • Bombardeiros: 3.467
  • Cazas: 5.049
  • Divisións: 39 (tres aerotransportadas)
  • Avións de transporte e multipropósito: 4.600
  • Planeadores (que levaban ós paracaidistas): 2.591
  • Acoirazados: 6
  • Cruceiros de ataque: 23
  • Destrutores: 122
  • Torpedeiros: 360

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar