Binóculo
O binóculo[1] ou prismáticos[2] é un instrumento óptico empregado para ampliar a imaxe dos obxectos afastados, igual que o anteollo e o telescopio, mais a diferenza destes provoca o efecto da estereoscopía na imaxe e por iso é máis cómodo apreciar a distancia entre obxectos afastados e seguilos en movemento.
O binóculo posúe un par de tubos e cada tubo contén unha serie de lentes e un prisma, que amplían a imaxe para cada ollo, producindo a estereoscopía.
Funcionamento
editarEste instrumento serve para ver obxectos afastados que non se poden ver a simple vista. A ampliación lógrase cando a luz atravesa cada serie de lentes. Os prismas corrixen a imaxe colocándoa na posición correcto, por medio do principio da reflexión interna total, a diferenza dos telescopios que a amosan invertida. Tradicionalmente, a maioría dos modelos empregan un par de prismas. O ocular de cada cámara non está aliñado co obxectivo e o prisma reflicte a luz en forma de S cara ao ocular.
Moitos modelos permiten axustar a distancia entre os oculares para adaptarse ao observador. Tamén posúen unha roda de enfoque que se xira para enfocar a imaxe. Xeralmente o ocular dereito ten un anel de corrección dióptrica que se xira para conseguir a dioptría diferente no ocular esquerdo e mellorar o enfoque da imaxe observada con ambos os ollos.
Ao ser o binóculo un pequeno telescopio refractor cun sistema de prismas para acurtar o tubo de soporte e evitar a visión invertida, ten menor capacidade de aumento ca un telescopio, mais ten maior campo de visión. Para impedir as vibracións convén fixalo nun trípode.
Clasificación de binóculos
editarA clasificación baséase no nivel de ampliación da imaxe e o diámetro do obxectivo medido en milímetros; indícase con dous números separados por un ×. Por exemplo, un binóculo de 12×50 ten un nivel de ampliación de 12× (12 aumentos) e un par de obxectivos de 50 mm de diámetro.
O binóculo de menor alcance é de 3×10 e adoita usarse nos teatros. Os de 7×50 e 10×50 son para a observación afeccionada e observacións astronómicas. Os de 12×50 ata 20×50 para a exploración. Todos estes sostéñense coas mans, mais existen binóculos tan grandes como 20×80, 20×140, que teñen que soster en trípodes debido ao seu peso.
Nos binóculos de ampliación variable como os 8-24×50 aprovéitase unha configuración interna móbil para proporcional un binóculo que amplía dende 8× ata 24× empregando o corpo dun só binóculo.
O nivel de ampliación práctico é ata 10× e os modelos que se poden soster coas mans son de ata 20×.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para binóculo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para prismático.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Binóculo |
Bibliografía
editar- Walter J. Schwab, Wolf Wehran: "Optics for Hunting and Nature Observation". ISBN 978-3-00-034895-2. 1.ª edición, Wetzlar (Alemaña), 2011
Ligazóns externas
editar- A Guide to Binoculars by Emil Neata
- The history of the telescope & the binocular Arquivado 21 de xullo de 2010 en Wayback Machine. by Peter Abrahams, maio de 2002